CRÓNICAS : ASÍ FOI A PRIMEIRA XORNADA DA LIGA DA COSTA 2022/23, NA QUE HOUBO VARIAS GOLEADAS.

 

Comezou a Liga da Costa 2022/23 e fíxoo con toda a forza, con un total de 37 goles nos 7 encontros disputados, en grande parte polo esaxerado 11-1, que se viveu no San Pedro de Castriz, no choque antre o Castriz e o recén ascendido Corcubión, pero houbo varios campos nos que se viron, 5 e 6 goles, e tan só 3 equipos dos 16, non coseguiron marcar, o Ponteceso, Monte Louro e Cerqueda.

 

CRÓNICAS

Cabana SD 4-2 Volantes de Baño FC

Recibía o equipo cabqanés a un dos descendidos da 1º Galicia e pronto se lle puxo o chqoue de cara pois aos 7 minutos de xogo xa gañaban con goles de Sergio Antelo, (7´),  e o seu homónimo, Sergio Ferreiro, (7´). Non foi ata a segunda metade cando os de Baño conseguían acurtar, por medio de Borja Vázquez, (50´), pero pasada a hora de xogo, Diego Castro, que viña de perder a sua aboa paterna, (D.E.P.), podía regalarlle un gol, (63´). Diego Méndez, de penalti, facía 0 4-1, (77´), que xa mataba o choque, e Pablo acurtaba para os muradáns, a falla de 4 minutos para o final, (86´).

 

SD Castriz 11-1 UD Corcubión

Mal inicio de campaña para o Corcubión no ano do seu 50º aniversario. Chegaba o choque o final dos 45 minutos de xogo cun claro 6-1, con goles por parte do Corcubión de Alberto Mata, (2), Sebas Rial, Juan M. Álvarez, (2). Antón no 27 facía o gol da honra para os corcubioneses. Na segunda metade, Juan Álvarez, repetía por duas veces, (2), sumando 4 na sua conta particular, ao igual que Sebas Rial, que con outros dous, tamén sumaba 4. Saúl facía o definitivo 11-1 para os xalleiros no 79, con tempo paramáis. 

 

Ponteceso SD 0-3 SD Coristanco

Non lle pesou a resaca da Festa da Pataca aos coristanqueses que lle plantaron cara a un recén descendido da 1ª Galicia, nun choque no que se adiantaban aos 26 minutos de xogo, cun tanto de Daniel Castiñeiras. O Ponteceso tratou de empatr, pero topouse cun Coristanco que curtou o seu xogo, (as veces con dureza), e soubo abrir fenda no marcador pasada a hora de xogo, por medio de Adrián, (62´). No treito final Hugo Fraga, (86´), finiquitaba o choque.

 

Outes FC 1-0 UD Monte Louro

Máis de 40 minutos xogou o equipo lourés cun menos pola expulsión do seu porteiro, Alberte no 51, con vermello direto, pero a pesares diso sempre estivo no encontro, dado a curta ventaxe dos da Serra, que marcaban no 15 por medio de Sergio Santamaría, pero non conseguían aproveitarse da superioridade numérica. Os outeses tamén quedaban cun menos, pero era no tempo de desconto, cando Dos Santos, vía o segundo cartón amarelo.

 

Camariñas FC 2-1 SD Oza

O recén ascendido SD Oza, púxolle as cousas difíciles ao novo Camariñs de Juanillo, que ten en Djibril, o Samuel Eto´o da costa. O senegalés, que é sinónimo de gol, tempada tras rempada, fixo en 2 minutos dous goles, (18´e 20´), o segundo de penalti, para ir cimentando a vitoria. Novi no 66, transformaba un penalti para os ocenses, e abría un encontro diferente no que tiñan opcións a puntuar.

 

SD San Lorenzo 2-3 Corme CF

Era o choque que abría a tempada, pois como xa vos adiantamos na previa, xogábase o pasado sábado. Choque bonito e disputado, no que houbo un tempo para cada equipo. O primeiro para os de Verdillo, que conseguían meterse 2-0, con goles de Iván rojo, (10´e 35´). O segundo era de cor cormelana, pois conseguían empatar, con goles de Alejo Cambón, (51´), e Manu Bermúdez, (71´), e pouco despois de empatar, Raúl, facía o da remontada ao desviar un tiro sobre a sua porta e enganar o seu porteiro, marcando en propia porta.

 

CD Muros 1-2 UC Cee

Encontro xogado de poder a poder, no que se adiantaban os ceenses nas primeiras de cambio, cun tanto de José Bermúdez, aos 2 minutos de xogo. Conseguía empatar antes do descanso Xabier para os muradáns, (35´), e non era ata pasada a hora de xogo, cando Adrián Canosa, facía o que a postre sería o da vitoria final, (65´).

 

UD Cerqueda 0-5 Muxía CF

Chegaba con baixas importantes o equipo muxián e con varios canteirán na convicatoria, pero xa deixou solventado o choque nos primeiros 45 minutos, cun claro 0-3, con goles de Fran Moreira, (6´), Manu Nogueira, (19´) e o xove retornado, Iago Muiño, (26´). Fran Moreira facía o cuarto da tarde a hora de xogo, (61´), e o xuvenil, Javi Vilela, (82´), que levaba 4 minutos no campo, completaba a “manciña”, ante un equipo cerqudense que se veu superado.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia