CRÓNICAS E TODO O QUE PASOU NA 4º XORNADA DA FASE ASCENSO A LIGA DA COSTA : “O AMEIXENDA VOLVEU A SER UN “MATAXIGANTES” E DERROTOU AO FAVORITO DO GRUPO B, CF PORTEÑO”.

FASE ASCENSO A LIGA DA COSTAO Ameixenda volveu a ser un “mataxigantes”.

Que estas liguiñas a espera de que acaben as outras ligas e comezar ca copa son unha farsa, non lle pode doer a ninguén que se diga. Esta liga acabou co UD Corcubión campión e o CF Porteño segundo a puntos, dous equipos que tras xogar unha liga completa, (non varios grupos), con encontros de ida e volta, gañáronse o ascenso, se as cousas deberían ser con lóxica, ou mesmo os que quedaron 3º e 4º, segundo os asecnsos que decidise a dirección xeral. Pero non, hai que xogar unhas liguiñas, e os equipos que loitaron toda unha tempada poden peder o ascenso por un par de días malos.

O CF Porteño xa tivo un, nesta xornada, e xa se veu superado polo SD Oza, e xa non depende de si mesmo para o ascenso, ou xa algo menos. Os da Ponte do Porto caían inesperadamente co SD Ameixenda, (3-2), un equipo o amexeindés, que xa a fixo contra o UD Corcubión en liga. Capáz de recibir 10 nun encontro e de gañarlle o lider no outro. Pola banda do grupo do Corcubión, non fallou e segue con tódalas opcións intactas, ou se cadra con máis, pois xa falla unha xornada menos.

 

4ª XORNADA

Grupo 1

Domingo 03/04

Xallas FC “B” 2-0 Sporting Seaia CF 

Día : 10/04

Hora :17:00

Campo : A Fontenla, (Santa Comba)

Árbitro : Rai Reborido Rodríguez.

Deixou solventado o choque o equipo xalleiro na primeira metade con goles de Rubén Sando, (17´) e Sergio Barbeira, (44´), para levarse os 3 puntos e seguir a estela do Corcubión.

 

SD Camelle 0-2 UD Corcubión 

Día : 10/04

Hora :17:00

Campo : O Rodeiro, (Camelle)

Árbitro : Daniel Martínez Ferreiro

Costoulle levarse os 3 puntos do Rodeiro ao lider, como xa pasara na “liga de verdade”, e non foi ata a segunda metade cando Martín batía a David Caamaño, para romper a igualada, (57´). Co encontro moi aberto, e ante un Camelle que puido empatar, Marío Suárez facía o gol que finiquitaba o encontro, no treito final, 882´).

 

Descansa : CF Castrelo

 

CLASIFICACIÓN

GRUPO 1

UD Corcubión : 16

Xallas FC “B” : 11

SD Camelle : 5

CF Castrelo : 4

Sporting Seaia CF : 3

 

GRUPO 2

SD Oza 5-3 Atlético Pereiriña FC 

Día : 10/04

Hora :17:00

Campo : O Carral, (Sofán)

Árbitro : Manuel Espasandín Romar.

Tras unha primeira metade moi igualada, na que se adiantaban os da Pereiriña, cun tanto de Álex Agulleiro, (1´), na primeira xogada do encontro, (1´), e que sería o único gol que se vía nos primeiros 45 minutos, chegábase a unha segunda na que Kevin Reino igualaba a contenda. A partires de aí, o choque xa tivo tintes ozistas e en pouco máis de 10 minutos finiquitaban o choque con goles de Alejandro, (58´), Kevin, (60´) e David López, (66´). Rubén Santos, acurtaba distanzas, 876´), e xa no desconto, Javier Calo facía o 4-3, pero xa non chegaría o empate, pero sí un gol máis dos locais, por medio de Gonzalo, (94´).

 

SD Ameixenda 3-2 CF Porteño

Día : 10/04

Hora :17:00

Campo : Sampaio de Refoxos, (Xallas-Cee)

Árbitro : David Cancela García

Mal día para deixar de fumar, pensarían os afeccionados porteños que lle den a este vicio, ou mellor dito, como se acostuma a decir. Os da Ponte do Porto, máximos favoritos ao ascenso, e que foron campións virtuais da liga ata o derradeiro encontro, desperdiciaban unha ventaxe de 0-2, con goles de Alan, (4´e 45´). Nada facía presaxiar o que acontecería na segunda metade, pero “ollo” con este Ameixenda, que sabe o que é matar xigantes. Samuel acurtaba distanzas no 57, e José, empataba no desconto. Todo apuntaba a un empate como mal menor para os porteños, pero un penalti, que supoñía a expulsión do meta José Manuel, era transformado por Samuel.

 

Descansa : SD Laxe

 

CLASIFICACIÓN

SD Oza : 11

CF Porteño : 11 puntos

SD Laxe : 6

Atlético Pereiriña FC : 6

SD Ameixenda : 4

 

-Foto : Vicky Búa

-Texto : piratasdemuxia