DIEGO LOBELOS NOVO ADESTRADOR DO SD FISTERRA.

Diego Lobelos novo adestrador do SD Fisterra.

 

Era un segredo a voces pero por respeto non se anunciou ata que Diego Lobelos acabase a sua participación co Muxía CF. O técnico fisterrán xa dixo fai un mes que tralo final da tempada co equipo muxián deixaba o clube, xunto coa sua man dereita, Óscar Leis, e así foi. No día de hoxe o SD Fisterra, recén descendido a 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago anunciou a sua contratación para a 2023/24.

Lobelos, “Pirata de Honra do Fútbol Base da Costa”, na sua época na base do Dumbría, despedíase do Muxía CF e a sua afección cunha video-montaxe de fotos de lembranza do seu paso pola entidade da vila da Barca, na que estivo 2 tempadas, acabando subcampión da Liga da Costa e loitando polo ascenso en ambas, así coma unhas semifinais da Copa da Costa o ano pasado e uns cuartos de final na presente.

O noso desexo de toda a sorte do mundo neste novo capítulo na sua xa extensa carreira nos banquillos da costa e asgracias pola sua colaboración ca nosa web, que de seguro seguirá a vindeira tempada cos comentarios sobre os encontros da SD Fisterra.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”.