CRÓNICAS : O ARASOLIS DERROTA O FISTERRA E O SOANDRES E NANTÓN EMPATAN NOS ÚNICOS ENCONTROS XOGADOS ESTA SEMANA DOS VETERANOS DA COSTA.

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

-Adiantado a 11ª Xornada-

Foto de familia, Fisterra-Arasolis.

 

SD Fisterra Veteranos 0-5 Arasolis FC

Os dous equipos de Fisterra de veteranos adiantaban o seu encontro da 11ª xornada ao pasado sábado, tal e como xa vos viñemos informando nas crónicas da semana pasada, e na axenda do fútbol costeiro, que emitimos tódalas semanas. Moita diferenza na táboa antre as duas escadras, que se veu tamén no terreo de xogo. O SD Fisterra de Veteranos colista, e o Arasolis FC loitando polo título, con todo iso a primeira metade foi bastante igualada e chegábase ao descanso ca vitoria parcial, do Arasolis de 0-2, xa que o encontro era para os veciños como locatarios. Os goles do primeiro tempo eran de Alberto Marcote, (7´), e Gabriel Canosa, (45´). Xa na segunda metade e ca tranquilidade do resultado, foron chegando os goles ata a “manciña”. Luis Manuel, (70´), Aitor, (81´), e Eduardo Insua, (87´), completaban a goleada, para deixar o Arasolis, probisionalmente na segunda praza con 25 puntos a 2 do lider SD San Lorenzo, e 1 por enriba do ACD San Román, que non xogan ata o vindeiro Domingo. O Fisterra xogaba os derradeiros minutos cun menos trala expulsión de José Manuel con dobre cartón amarelo.

 

 

 

1ª GALICIA VETERANOS

-Suspendido da 7ª-

 Soandres CF 2-2 CD Nantón

O final o reparto de puntos acabou sendo o resultado final deste encontro que fora suspendido na 7ª xornada, cando se ía no minuto 20, co resltado de 1-1. O motivo, a grave lesión do xogador do CD Nantón, José Gómez, que se recupera e o que lle desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación. Aquel 27 de Novembro, Juan Carlos adiantaba aos nantoneses aos 8 minutos de xogo, e empataba para o Soandres, Fran Moar, (10´). No que se refire a este pasado Domingo, que se reanudaba o choque, José Mnauel poñía por diante aos locais, (61´), e o empate non tardaba en chegar, obra de Gerardo, (69´). O Nantón de gañar podía poñerse a 1 punto do trío que encabeza a clasificación, Razo, Malpica, e Oza, todos eles con 17 puntos, así que da a 3, e a 2 do Soneira, cuarto clasificado. Pola sua banda o Soandres, suma un punto e sitúase con 4 puntos, os mesmos co Sofán, antepenúltimo, e ao que supera en golaveraxe.

 

 

-Foto : Arasolis FC

-Texto : piratasdemuxia