CRÓNICAS : IDA DE SEMIFINAIS DA “58ª COPA DA COSTA” CON RESULTADOS AXUSTADOS QUE DAN EMOCIÓN PARA OS ENCONTROS DE VOLTA.

 

CD Baio 1-0 CF Dumbría

Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Partido onde creo nós saimos con gañas de ser protagonista e levar os tempos do partido agarrándonos as nosas armas a traves da posesión do balón, e tentando controlar os moitos bos argumentos que ten o Dumbría a través das suas individualidades. Primeira parte condicionada primeiros minutos pola tensión e imprecisións froito do que se xogaban os dous equipos, conseguimos crear espacios para desaxustar na creación a un Dumbría que estaba incómodo. A raiz de aí conseguimos adiantarnos con gol de MC. Vitoria traballada, pero costosa ante un rival que sen ter o seu mellor día foi capáz de por momentos facernos sentir incómodos nos seus metros finais”.

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Gol: 1-0Martín MC, (66´)

Campo : Platas Reinoso, (Baio)

Árbitro : Óscar Santos Rodríguez, con Roberto Baña e Roi Rey nas bandas. Amonestou do Baio e Pazos e Bieito.

 

 

SD Sofán 1-1 Xallas FC

Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido igualado marcado polo campo,que polas suas dimensións fioxo que houbese moito fútbol direto, segundos balóns, e balón parado, un partido bastante pechado con poucas ocasións. Adiantáronse eles cun balón colgado que Brais tenta despexar e marca en propia porta, pero tivemos a foryuna de que na seguinte xogada chega un saque de curruncho co que conseguimos empatar. Moi bo resultado ante un equipo de Preferente, un 1-1 fora da casa é moi positivo, e no partido de volta xogar todo a cara e cruz e a ver se temos un pouco de sorte, pois o encontro vai a ser máis aberto”.

Pablo Torreira, (Adestrador do SD Sofán) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles :  1-0, Brais, (15´ en propia porta); 1-1, Brais, (17´)

Campo : O Carral, (Sofán)

Árbitro : Bruno Méndez Castro, con David Castreje e Alfonso Caamaño. Amonestou a Fabián e Dani Becerra polo Sofán e a Samuel, Caneda, Brais, Xan e Adán polo Xallas.

 

 

 -Foto montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”