DEPOR IN BRIEFF : “PRESENTACIÓN DE VÍTOR SILVA E NOVAS BREVES”

O portugués Vítor Silva foi presentadoi no día de hoxe.

-VÍTOR SILVA : “Son un xogador con características máis técnicas que físicas. Un xogador de último pase, de posesión de balón, de xerar xogo. É o meu perfil”

-Escolma de novas breves-

O portugués Vítor Silva foi presentado antes do adestramento deste xoves acompañado por Carmelo del Pozo que despois de que falase o xogador atendeu as preguntas dos xornalistas. O xogador portugués defineuse coma “un xogador máis técnico que físico” e dixo que o seu “intermediario foi Natxo”. O xogador de Penafiel, (Portugal), ven a reforzar o sitio deixado por Carles Gil, (que tampouco deixou moito), xa que Matías Nahuel é máis un extremo. O luso xogará co número 25.

 

ROLDA DE PRENSA DE : VÍTOR SILVA

(Por : rcdeportivo.com)

Vítor Emanuel Cruz da Silva (Penafiel, 7 de xaneiro de 1984) foi presentado esta mañá en Abegondo como novo xogador do Dépor.

O centrocampista portugués, que lucirá o dorsal 25, incorporouse o pasado 19 de febreiro aos adestramentos do conxunto branquiazul.

En primeiro lugar, posou no céspede do campo 1 para os medios gráficos coa súa nova camiseta, acompañado polo Director Deportivo, Carmelo del Pozo.

Xa na sala de prensa, Vítor confesou vivir estes días no Club como “un momento de tensión porque estanche valorando. Pero moi ben. As persoas recibíronme súper ben. O grupo é moi bo. Os traballadores tamén. Foi bastante fácil”.

Chega para “ser un máis e axudar no que poida, dentro e fóra. Ese é o meu traballo”.

Defínese como “un xogador con características máis técnicas que físicas. Un xogador de último pase, de posesión de balón, de xerar xogo. É o meu perfil”.

En canto ao equipo, veo “ben. É verdade que os resultados non son ultimamente os que queriamos. Queda moito aínda e estamos xuntos para levalo a bo porto”.

Nesta liña, “sen dúbida ningunha” ve que hai opcións de ascenso directo. “Depende máis de nós que dos equipos que van diante. Sinceramente”, engade.

A nivel físico, indica que se atopa ben, “obviamente non podo dicir que estou ao meu mellor nivel. Non puiden xogar co Reus pero adestraba. Seguín adestrando todos estes meses. Non tardarei moito en estar na miña mellor versión física”.

-NOVAS BREVES-

Mañán venres adestramento e descanso ata luns

Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo ás 11:00 horas en Abegondo. Será a última sesión desta semana sen competición oficial debido ao partido que non se xogará en Reus. O luns seguirán preparando o encontro do venres 22 ás 21:00 horas contra o UD Almería.

Carlos, Matías e Khron-Dheli a marxe

Seguen a marxe do grupo Krohn-Dehli, Nahuel e Carlos Fernández, este último ás ordes do readaptador, Fran Molano, polo que podería chegar para o encontro do venres.

Horario Depor Vs Rayo Majadahonda

LaLiga fixo oficiais os horarios da 33ª xornada de LaLiga 1|2|3, na que o Deportivo recibirá a visita, por primeira vez na historia, do Rayo Majadahonda. O partido disputarase o sábado 6 de abril no Estadio ABANCA-RIAZOR ás 16:00 horas, emitido en directo por LaLiga 1|2|3 TV.

Prereserva de entradas para o Oviedo Vs Depor

A Federación de Peñas Deportivista comezou cos trámites da prereserva de entradas para o encontro do 31 de Marzal que enfrontará no Carlos Tartiere ao Real Oviedo e ao Depor, (18:00 horas-17:00 GMT). O prezo será de 21 euros e estase a orgañizar a viaxe que sería en torno a outros 20 euros.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-