CRÓNICAS : “A ESTEIRANA NON FALLA E PROCLÁMASE CAMPIÓN DA LIGA DA COSTA E NOVO EQUIPO DA 1ª GALICIA”.

FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA

A Esteirana venceu en Cabana e acadou o ascenso.

 

Esteirana e Muxía que tiveron unha fermosa loita en liga e nesta fase, xógabanse a única praza de ascenso a 1ª Galicia, e o título de campión absoluto da Liga da Costa. Empatados a puntos o que errase perdería moito.

Os esteiráns colocados na primeira praza por golaveraxe non fallaron e acabaron goleando ao Cabana SD, (1-4), e os muxiáns nun encontro no que os ataques superaron as defensas vencían por 4-5 ao SD Coristanco.

Polo tanto os esteiráns campións de todo, nunha extraordinaria temapa, polo que felicitámos a tódolos que forman o SCDR Esteirana e a sua afección que acudeu en masa a Cabana a apoialos,

No outro encontro do peche desta fase de ascenso, Castriz e Muros empataban a ceros, (0-0).

 

PREVIA XORNADA

 -Derradeira xornada-

SD Coristanco 4-5 Muxía CF 

Hora : 17:00

Campo : A Rocheira, (Coristanco)

Árbitro : Bruno Méndez Castro

 

 Cabana SD 1-4 SCDR Esteirana 

Hora :17:00

Campo :  As Redondas, (Cabana)

Árbitro : Pablo Rama Cotelo

 

SD Castriz 0-0 CD Muros

Hora : 17:00

Campo : San Pedro (Castriz)

Árbitro : Iván Ferreiro Santos

 

Clasificación Final 

SCDR Esteirana : 20 puntos

Muxía CF : 20

Cabana SD : 8

SD Castriz : 6

CD Muros : 6

SD Coristanco : 4

 

-Foto : FaceBook Cabana SD

-Texto : piratasdemuxia