Edu Expósito parece estar contento co novo adestrador José Luis Martí

-DEPOR NEWS-

 Edu Expósito parece estar contento co novo adestrador José Luis Martí.

 

Edu Expósito : “Temos que demostralo no campo, non falar aquí ou en ningunha entrevista”
-Escolma de novas breves-

 

 Edu Expósito deixouse de tópicos e está convencido de que os trunfos han de vir pois segundo dí : “estamos nunha boa liña. É verdade que os primeiros partidos co míster novo non se gañaron, non se viu todo o que estamos a traballar. Pero o outro día (en Soria) xa se viron cousas bastante boas. E agora hai que seguir nesa liña”. É rotundo o falar de que : “dependemos de nós. Se non gañamos, o que fagan os demais ao final… Temos que gañar e mirar cara nós”, pois segundo afirma : “temos que demostralo no campo, non falar aquí ou en ningunha entrevista. Se o equipo sae na mesma mentalidade que o outro día, podémonos levar o partido”.

-Novas breves-
 
Loito no deportivismo
 
O noso máis sentido pésame a familia e amigos de Carlos do “Faluya” falecido nesta semana. A nova do seu pasamento caeu copn moita dor por parte da parroquia deportivista que o coñecía. Fuisenos un gran deportivista que agora apoiarános dende onde esté, D.E.P.
 
 
Riazor será un dos puntos de 5G en España

 

O Estadio ABANCA-RIAZOR converterase nun dos primeiros puntos de España no que haxa servizo da rede 5G. Telefónica despregará o seu proxecto piloto desta rede, ademais de no estadio deportivista, en Navantia Ferrol, o túnel do Cereixal, ou os Concellos de Abegondo, Vigo e Ourense. Xunto con outros puntos de Andalucía, serán os primeiros lugares do país en dispor desa nova tecnoloxía de última xeración ao estar incluídos no proxecto piloto aprobado polo Ministerio de Economía.

 

A instalación levaraa a cabo unha UTE integrada por Telefónica, Idronia, a coruñesa Cinfo, Telnet, CIOA, Ericsson e Nokia. Desde a súa aprobación, dispón de 24 meses para levar a cabo o despregamento 5G en Galicia. O orzamento é de máis de 11 millóns de euros dos que 4,6 finánciaos o Ministerio de Economía a través de Red.es e o Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

 

Este proxecto piloto recolle oito casos de aplicación real en diversos ámbitos. No caso de ABANCA-RIAZOR, a súa aplicación á retransmisión de eventos.

 

A nova tecnoloxía celular 5G permitirá dispor de altos anchos de banda de subida que, no caso das cámaras profesionais de televisión, habilitan por primeira vez escenarios non cableados nos estadios e centros deportivos, así como utilizar software de realización na nube podendo por tanto despregar solucións de cobertura mediática de forma máis eficiente e inmediata.

 

As actividades coas que o Real Club Deportivo participará no proxecto adxudicado son:
– Facilitar a instalación do equipamento necesario de telecomunicacións 5G no Estadio ABANCA-RIAZOR: antenas 5G, equipamento radio, transmisión, etc.
– Dotar de espazo, forza e comunicacións ao equipamento antes indicado.
– Autorizar a realización de probas, sempre respectando os dereitos de televisión e imaxe asinados polo Real Club Deportivo, durante a duración do piloto para asegurar o correcto funcionamento do mesmo e poder obter conclusións válidas con respecto á utilidade deste tipo de solucións.

 

O clube cederá a sá de prensa aos candidatos a presidencia

 

O Real Club Deportivo pon a disposición das candidaturas ao futuro consello de administración do Club, a sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR para que poidan utilizala, se o desexan, á hora de expor os seus proxectos aos accionistas a través dos medios de comunicación. Con esta medida quérese dar igualdade de oportunidades de exposición pública en instalacións do Club a todas as posibles candidaturas que se presenten durante este mes. A posibilidade de utilización da instalación debe ser solicitada formalmente ao Club, que dará resposta á candidatura detallando as condicións da cesión.

 

Martínez Loira presentará este xoves a sua candidatura

Hoxe, xoves 2 de Maio, Jesús Martínez Loira presentará a partires das 12:30 horas, (10:30 GMT), a sua candidatura a presidencia do RC Deportivo. Martínez Loira que xa estivo tanto con Lendoiro coma con Tino Fernández na diretiva, vai ademáis de presntar a candidatura a desvelar as sua aputas e constear as preguntas dos xornalistas. Nun comunicado dinos que fará a : Confirmacio?n pu?blica da candidatura denominada “A Branquiazul”, os obxectivos e grandes li?ñas mestras da candidatura, presentará a campan?a e o plan de traballo para o mes de Maio e dará informacio?n sobre o local da sua campan?a. Outro que sona e segundo algún medio está facendo contactos e o é diretivo do apartado deportivo, Fernando Vidal.

ROLDA DE PRENSA DE : EDU EXPÓSITO

(Por : rcdeportivo.com)
 

 

Edu Expósito atendeu aos medios de comunicación esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

 

Valorou o triunfo en Soria o pasado venres ante o CD Numancia como “moi importante para afrontar o que queda”.

 

Do choque en Zaragoza deste sábado 4 de maio (18:00 horas, Movistar Partidazo), Edu cre que “estamos nunha boa liña. É verdade que os primeiros partidos co míster novo non se gañaron, non se viu todo o que estamos a traballar. Pero o outro día (en Soria) xa se viron cousas bastante boas. E agora hai que seguir nesa liña”.

 

Iso si, recalca que “temos que demostralo no campo, non falar aquí ou en ningunha entrevista. Se o equipo sae na mesma mentalidade que o outro día, podémonos levar o partido”.

 

En canto ás posibilidades ascenso, o futbolista branquiazul apunta que “dependemos de nós. Se non gañamos, o que fagan os demais ao final… Temos que gañar e mirar cara nós”.

 

Antes de falar de conseguir tres vitorias consecutivas, Edu lembra que “non podemos conseguir a terceira sen conseguir primeiro a segunda. Agora vén un partido moi complicado e temos que sacalo adiante”.

 

Indica que José Luis Martí “pídenos que teñamos paciencia con balón. Se non vemos as cousas claras, que teñamos o balón o que a teña até buscar a mellor solución para o equipo”.

 

En canto ao rival, un Real Zaragoza cun cadro moi novo, subliña que “van tentar diante da súa xente contra o Dépor facer o mellor partido, gañalo e demostrar á afección. A súa temporada non foi boa porque esperaban estar máis arriba co equipo que teñen. Nós non llo imos a pór fácil”.

 

Do conxunto maño subliña que é un equipo “que domina moitas facetas de xogo. Iñigo é un xogador que ten moita calidade para filtrar eses pases. Arriba ten moita dinamita. Os laterais son moi profundos, teñen moito percorrido”.

 

Situado nos últimos partidos no dobre pivote, o centrocampista canteirán confesa sentirse “moi cómodo. No primeiro partido que xoguei o míster pedíame entrar dentro, aparecer. No dobre pivote pídeme tentar ter o balón e poder dominar”.

 

A nivel mental, convertido nun dos habituais no centro do campo na súa primeira temporada como futbolista do primeiro equipo, conta que “é un ano con experiencias novas para min. Estou a levalo de maneira positiva. Cando entro téntoo facer o mellor posible. Atópome moi cómodo. Son experiencias novas porque veño de abaixo. É verdade que non enlazamos as vitorias que quixésemos para estar a pelexar polo ascenso directo, pero temos moito que dicir aínda”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-