CRÓNICAS : PLENO DE VITORIA NA 19ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA PARA OS EQUIPOS DA COSTA, (XALLAS, CEE E MIÚDAS)”.

Xallas FC Feminino.

 

Xa facía tempo que non falábamos dun pleno de vitorias das nosas representantes na 2ª Galega, pero desta vez deuse e valen para que tanto Xallas, como Cee se vaian acercando a loita pola permanenza e que as Miúdas sumen a sua segunda vitoria e manteñan lonxe o feito de non ser colistas.

 

Xallas FC 5-0 Club Silva

Vitoria incontestable das xalleiras que deixaron totalmente resolto o encontro na primeira metade na que se foron a vestiarios coa vitoria por 4-0, con Olalla como estrela principal, xa que fixo 3 dos goles, o primeiro no minuto 3, o segundo no 10, e o terceiro no 44. Antes no 26 Paula Barcia facía o que representaba o 3-0. Con este resultado as xalleiras chegan os 31 puntos e situándose na 7ª posición.

 

ED As Miúdas 2-0 SCD Milagrosa

Trfas unha primeira metade na que non se moveu o marcador, pasouse a unha segunda na que nada máis sair de volta Laura Monteagudo abría o marcador para as muradanas. O encontro non se decantou para as miúdas ata o 77 cando Elba batía a meta visitante Carmeb Dieguez. Neste duelo antre as duas últimas as muradanas suman 7 puntos, 4 máis cas suas rivais de hoxe que son as colistas con 3.

 

UC Cee 1-0 Brexo Lema SD

Chegaron a este encontro ambas escadras con moitas baixas e tan só 2 recambios no banco de suplentes. O encontro decantouno Paula Veiga aos 28 minutos de xogo, para sumar a oitava vitoria do curso e situarse na 9ª posición na táboa clasificatoria con 28 puntos por enriba do Carral que suma os mesmos puntos e a 2 puntos do Brexo Lema e 3 do Xallas.

-Foto : Xallas FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”