CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 24ª Xda DA PREFERENTE NORTE : “O XALLAS DA A SORPRESA GOLEANDO O LIDER, (3-1), VITORIAS DE FISTERRA ARTEIXO E SOFÁN, EMPATE DO LARACHA”.

PREFERENTE NORTE

24ª Xornada

(Equipos “Zona Pirata”)

-16/02/2020-

Laracha CF 1-1 San Tirso SD 

SD Residencia 0-1 Atlético Arteixo 

Atlético Coruña Montañeros CF 0-1 SD Fisterra

Xallas FC 3-1 Viveiro CF 

CD Foz 1-3 SD Sofán

 

 

CRÓNICAS

Traballada vitoria do Sofán sobre o Noia.

 

CD FOZ  1-3 SD SOFÁN

Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Tiña un partido trampa o Sofán en Foz e asi foi. Como resumo na 1a parte, o Sofán tivo varias ocasións para adiantarse no marcador que non materializou, e o Foz tivo unha que se convertiu no 1-0. E eso que pronto avisou o Sofán porque so necesitou 20 segundos para, nun bo centro de Matías sobre Martin, este con todo a favor envia o balón fora cando xa se cantaba o gol. No 16′ unha falta na frontal executada por Canedo e desviada por Manuel. O Foz buscaba sacar petróleo en accións a balon parado e no 25′ marcaria Gonzalo tras o saque dun corner. Con este resultado chegaríase o descanso, cun Sofán que non se encontraba cómodo nin materializaba o que xeraba e un Foz que dende que conseguiu o gol empezou a perder tempo para que correse o crono. Na reanudación, e coa incorporación de Alexandre no terreo de xogo o Sofán gañou profundidade, e asi no 49′ unha internada sua na área que cede a Quintela para poñer o empate. O Sofán estirouse e no 51′ e tras un balón que recibe Fita saca un bo tiro que rexeita o pau cando Manuel xa estaba batido. O Sofán seguia chegando con mais claridade pero o gol faciase esperar, e non foi ata o 84′ cando un bo cambio de orientación de Luis sobre Alexandre que controla e de novo cede a Paulo que remata a boca de xerro na meta do Foz. 1-2 e por fin o equipo respiraba tranquilo, porque merecia o gol. E xusto un minuto mais tarde repetiuse a mesma situación anterior, esta vez con Luis como asistente para Paulo e que este non acerta a marcar. E a xogada surrealista chegaria no 87′ onde Alexandre saca un corner, Manuel non acerta a atallala metendoa na sua porteria, o árbitro non o aprecia e ten que consultar co seu asistente que lle confirma que se trata dun gol olímpico. 1-3 e partido floxo por momentos do Sofán ante un Foz que puxo en apuros os visitantes en varias fases do partido, e o que lle anularon 2 goles moi protestados durante a segunda parte”.

 

SD Sofán : Brais, Rubén, Diego, David Castro, Viqueira, Juanjo, Canedo, Matías, Fita, Martín e Quintela
Cambios: 45: Alexandre x Martín; 53: Paulo x Quintela; 59: Luis x Matias; 74: Raul Añon x Rubén e no 76: Carro x Fita.

Goles : 1-0, Gonzalo, (25´); 1-1, Quintela, (51´); 1-2, Paulo, (84´); 1-3, Alexandre, (88´).

Árbitro : Javier Gay, con Miguel Ángel Castro e Pablo Blanco nas bandas.

 

 

 

ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF  0-1 SD FISTERRA

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido de 3 puntos que saben a groria. Encontro moi traballado, donde o Montañeros no lo puxo moi complicado desde o inicio do partido, cunha presión moi adiantada, o que provocaba imprecisións na saida do noso balón. Conseguimos o gol no minuto 30, un forte disparo de Makaay, tras un rexeite defensivo do Montañeros. Dounos moita tranquilidade e conseguimos ata o descanso mellorar e mandar no partido. O Montañeros intentábao ca presión, roubar, e sair rápido a contra, pero non pasamos moitos apuros. Na segunda parte, o Montañeros intentábao a balón parado, en corners, e saques de banda, pero estivemos firmes en defensa e conseguimos aguantar o resultado, e montar contras para que o Montañeros se tranquilizara, pero sufrimos ata o final para aguantar o marcador. Mantémonos aí arriba e seguir loitando, que queda moito ainda”.

SD Fisterra : Albor, Pablo, Aarón López, Adrián “Makaay”, Juan de Dora, Javier, Jesús, Julián, Aarón Fernández, Santiasgo e Esteban. Tamén xogaron : Christopher, Daniel Marcote, Fabián e Daniel Martínez.

Goles : 0-1, Adrián “Makaay”, (29´).

Árbitros : Álvaro Valin con Yago Amil e Jorge Estraviz nas bandas.

 

Doro fixo dous dos goles da vitoria sobre o lider.

 

XALLAS FC 3-1 VIVEIRO CF

David González, (Adestrador do Laracha CF) : “Empezó el partido poniendo el Viveiro las ocasiones ante un XALLAS agresivo en la presión y no dejando jugar en ningún momento al rival. Un par de acercamientos y un mano a mano de Gerardo con Coke, que el Viveiro no fue capaz de transformar el 0-1 le dio vida al XALLAS que gracias a doro en un remate en el area se adelantaba. A partir de ahí el Xallas fue mejor que el rival y en una llegada rápida el Viveiro cometía penalti que doró marcaba a lo panenka. Antes del descanso el Viveiro tuvo un balón al larguero. La segunda parte empezó igual, Xallas sin renunciar al balón y presionando al rival por todo el campo. En un robo cerca del área borja ponía el 3-0. El resultado al contraataque pudo ser de escándalo con 2 llegadas más. El 3-1 llegaría en el 90”.

Xallas FC : Álvaro, Crístian Caamaño, Santiago, Alberto, Marcos Mouro, Doro, Carlos Riero, Borja, Álex Blanco, Marcos, e Pablo. Tamén xogaron :  Loic, Camilo, Adrián, e Jacobo.

Goles : 1-0, Doro, (37´); 2-0, Doro, (43´ de penalti); 3-0, Borja, (60´); 3-1, Francisco, (desconto).

Árbitros : Marcos Padín con Raúl Acebo e David Rapela nas bandas.

Incidencias : Expulsado no 82 con vermello direto o 2º adestrador do Viveiro CF, José M. Arca.

 

 

 

LARACHA CF 1-1 SAN TIRSO SD

Héctor Pena, (Adestrador do Laracha CF) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

Laracha CF : Pablo, Antonio, Álvaro, Oladapo, Miguel, Diego, Iago, Alejandro, André, Héctor e Antonio. Tamén xogou : Iván.

Goles : 0-1, Oladapo, (61´ en propia porta); 1-1, Antonio, (76´).

Incidencias : O colexiado Edgar Soto que estivo asistido nas bandas por Eric Vázquez e Óscar Núñez, expulsou no desconto ao adestrador do Laracha CF, Héctor Pena.

 

 

CLASIFICACIÓN

SD Fisterra : 2º con 48 puntos a 8 do lider Viveiro CF

Atlético Arteixo : 8º con 36

SD Sofán : 11º con 34

Xallas FC : 18º con 19

Laracha CF : 19 con 16

 

25ª Xornada

(Equipos “Zona Pirata”)

Atlético Arteixo – Laracha CF : 01/03 ás 12:00 horas

SD Fisterra –Xallas FC : Por determinar

SD Sofán – SD Residencia : Por determinar.

 

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto : Marco López
-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.