CRÓNICAS VETERANOS DA COSTA : “O SAN RAMÓN A 3 XORNADAS DE SER CAMPIÓN NA DIVISIÓN DE HONRA, E O ATLÉTICO CARBALLO PODERÍA SER CAMPIÓN A VINDEIRA XORNADA”.

 

Na División de Honra xogouse a xornada 21ª e o lider ACD San Ramón, (54 puntos), xa está a 3 xornadas de alzarse co título. Esta é a única historia que hai nesta loita, e a de que poida facerse antes campión se falla o Sporting Zas, (43 puntos). Desta volta o lider goleaba o Cabana, (0-4), namentras que os zacenses goleaban o Coristanco, (1-5) e noutro dos encontros dos de arriba o San Lorenzo derrotaba a domicilio ao terceiro, San Román, no duelo “santo” antre carballeses. Así ca derrota do San Román, o Dumbría, (4º), tras derrotar a domicilio ao Soneira, (1-4), empata a puntos, (38), ainda que o posto de bronce segue a ser dos da Laracha por golaveraxe..

Na loita pola permanenza o Corme saeu beneficiado pois trala derrota do Soneira, Cabana, Castriz e Corcoesto, sube o equipo cormalán a 9ª praza con 25 puntos situado por enriba do Soneira, (20), Cabana, 820), Castriz, (16), Corcoesto, (12), e Oza, (11). Os ocenses sumaban un punto ante o Razo, (3-3), resultado inesperado.

 

 

O Atlético Carballo unha “máquina” perfecta nos veteranos.

 

Na 1ª Galicia de Veteranos da Costa  o Atlético Carballo a un resultado de proclamarse campión de liga, tras derrotar por 1-4 ao Deportivo Carballo no derbi carballés. O equipo bergantiñán con esta sumou 19 vitorias en 19 encontros, con 111 goles a favor e tan só 15 en contra. Números de campión absoluto, manexando tódolos rexistros posibles.

Na próxima xornada o Cances, (2º), visita ao Atletico Carballo e primeira volta o Atlético Carballo gañáballe o Cances, (2º), por 1-2, polo que unha vitoria, empate, ou caer derrotado por 1-0 ou por 2-1, daríalle igual o trunfo o lider na vindeira xornada. Unha vitoria maior do Cances deixaría a estes a 6 do lider con 6 por disputar e co golaveraxe gañado.

A loita queda agora pola promoción, xa que co Cances ca segunda praza amarrada fai tempo, pero non baixa o pistón e desta volta goleaba o Sofán, (8-2), agora a loita por promocionar está antre Buño, (33 puntos), que caía ante o Fisterra, (32 puntos), que está na mesma loita, e Mazaricos, (32). Nestas 3 xornadas que restan falta saber as posicións na promoción polo tema dos enfrontamentos.

 

-Foto : FaceBook Atlético Carballo

-Montaxes eTexto : Xosé Búa “Pirata”