DAVO DOUS ENCONTROS DE SANCIÓN E BENASSI MULTA DE 301 EUROS.

Davo perderase os encontros ante Logroñés e Tarazona.

 

O titular ten moito de retranca pois non esperábamos menos do Comité de Competición, nen do seu xuiz único, ca os 2 encontros para Davo pola patada a Alba no Depor-Fuenlabrada, e a multa o Director Xeral do clube deportivista, Benassi, por ensinarlle no tunel de vestiarios o vídeo da xogada na que se ve que o defensa madrileño pisa intencionadamente a Davod, que nunha actitude de infantís responde. 

Pola sua banda a malísima actuación arbitral coma sempre non se ten en conta, nen o vídeo de como foi a xogada, nen nada de nada. Davo ademáis do pisoón do defensa visitante sufreu antes duas faltas seguidas, que o colexiado non quixo ver e que de haber pitado non se chegaría o seguinte, tanto é así que de maneira inverosimil e para sorpresa dos milleiros de afeccionados que estábamos no campo pitou falta a favor dos visitantes. 

Raúl, número 7 do Fuenlabrada coseu a patadas a Ximo Navarro, e algunha que outra a Mella. Cartón amarelo a Parreño por perda de tempo no 54, cando levamos, ata con este mesmo colexiado, sufrindo as perdas de tempo escandalosas semana tras semana cando un equipo empata ou vai gañando en Riazor, e todas impunes. Varias faltas de cartón a Villares non sinaladas, e un par delas a Mella e Yeremay, así coma un fora de xogo totalmente inexistente pitado a Lucas co liña ben situado e que quedaban 3 para o porteiro. No que se refire a cando Benassi baixou e lle ensinou a xogada da expulsión no mobil o colexiado gritou ante tódolos presentes e reiteradamente : “Aquí hoy mando yo!!!”.

Todo dentro do normal, namentras noutras ligas se mira con lupa o que se lle pita os equipos grandes, aquí somos o xoguete da Federación e dos comités. Que non nos den nada, pero que tamén non no lo quiten.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”