LIGA DA COSTA
O Camariñas FC empata co lider Esteirana.
AVISO
Os autores dos goles, a cronoloxía dos mesmos, e o minuto en que foron marcados, é sacado das actas arbitrais que publica a RFGF.
-GRUPO 1 A-
9ª Xornada
Domingo 09 de Xaneiro 2022
Outes CF 0-2 Camariñas
Hora : 17:00
Campo : “O Conchido”, (Serra de Outes)
Colexiado : Óscar Martínez Santos. Non amosou cartón a ningún dos equipos.
Trunfo dos que dan moral para os camariñáns, que asaltaron o sempre difícil feudo do Outes CF, que trataba de engancharse a parte de arriba, pero que se topou cun Camariñas efectivo arriba e solvente en defensa. Adiantábanse os norteños pasada a hora de xogo, por medio do xove, Djibril, (66´), e cos outeses a procura do empate, chegaba o segundo e que xa mataba o encontro, no 83, obra de Fran Barreiro, para coller na clasificación ao SCD Esteirana, que mantén o liderato por golaveraxe, e cun encontro menos.
SCDR Esteirana – Muxía CF
Suspendido por COVID-19
Hora :
Campo :
Colexiado :
CD Baiñas 2-2 UD Monte Louro
Hora : 16:00
Campo : Municipal de Vimianzo
Colexiado : David Vázquez Lema. Amosoulle 1 cartón aos locais, e 3 os visitantes.
Escapouselle a vitoria aos loureses no derradeiro suspiro do encontro, xa que gañaban no 82 por 0-2, con goles de Iker Lado, (2´) e Xián, (16´), nunha primeira metade na que sorprenderon aos baiñeses, que como fixeran fai unha semana en Muxía, sacaban o seu “punch”, no treito final, e tras un gol en propia porta do visitante, Manuel Chouza, (83´), conseguían empatar o minuto seguinte, cun penalti transformado por Cístian canosa.
Lira CF 3-1 CD Muros
Hora : 16:30
Campo : “Lombáns”, (Carnota)
Colexiado : Iván Ferreiro Santos. Amosoulle 2 cartóns aos locais, e 4 os visitantes.
Primeira vitoria do equipo liracho, que se facía co derbi ante o terceiro clasificado, nun choque no que se adiantaban Pape, con tan só 5 minutos gastados de xogo. Non se movería o marcador de novo ata a hora de xogo, cando Thiago facía o gol do empate. No 70, Fran González, conseguía poñer por diante aos de Lira, e non era ata o desconto cando Ólier, facía o definitivo 3-1.
Descansa : UC Cee
CLASIFICACIÓN
Máximos Goleadores
Fran-chute, (Muxía CF) : 6 goles en 6 encontros
Rober Solís, (Outes CF) : 6 en 7
Xabier Abeijón, (CD Muros) : 6 en 7
Crístian Canosa, (CD Baiñas) : 4 en 5
Carlos Lestón, (SCDR Esteirana) : 4 en 5.
O Sporting Zas sufreu unha histórica derrota.
-GRUPO 1 B-
9ª Xornada
Domingo 16 Xaneiro 2022
SD Castríz – SCD Malpica
-Aprazado por casos de COVID-19-
Hora :
Campo :
Colexiado :
SD Coristanco 4-0 CD Nantón
Hora : 16:30
Campo : “A Rocheira”, (San Roque-Coristanco)
Colexiado : Luis M. Insua Lago. Ainda que tan só amosu 1 cartón por bando, foi moi criticada a arbitraxe do derbi de cercanías, por parte dos visitantes.
Non deixou pé a sorpresa o equipo da Terra da pataca, nunha gran segunda metade. Tan só se puido ver un dos 4 goles dos visitantes, ns primeira metade. Foi o marcado por Borja Cosya aos 25 minutos de xogo. Xa na segunda metade, Damián, (57´), abría fenda, e no 81, Marcos finiquitaba o choque. O cuarto da tarde chegaba no 85, por medio de Rsúl.
SCD Buño 0-4 UD Cerqueda
Hora : 16:30
Campo : “Xaviña”, (Buño-Malpica)
Colexiado : Iván Vilanova Antelo. Ningún cartón para os locais e 3 para os visitantes.
Dous goles de Crístian Méndez na primeira metade, (20´e 38´), deixaban listo para a sentenza o derbi malpicán, que pechaba Crístian no treito final, (88´), completando un “Hat-trick”.
Cabana SD 9-2 Sporting Zas
Hora : 16:30
Campo : “As Redondas”, (Neaño-Cabana)
Colexiado : David Castreje Ferreiro.Non amosou cartón a ningún dos equipos.
Así nos contaba Duda, (Adestrador do Cabana SD), a goleada do seu equipo : “Partido que empezaría xa cun golazo dende o medio do campo de Sergio Antelo e xa encarrilaba o encontro, pero dormiríamonos uns 15 minutos, que non controlabamos o balón, nin estábamos intensos nos balóns dividos, e empataría o Zas. Tardaríamos en engancharnos o partido e ata o minuto 35 o partido estaba raro. Pero nunha xogada despois de moitos rexeites marcaría Moreno o 2-1, e nxogada seguinte marcaría Manuel o primeiro gol deos 4 que facía neste choque. Iríamonos o descanso con ese resultado.
Na segunda metade empezariíamos xa co gol de Manuel que poñía o 4-1, e na seguinte xogada o 5-1, co gol de mManuel de novo. Teríamos un despiste en defensa que eles marcarían o segundo gol, por medio de iago Torres, (48´). De aí en diante, o partido tería pouca historia m. Marcaríba Manuel un tanto máis, e Sergio Antelo, (2), e un de Raúl Corzón, para rematar co 9-2 no marcadorfinal”.
Descansa : SD San Lorenzo
CLASIFICACIÓN
Máximos Goleadores
Manuel Romero, (Cabana SD) : 8 goles en 6 encontros
Crístian Méndez, (UD Cerqueda) : 5 en 3
Iago Torres, (Sporting Zas) : 5 en 7
Pazos, (SD Coristanco) : 4 en 7
Souto, (CD Nantón) : 4 en 7.
-Foto 1 : Camariñas FC
-Foto 2 : Sporting Zas
-Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR