CRÓNICAS : O SOFÁN COMEZA O ANO GAÑANDO NA PREFERENTE AO IGUAL QUE O FIXERON, DUMBRÍA, ESTEIRANA E FISTERRA NA 1ª GALICIA G2 NA QUE EMPATABA O BAIO E A ÚNICA DERROTA DOS COSTEIROS ERA PARA O SAN LORENZO.

 

Aquí tes nun só artigo as crónicas dos nosos equipos na Preferente Norte, e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, na primeira xornada do 2024 na que o Sofán saía vitorioso na Preferente Norte, e na 1ª Galicia G2, o Fisterra remontaba de maneira épica un 0-3 adverso, cun golazo de Makaay no desconto tras empatar pouco antes. A Esteirana derrotaba pola mínima a un dos “galiños” da competición, o Puebla, e o Dumbría comezaba este novo ano goleando o Bertamiráns. O Baio salvaba un punto tras ir 0-2 ante un rival direto pola permanenza e a única derrota chegaba por parte do San Lorenzo que caía de maneira estrepitosa ante o Praiña.

 

PREFERENTE NORTE

-17ª Xornada-

SD Dubra 1-3 SD Sofán

Pablo Torreira, (Adestrador do SD Sofán) : “O partido púxose de cara cedo, tras un balón ao espacio no que Javi Souto lle gaña á partida ao central, saca un centro atrás e un defensor marca en propia porta. Nos últimos 10 minutos da primeira parte o Dubra apretou e tivo as súas opcións. Na segunda á contra e con espazos puidemos matar o partido en varias accións, pero non sería ata a media hora, cando Fita lle rouba un balón a Fedello e marca a porta vacía. Tras fallar 3 novas ocasións claras para o 0-3 o Dubra recurta distancias, pero noutra transición Dani Pena pon o gol da tranquilidade no marcador.
Gran resultado ante un moi bo rival”.

Goles : 0-1, Brais, (2´,en propia porta); 0-2, Parafita, (67´); 1-2, Borja, (72´); 1-3, Dani Pena, (81´). 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO

-17ª Xornada-

O Baio salvou un punto tras ir por detrás 0-2.

 

CD Baio 2-2 SR Calo

Félix García Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Empate a dous nun partido no que estábamos obrigados por equipo e traballo a sacar os 3 puntos. Unha primeira parte onde o rival se encontra con 0-2 no marcador sen saber como, só observando e a expectativa das malas tomas de decisións individuais, como causa de falta de predisposición a xogar un partido de fútbol. Movemos e cambiamos esquema con 3 trocos no descanso, e con só órde e control de xogo conseguimos empatar 2-2, sendo merecedores quizais dos 3 puntos polo desenrolado na segunda metade”.

Goles : 0-1, Denís, (217´); 0-2, Adrián, (22´); 1-2, Toni, (65´); 2-2, Diego, (80´).

 

Praiña Sporting Club 4-0 SD San Lorenzo

Comezou mal o ano para os de Verdillo, tal e como rematou o derradeiro encontro do 2023 ante o Tordoia, e tras unha primeira metade na que os de Teo se poñían 1-0 con gol de Pedro Leis, ao límite da media hora pasábase a unha segunda na que o 2-0 pasada a hora de xogo cun tanto de Jonathan, chegábase ata un treito final no que os santiagueses sentenzaban con goles de Miguel e Marcos.

Goles : 1-0, Pedro Leis, (29´); 2-0, Jonathan, (63´); 3-0, Miguel, (84´); 4-0, Marcos, (90´).

 

SD Valiño 3-4 SD Fisterra

Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Dende o principio fomos mellores e ós 5 minutos xa rematara Isaac ó longueiro e o porteiro local fixo unha gran parada a Diego.Puidemos abrir o marcador en varias ocasións, pero na única chegada con perigo do primer tempo, fannos gol. Tras o descanso, o guión seguía sendo o mismo, pero en un córner e un fallo defensivo colocan o 3-0. Quedaba media hora, e ainda que intentaron cortar o ritmo do partido moitas veces, non nos viñemos abaixo. Diego fai un bonito gol pronto e logo de eso, moitísimas ocasións, tres paus, boas paradas do porteiro. Nos últimos minutos, Diego volver a marcar e un minuto despois, Breixo fai o empate, e na prolongación Makaay fai o gol da vitoria de falta direta”.

Goles : 1-0, Madiop, (41´); 2-0, Álvaro, (60´); 3-0, Iván, (52´); 1-3, Diego Estévez, (58´); 2-3, Diego Estévez, (67´); 3-3, Breixo, (89´); 3-4, Adián “Makaay”, (desconto).

 

SCDR Esteirana 1-0 Puebla FC

Un gol de Isma Pedrosa no derradeiro treito do encontro deulle 3 importantísimos puntos aos esteiráns, polo que se refire a clasificación e por tratarse dun dos “cocos” da liga, xa que chegaban na segunda posición e habendo perdido só 3 dos 16 encontros que ían xogados. Con estes 3 puntos os esteiráns van a rebufo do Fisterra a 1 punto e póñense a 4 do San Lorenzo que está por enriba dos fisterráns na 8ª praza. Todos eles cunha boa fenda co descenso.

Goles : 1-0, Isma Pedrosa, (84´).

 

Praiña Sporting Club 2-3 CF Dumbría

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “A espera do seu comentario…”.

Goles : 0-1, Mario, (13´); 0-2, Álex Blanco, (71´); 0-3, Sergio, (81´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

 

 

-Foto : Luis González Botas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores