CRÓNICAS : “NEFASTA XORNADA PARA 4 DOS 5 EQUIPOS COSTEIROS DA 1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO”.

 

Nefasta xornada para os equipos costeiros da 1ª Galicia G2 A Costa/Sanytiago con derrotas para Baio, Fisterra, Dumbría e Esteirana,. e como única nova boa a vitoria do San Lorenzo ante o colista, Cruces. Ademáis de que 4 dos 5 equipos caeron derrotados, no caso dos esteiráns, fisterráns, e dumbrieses a derrota foi con goleada.

 

Tordoia 3-0 Dumbría

O mellor situado na clasificación dos costeiros é o Dumbría que con 41 puntos a sétima posición cos mesmos puntos co 6º, o Flavia e queda agora a 6 do seu rival desta xornada o Tordoia, que se levou o encontro o estar máis atinado de cara a porta nun choque máis igualado do que di o 3-0 final.

 

Unión 6-2 Fisterra

O Fisterra que con 36 puntos está situado un chance por debaixo do Dumbría, ocupando a 8ª praza, caía goleado nun encontro no que aos 26 minutos de xogo xa perdía por 4-0 e a volta de vestiarios xa subían os rianxeiros o quinto. Rubén e Diego Estévez fixeron os goles fisterráns.

 

 

Baio 2-3 Bertamiráns

Primeira metade frenética, na que se adiantaban os visitantes e igualaba Diego, con só 5 minutos xogados e sen tempo a asimilar este inicio voltaban a marcar os brioneses, e no descontrol baiues ainfa facía o 1-3. Todo isto en 14 minutos. Bieito a media hora de xogo daba esperanzas a puntura, pero xa na hora seguinte de encontro non se movería o marcador. O Baio continua na 15ª posición con 25 puntos, un máis co ST Estrada que marca o posto de descenso direto. Os baises están en posto de posible arrastre.

 

Negreira 7-0 Esteirana 

Pasoulle por enriba o lider ao equipo esteirán e xa na primeira metade o marcador refrexaba un 3-0 para os nicrarienses. Nada máis comezar a segunda metade caeu o cuarto da tarde e con él calquer atisbo de reacción. A Esteirana ocupa a 11ª praza con 31 puntos, a 2 do San Lorenzo e 3 do Bertamiráns. Teñen os de Esteiro 7 puntos sobre o descenso direto. 

 

Cruces 0-6 San Lorenzo

Xa necesitaba dunha vitoria o equipo de Verdillo, tras unha xeiura longa de derrotas e tiña esa oportunidade na sua visita o colista e non errou. Manuel, Mateo, Diego e Taibo, xa deixaban resolto o encontro na primeira metade. Juan e Javi na segunda metade completaban o set en branco da tarde. O San Lorenoz ocupa a 10ª praza con 33 puntos a 1 do Bertamiráns e 3 do Fisterra, (8º). Teñen os verdilleses 9 puntos sobre o descenso direto.

-Foto : Luis González Botas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”