CRÓNICAS 9ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO : “VITORIAS DE XALLAS E SONEIRA, EMPATES DE DUMBRÍA, MAZARICOS E ESTEIRANA, E DERROTA DO BAIO”.

 

CF Dumbría 2-2 SD Tordoia

Recuperou “in extremis” un punto o equipo dumbriés nun choque que comezou marcado, por medio de Codesal, (28´), e veu como lle remontaban na segunda metade os tordoieses con goles de Seoane, (51´ e 62´). Pablo Paz, no desconto facía o gol da igualada. Un tempo de desconto no que os locais perdían a Sendón, expulsado por dobre cartón.

 

CF Mazaricos 1-1 Puebla FC

Adiantaba Juan Tunas “Rachón”, aos mazariquenses ao fío do descanso, despois de que o meta Pablo parase un penalti os suerños, pero vían como na segunda metade un novo penalti que materializaba Bendaña, (62´), privábaos de brindarlles unha vitoria aos afeccionados do Pedra d´ouro. En liñas xerais bo encontro dos mazariquenses.

 

CF Vista Alegre 1-3 Soneira SD

Deulle traballo o equipo santiagués aos vimianceses, que se adiantaban moi cedo no marcador, cun tanto de Fabián, cando só ían 3 minutos de xogo. Noya poñía terra de por medio no 18, pero un gol dos picholeiros a media hora de xogo, poñíaos no encontro. Nada máis comezar o encontro na segunda metade, Noya facía o terceiro dos da Terra dos Moscoso, (48´). A partires de aí o choque fíxose máis trabado, con continuas faltas e paróns no xogo.

 

SCDR Esteirana 0-0 Cordeiro CF

Punto moi traballado por parte dos esteiráns, que se metemos de conta os descontos, xogou 90 minutos cun menos, xa que perdían aos 12 minutos de xogo a Simón, que vía o cartón vermello direto. Foron quen de aguantar as enbestidas dos visitantes, e mesmo tiveron 3 balóns a madeira, para sumar un novo punto na cuarta igualada que acadan nas 9 xornadas disputadas.

 

Xallas FC 2-0 SD Cruces

O xogador criado na canteira xalleira, Carlos Riero, foi o autor dos dous tantos que lle deron unha nova vitoria aos de Santa Comba. Ambos goles marcados na primeira metade. O primeiro aos 13 minutos de xogo e o segundo pasada a media hora, (37´), para manter ao Xallas FC na zona alta da táboa loitando por todo.

 

CD Baio 0-2 SD Agolada

Non puido o equipo baiés cun conxunto, o da Agolada, que se adiantaba ao fío do descanso, cun tanto de Bieito, (44´), e co encontro que podía caer para calquer lado, facían o segundo pasada a hora de xogo, por medio de Álvaro, (62´), para logo parar os intentos baieses de marcar un gol que os metese no encontro.

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Negreira 2-0 Flavia SD

SR Calo 3-0 CF Silleda 

CD Lalín 1-0 Cidade de Ribeira CF

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto arquivo : Soneira SD

-Texto : piratasdemuxia