1ª GALICIA GRUPO A COSTA/SANTIAGO 2B
3ª Xornada
CD Belvís 1-1 Mazaricos CF
Hora : 17:00
Campo : “As Cancelas”, (Belvís)
Colexiado : Sebastián Castro Sanmartín
Juan Tuñas salvou un punto para os mazariquenses que perdía dende o minuto 53 cun tanto do local, Iván Villanueva. O gol dos de Mazaricos non foi o único destacable do desconto “movido” do choque, pois antes do pitido final Brais era expulsado con vermello direto.
CD Baio 1-1 SD Negreira
Hora : 12:00
Campo : “Platas Reinoso”, (Baio)
Colexiado : Hiran Hismel Dopico Pérez
Plantoulle cara o equipo baiés a todo un SD Negreira que chegaba ca vitola de lider, que o segue a ser pero agora co CF Dumbría de acompañante cos mesmos 7 puntos. Adiantáronse os do Platas Reinoso aos 22 minutos de xogo xun tanto de Fran Chousa, pero pouco duraba a ledicia, os nicranienses igualaban 13 minutos despois cun gol de Isma Pedrosa. Con este resultado os de Baio, xa saben o que é gañar, perder e empatar en 3 xornadas disputadas.
SD Tordoia 2-1 SD Soneira
Hora : 16:30
Campo : “Gurgullos”
Colexiado : Samuel Gil Caldelas
Tenso encontro o vivido no “Gurgullos” con ata 14 xogadores, e deles 3 expulsados, 8 cartóns para os tordoieses e 2 expulsados e 6 para os vimianceses con un expulsado. No encontro adiantábanse os da Terra dos Moscoso aos 3 minutos de xogo cun tanto de Diego Lois. O empate chegaba no 64 por medio de Javi Seoane e o da remontada para os locais no 87, obra de Manuel e cando xogaban cun menos por expulsión de Martín Torres, que vía o vermello dierto o mesmo tempo co adestrador Dani Calvete. Os vimianceses quedaban sen Iván Noya poor dobre cartón, xa no desconto.
Ponteceso SD 2-2 CF Dumbría
Hora : 16:30
Campo : “O Pinguel”
Colexiado : Alejandro Vázquez García Non puido aproveitarse o equipo dumbriés do traspé do Negreira en Baio, (1-1), a pesares de poñerse en duas ocasións con ventaxe. A primeira foi aos 31 minutos de xogo, cando Darío Capelo batía o meta pontecesán, Brais. Conseguían igualar a contenda os da Ribeira do Anllóns antes do descanso cun tanto de Isaac Rojo, (44´), resultado co que se ía o vestiarios. Na hora de xogo, Pablo Paz, voltaba a poñer por diante aos dumbrieses, pero pouco duraba a ledicia pois 12 minutos despois Martín “Mara”, facía o gol da igualada, (72´), que xa sería definitiva e supoñía o primeiro punto para os pontecesáns.
Sábado 06 de Novembro
Volantes de Baño CF 4-0 Corme CF
Hora : 16:30
Campo : “Eleuterio Balayo”, (Muros)
Colexiado : Sebastián Castro Sanmartín Primeira vitoria dos de Muros tras duas derrotas consecutivas.
Os muradáns completaron unha estupenda primeira metade na que non deixaron reaccionar aos cormeláns que se ían a vestiarios cun duro 3-0. Adiantáronse os de Baño por medio de José Antonio aos 9 minutos de xogo e poñían terra de por medio cun tanto de Enrique. Xusto antes de irse a caseta Godoftedo facía o terceiro. Xa na segynda metade tocou controlar e repregar para os de Baño e tratar de meterse cun gol no encontro por parte dos de Corme, pero o gol chegou para os bañeses pouco antes do ptitido final, (82´).
CLASIFICACIÓN
-Foto : SD Fisterra
-Texto : piratasdemuxia