CRÓNICAS PREFERENTE NORTE, (8ª Xda) : “VITORIA DO SOFÁN, EMPATE DO FISTERRA E DERROTA DO XALLAS”.

 

SD Sofán 2-1 SD Dubra

Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Partido entretrenido hoxe no Carral e sobre todo na primeira parte moi igualado. Empezou pronto o Sofán avisando das suas intencións con un remate de Raul que sae fora por pouco. No 5′ un centro de Viqueira non acerta a rematar Canedo.
no 18′ unha falta lateral sacada por Mariño o 2° pau, remata Brais e o seu tiro meteo David Castro en propia. No 30′ unha saida desde atrás que inicia Gody, imperial hoxe, este cede a Matias que centra e o balón rematao o largueiro Alexandre. O Dubra aproximabase a meta de Alex por medio de Gonzalo e con boas combinacions por banda esquerda entre Gesto e Mariño. No 40′ chegaria o empate tras unha xogada personal de Alexandre que desde banda esquerda acomoda o balón e marca de potente tiro cruzado. O Sofán aproveitou esos minutos de desaxuste na defensa visitante e nunha falta lateral sacada por Jacobo, o balón chega a Viqui que prolonga de cabeza para que remate Juanjo no primeiro pau e poñendo o 2-1, resultado co que se chegaria o descanso e con bos minutos finales do equipo sofanista.

Na reanudación o Sofan saiu en tromba sobre a meta de Iván Baña e nos primeiros 5 minutos produciuse un tiro de Raúl, outro de Jacobo e dous de Alexandre, un deles de novo o largueiro.
no 65′ chegou a xogada polémica do partido donde nunha disputa entre Raul e Anxo o colexiado interpretou a falta de forma moi severa e mostrou o cartón vermello sobre o capi sofanista. O Sofán tivo que reaxustar o sistema para non pasar apuros e para conter os arreons do Dubra por buscar o empate, cousa que fixo ben coas entradas de Ruben e Raul Añon no campo. De aí o final o Sofán tivo algunha contra que non puido aproveitar e con boas aparicións de Carro e con boas intervencións de Alex Lopez en varias ocasions desbaratando os achegamentos rivais”.

FICHA TÉCNICA

++++

 

CF Noia 1-1 SD Fisterra

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido intenso e igualado entre dous equipos ben plantados que queren ganar o partido para seguir ahi arriba. O final 0-0 nunha primeira parte sin dono, igualada en todo. Na segunda parte o estado do terreno de xogo, muy pesado, e o ritmo do partido iba facendo mella, sobre todo no Fisterra, esto ocasionaba errores nos dous lados.
Aaron Lopez rematou un corner e poñia 0 1 no minuto 30, cando mellor estaba o Noya. Esto dounos forzas, pero no minuto 40 o Noya conseguiu empatar nunha serie de rechaces, despois de un centro lateral. Expulsaron a Andres do Fisterra por doble amarilla no minuto 42. Ata o final do partido aguantamos como Numantinos os ataques do Noya. Un punto muy valioso nun campo dificil contra un equipo de moita categoría”.

FICHA TÉCNICA

 

 

+++++

 

Xallas FC 1-4 Sigüeiro CF

FICHA TÉCNICA

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.