DANI BARCIA, CONVOCADO COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB 19 PARA O PRE-EUROPEO.

 

Segundo nos informan dende o RC Deportivo o xuvenil, Dani Barcia, que xogará esta tarde co equipo deportivista na ida da 2ª eliminatoria da Youth League ante o Maccabi de Telaviv, (20:00 hotas/19:00 GMT),  foi convocado pola Selección Española Sub-19 para disputar en Luxemburgo durante a próxima semana o mini torneo de clasificación para o campionato de Europa da categoría.

O defensor coruñés do Temple, que no pasado mes de Xullo renovou ata 2024, incorporarase o vindeiro luns 8 de novembro á concentración do equipo nacional en Pozuelo de Alarcón (Madrid), para desprazarse ese mesmo día a Luxemburgo.

Por outra banda, decir que Noel que estivo sendo convocado aos amigables xunto con Barcia, non foi convocado.

O calendario de partidos de España é o seguinte:

Mércores 10 de novembro
18:00: ESPAÑA – LUXEMBURGO, no Terrain Bousbierg Stadium de Bissen

Sábado 13 de novembro
18:00: ESPAÑA – ACERBAIJÁN, no Terrain Bousbierg Stadium de Bissen

Martes 16 de novembro
18:00: BÉLXICA – ESPAÑA, no Terrain Bousbierg Stadium de Bissen

 

Así pois, Dani Barcia, que esta noite está a disposición de Manuel Pablo para o partido de UEFA Youth League do Xuvenil A ante o Maccabi Haifa pero que cada fin de semana é un dos habituais no once inicial do Fabril en Tercera RFEF, perderase a visita do filial branquiazul ao Alondras CF prevista para a fin de semana do 13 e 14 de novembro.

-Foto : rcdeportivo.es

-Texto: piratasdemuxia/rcdeportivo.es