DUROS RIVAIS NA 1ª XORNADA PARA OS CADETES DO BERGANTIÑOS, (DIVISIÓN DE HONRA), E DUMBRÍA, (LIGA GALEGA).

 

 

O vindeiro 11 de Setembro, (Domingo da Barca), comeza a rodar o balón para os dous representantes da costa nas ligas cadetes superiores. O Bergantiños FC que milita na División de Honra, que ten Grupo Único, e o CF Dumbría, que o fai na Liga Galega Grupo Norte.

 

 

O Bergantiños FC visita ao Pontevedra CF para iniciar o curso 2022/23, longa viaxe e complicado rival para iniciar a competición. Os carballeses que comezan como decíamos este 11 de Setembro, finalizarán a liga trala disputa de 38 xornadas, visitando ao San Tirso SD, o 4 de Xuño do 2023.

Calendario completo : PREME AQUÍ.

 

 

O CF Dumbría na primeira xornada da Liga Galega Cadete que tamén comezao 11 de Setembro, (Domingo da Barca), visita ao CD Lugo 2B”, tamén coma os carballeses, nesta primeira tirada de liga, teñen viaxe longa, a unha capital de provincia e cun complicado rival.

Os dumbrieses rematarán a liga trala disputa de 38 xornadas, o 21 de Maio, visitando a outros dos “cocos” da categoría, o SD Compostela.

Calendario completo : PREME AQUÍ.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia