CRÓNICAS DERRADEIRA XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA : “O CERQUEDA CONSIGUE A PRAZA DE PROMOCIÓN”.

O Cerqueda celebrou entrar na promoción.

 

Esta pasada fin de semana, e tal como vos informamos na previa, xogábase a derradeira xornada da liga regular no Grupo 3 da 2º División Galega Feminina, e o único que falllaba por saber era quen aconpañaría ao campión, CF Noia, o subcampión, UC Cee e o terceiro clasificado, SR Calo, na promoción de ascenso.

O equipo do UD Cerqueda Feminino tiña na sua man levarse ese cuarto posto co premio da promoción, e non errou. Tiña para rematar a liga a un UC Cee que non se xogaba nada, pero que ofreceu un gran encontro que acabou da banda das cerquedenses por 4-2. Un choque no que marcaban polas de Cerqueda : Naoa, por partida triple, e Paula. Polas de Cee marcaba Andrea Romero e Lucía Martínez. Con este trunfo as cerquedenses acababan cuartas por enriba do Cacheiras cos mesmos 37 puntos.

Nos outros encontros dos equipos da costa, o Xallas FC derrotaba a domicilio ao SR Calo, con remontada “in extremis”, con goles de Andrea e Yasmina, o primeiro que valía para empatar, no 79´, e o da vitoria no desconto final.

Pola sua banda o ED As Miúdas caía por 3-2 ante o Victoria FC “C”, con goles para as muradanas de Paula e Leticia. A piques estiveron de dar a sorpresa as rapazas de Muros, pois chegaban o desconto final con empate a dous, (2-2), cando a local, Claudia, rompía as táboas.

 

CLASIFICACIÓN FIN LIGA REGULAR

-Foto : FaceBook UD Cerqueda

-Texto : piratasdemuxia