DESPEDIDA EMOTIVA DE IAN MACKAY : “PEDIRLLE DESCULPAS A AFECCIÓN E QUE NON SE QUEDEN CON ESE DETALLE DE MI”, (POLO SUCEDIDO EN CASTELLÓN).

 

Ian Macjay despedise en rolda de prensa cun monólogo repasando o que pasou meses atrás no encontro do Play-Off ante o Castellón. Triste e tragando saliba despideuse de todos, e xa de antemán se avisou que non quería preguntas. Na sala de prensa acompañárono, Lucas Pérez, Diego Villares, Pablo Martínez, Jaime e Balenziaga en representación dos xogadores e tamén Álex Bergantiños.

Recalcou que, “o día de Castelló, cando todo cambiou por desgraza” e que “foi o momento máis duro da miña carreira. Quero pedir desculpas a toda a xente que sentiu fodida por todo o que pasou aquel día, polo meu erros e etc…Que teñan claro que todo foi unha merda, porque son do Dépor desde neno e oxalá non pasase iso. Só pedir desculpas, gustoume facelo antes, pero por circunstancias non se puido. Pedirlle desculpas á afección e que non queden por ese recordo meu deste paso por aquí”.

O meta deportivista de corazón e ex deportivista como xogador, amosouse contento dentro da amargura de que : “Conseguín cumprir o soño de moitos rapaces de aquí, que é vestir esta camiseta, levar o brazalete e tomar a substitución de Álex, compartir vestiario con Lucas, con Pablo, con Villares…”.

Tamén falou da sua maneira de sair do clube, que non lle gustaría sair desta maneira : “É evidente que me gustaría saír de club doutra maneira, no campo, pero é a forma que tocou facelo. Pido desculpas por se non estiven á altura. Son un deportivista dos pés á cabeza e de todo o bo que lle pase ao Dépor serei o primeiro en alegrarme”.

O noso agradecemento por todo canto fixo e que si errou o día do Castellón tamén foi un dos prinicipais “culpables” de que se chegase a estar a punto de ascender gracias as suas grandes actuacións, que deron moitos puntos para que se puidese xogar o Play-Off. Día triste tamén para nós, xa que se vai un gran porteiro e mellor persoa, e que para nada é peor co que queda. Que lle vaia todo ben.

-Foto : Captura de vídeo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”