CRÓNICAS PLAY-OFF VETERANOS A DIVISIÓN DE HONRA : O BUÑO TOMA A DIANTEIRA ANTE O FISTERRA E O MAZARICOS E MALPICA DEIXAN TODO PARA O DOMINGO”.

No “Peña d´ouro” non se viron goles.

 

Tal e como xa vos apuntamos tralos resultados do pasado Domingo o Buño derrotaba por 4-0 ao Fisterra na ida das semifinais polo ascenso a División de Honra de Veteranos da Costa e na outra semifinal o Mazaricos e o Malpica empataban a ceros. Polo tanto este Domingo saberemos quen se xogan nas finais o ascenso. O buño teno moi preto pero pode pasar de todo e o Mazaricos e Malpica comezarán como se dunha final a un encontro se tratase.

SCD Buño 4-0 SD Fisterra de Veteranos

Encontro no que se adiantaban os oleiros mediada a primeira metade no “Xaviña” de Buño, cun tanto de Víctor. A segunda metade foi dos malpicáns que poñían terra de por medio cinco minutos despois da reanudación.  Whasington era o autor do segundo tanto, (50´). Non chegaba a reacción fisterrana e Víctor repetía para facer o terceiro, (60´), que truncaba o encontro para os visitantes. Wagner no 80 poñía un 4-0 que pode ser definitivo.

CF Mazaricos 0-0 Veteranos SCD Malpica 

Bastante xusto de efectivos chegou o equipo malpicán ao “Peña d´ouro” de Pino do Val, (Mazaricos), con tan só 3 homes para ir facendo os recambios, pero o tratarse de veteranos vese minimizado o haber os trocos diversos sen número. Aguantaron os de Malpica as acometidas dos mazariquenses e sumaron un bo empate que fai que todo se decida o vindeiro Domingo no seu estadio.

VOLTA DE SEMIFINAIS

SD Fisterra de Veteranos-SCD Buño

Campo : Arasolis, (Fisterra)

Día : 21/04/2024

Hora : 09:30

Árbitro : Alberto Baña

 

Veteranos SCD Malpica-CF Mazaricos

Campo : Pedra Queimada, (Malpica)

Día : 21/04/2024

Hora : 10:30

Árbitro : Bruno Méndez

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

Texto : Xosé Búa “Pirata”