CRÓNICAS 28ª XDA DA 3º GALEGA FEMININA G2 : “O DUMBRÍA TOCA O CEO E FAI HISTORIA”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios. Se falta algún comentario colgarémolo aquí cando nos chegue, polo que as crónicas non están pechadas ata ter todos. Si como nós decides algún/ha que o cabo de toda semana seguimos sen poñer algún comentario, é porque non nos foi enviado. 

 

-CRÓNICAS 28ª XORNADA-

O trunfo do CF Dumbría en Muxía sumado a derrota do Corme CF ante o Bergantiños FC B, danlle matematicamente o título de campionas da 2ª Galega Feminina G2 e o ascenso a 2º Galega, ao equipo dumbries, por primeira vez na sua historia, tal e como xa volo apuntábamos na noite do Domingo nas nosas táboas de resultados. Certificou o ponteceso SD xogar a promoción xunto co veciño Corme CF. Para ambos hai duas xornadas por diante para saber quen serán as subcampionas. Unha vez máis queremos darlle a nosa máis cordial noraboa a tódalas/os que forman o CF Dumbría Feminino, campionas con 69 puntos que se poden convertir en 75 como máximo e con 111 goles a favor e tan só 10 en contra, de 33 encontros gañados, 3 empatados e tan só 1 perdido.

 

O Dumbría alzouse cun merecido campionato e fai historia.

 

CF Muxía 0-6 CF Dumbría

José “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Viña o lider a Arliña, intentamos plantexar un partido donde non houbera transiccións rápidas e balóns as costas da defensa, defendendo en bloque medio, elas intentaban facer o seu futbol tocando o balón e conseguiron o 0-1. Subimos algo máis as liñas e puidemos xenerar algunha ocasión sin moito perigo xa que elas defendian ben. Elas tiñan algunha ocasión máis donde a nosa defensa e a porteira estiveron ben, e antes do descanso facíannos o 0-2. Na segunda parte o Dumbría saio combinando mellor e tendo o control do partido, nós seguimos peleando para intentar sacarlla, as forza viñanse abaixo e o equipo dumbries conseguía aumemtar a vantaxe, ainda así as nosas non baixaron os brazos e pelearon como campeonas ata o final. Darlle a noraboa o Dumbría polo máis que merecido título.

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Tocábanos visitar outro dos campos máis complicados da costa e sabendo a importancia que podía ter este partido. Sairíamos o campo sabendo cal era o noso partido, intentando combinar ainda que por momentos precipitadas na toma de decisións, cando coneguimos poñer o 0-1, parece como si o medo ou o nerviosismo se apoderara de nos e demos un paso hacia atras, o cal aprobeitarían muy ben as locales para achegarse a nosa área, ainda que xerar muito perigo, ainda que ofensivamente non estabamos ofrecendo a mellor imaxe da tempada, defensivamente éramos un bo bloque, sin perdonar esforzos e axudas e tendo enfrente un equipo que non nos poría as cousas fáciles, chegando o descanso estaría Eva muy atenta para facerse con un balón a espalda Local e poñer o 0-2.

Na salida do vestuario cos nervios máis calmados e sabendo como reorganizarnos mellor, o equipo conseguía encontrar máis espacios e ter máis control das segundas xogadas, sendo nunha delas cando marcaríamos o 3 que nos daba máis tranquilidade para intentar durmir o partido a traves de balón, as locales non deixarían de intentar xerar peligro e entre o bo facer defensivo e a actuación de Liss conseguiríamos ter a portería a 0. Estábamos pendentes do que pasaba en Corme en todo momento, con ganas de celebrar o que muitos daban por feito, pero só nós sabemos o que sufrimos para poder conseguilo. Noraboa o Muxía, polo partido que fixeron e polo traballo que se ve reflexado entre a primeira volta e esta segunda.

 CF Muxía : Sheila, Andrea Domínguez, Paula, Marta, Raquel, Claudia, Irene, Nerea, Andrea Insua e Marcela. Tamén xogaron : Paula, Denise, Xeila e Nuria.

CF Dumbría : Lisette, Noa, Paula, Lucía, María Rodríguez, Eva Lema, María Pérez, Paula Fandiño, Claudia, Yolanda e Sabela. Tamén xogaron : Laura, Serena, Yaiza, Alba e Lara.

Goles : 0-1, Eva Lema, (10´); 0-2, Eva Lema, (43´); 0-3, Claudia, (53´); 0-4, Paula Fandiño, (56´); 0-5, Paula Fandiño, (56´); 0-6, Eva Lema, (88´).

Árbitro : Manuel Trillo. Amonestou a muxiana Paula.

 

Próximos encontros

CF Muxía : Descansa

CF Dumbría-Corme CF

 

******

 

O Bergan B celebrou un gran trunfo.

 

Corme CF 3-6 Bergantiños FC B

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido que explica e define a perfección o momento polo que está atravesando o equipo e que nos está costando moito xestionar, contra un gran Bergantiños B que xoga un futbol moi vistoso e vertical e con xogadoras novas pero a Ter moi en conta, como Aroa, Carla, Erika, Arancha e compañía, fixeron un auténtico partidazo, noraboa a Nacho polo seu traballo. Encontrámonos co 0-1 no primer minuto que nos faria xogar con ansiedad desde o inicio, xusto o contrario do que buscabamos, conseguimos igualar a 1-1, pero nunha xogada na que non houbo nada de nada, incluso recocido polo propio equipo rival, pitarianos penalti e ese 1-2 si nos fixo moito daño, a partir de ahí o Bergan conseguía Unha e outra vez xenerarnos peligro hasta conseguir o 1-4 o final da primeira parte. Axustamos cousas no descanso e salimos a polo partido, pero volveriamos a facer concesions en defensa que lles darían dous goles mais para poñer o 1-6. Xa nos volcadas e o Bergan con 10 porque estaban sin cambios e lesionouse Unha xogadora, conseguímos Ter varias ocasions Nas que en duas delas conseguiriamos meter gol para maquillar o resultado, Ainda que como dixen, o marcador deixa claro quen foi o mellor equipo sobre o verde.

Orgulloso do meu equipo, que a pesar de que as cousas non están salindo, nunca deixou de intentalo durante todo o partido.
Desde o Corme esperamos que a lesion de Aroa, xogadora do Bergan, se quede en susto, e tamen lle damos a Noraboa o Dumbria por ese título de Liga, PARABENS
“.

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Partido que al segundo 30 ya íbamos ganando y que al descanso íbamos 1-4 pero estábamos muy poco precisas en la zona de creación. En la segunda ya tuvimos más balón y las coberturas defensivas fueron mucho mejores. Poco pudimos hacer en los 3 goles que fueron desde fuera del área. Una victoria de mucho mérito ya que fuimos con 12 jugadoras, una se lesionó en el minuto 35, otra no pudo seguir los últimos 10 min y la portera solo podía usar la pierna mala así que terminamos el partido con 9 jugadoras y media. La victoria de la temporada por ser contra las segundas, en su casa y con los condicionantes de las lesiones. Espero y deseo que el Corme suba, que tengan mucha suerte en lo que le queda”.

Corme CF : Belén, Lucía (Aurora), Irene (Laura), Aroa, Ana (Ana), Natalia, Olalla (Salomé), Carla, Candela (Nerea), Cris e María.

Bergantiños FC B : Miriam, Alison (Jessie Rojo), Sheila (Begoña), Aroa, Valeria (Nuria), Iria (Jessie Pose), Inma, Alejandra, Saray (Natalie),Irene, Adriana.

Goles : 0-1, Carla, (1´); 1-1, Cristina, (24´); 1-2, Amelia, (26´ de penalti); 1-3, Arancha, (32´); 1-4, Carla, (45´); 1-5, Carla, (56´); 1-6, Arancha, (78´); 2-6, Cristina, (84´); 3-6, Carla, (87´).

Árbitro : Rai Reborido. Amonestou polo Corme a Salomé, Lucía, Rubén, Olalla e Cristina.

 

Próximos encontros

CF Dumbría-Corme CF

Bergantiños FC B-UD Corcubión

 

******

 

 

Ponteceso SD 3-1 EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :O Puenteceso recibía no Pinguel a un dos equipos máis contundentes da liga que está facendo unha moi boa segunda volta, o Escola Juan Cabrejo de Camariñas. As de Curro saíron con forzas ao campo anotando xa no minuto dous de partido da killer Andrea. As de Camariñas seguiron coa intensidad que as define e sete minutos despois, tras dous saques de córner, ao terceiro, chegou o gol das visitantes. Seguiron loitando con forza ambos equipos e a pesar que as de Juan Cabrejo cortaban moitos balóns no minuto 18 Andrea volveu a atopar o oco por onde colarse para poñer en superioridade ao seu equipo cun golazo de bolea dende a frontal.

Sería Claudia xa na segunda parte a que anotaría o 3-1 final tras un centro de Andrea. Ambos equipos tiveron máis oportunidades que, grazas a gran actuación das dúas gardametas, non subiron ao marcador. Partido interesante e con bastante xente o vivido no Pinguel. A próxima xornada toca viaxar a Negreira para continuar a racha de partidos que leva o equipo e intentar sumar outros tres puntos“.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido no que perdemos ante un gran rival, pero no que lle plantamos cara o segundo clasificado e ainda tivemos intres de dominio do balón. Unha pena eses dous primeiros goles tan pronto en erros defensivos, pero sírvenos para estar contentos e orgulloso das rapazas, que por intres dominaron e fixeron bo fútbol. Temos que quedarnos co bo e pensar no seguinte partido e na copa para tratar de acabar o mellor posible“.

 

 

Ponteceso SD : María, Noe (Laura R. 77′), Ainhoa, Myre, Berdeal, Eva, Muíño, Andrea (Lara 70′), Noemí (Lucivili 87′), Oanes, Claudia. Tamén xogaron : Colores e Saray.

 

 

EFC Camariñas “Juan Cabrejo” : Laura, Uxía, Rosana, Rocío, Maira, Paula, María García, Laura, Keren, Nuria e Elena. Tamén xogaron : Desiree, Lola, Ainoa, Leticia e Lara

Goles : 1-0, Andrea, (3´); 1-1, Rocío, (11´); 2-1, Andrea, (19´); 3-1, Claudia, (50´).

Árbitro : Luis Mourelle. Amonestou a Claudia polo Ponteceso e a Cabrejo polo Camariñas.

 

Próximos encontros

AD Nicrariense-Ponteceso SD

UD Cerqueda-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

 

******

 

UD Cerqueda 6-0 Outes FC

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que as rapazas sairon moi enchufadas dende o pitido inicial e sentenciaron o partido na primeira metade. Tamén aproveitamos para felicitar as rapazas do Dumbría polo merecidísimo título ligueiro”.

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Partido malo, donde non sairon ben cousas que hay unhas semanas si. Non xustifica para nada o resultado pero estannos a acusar moito as baixas, deportiva e animicamente. Así e todo, temos brotes verdes que nos animan a seguir entrenando e competir cada vez mais e mellor”.

UD Cerqueda :  Mariña, Jimena, Uxía, Tania, Tatiana, Irene, Lorena, Vanesa, Raquel, Uxía Casal e Inés. Tamén xogaron : Sara, Sonia e Carla.

Outes FC :  Nati, Claudia, Uxía, Xeila, Líz, Paula, Soledad Lago, Sofía, Valeria, Natalia e Marinha. Tamén xogaron : María Molinos, Soledad González, María Romero e Laura.

Goles : 1-0, Tania, (4´); 2-0, Uxía, (18´); 3-0, Tatiana, (23´de penalti); 4-0, Lorena, (57´); 5-0, Inés, (64´); 6-0, Lorena, (Desconto).

Árbitro : Daniel Chouciño. Amosou a visitante Tania.

 

Próximo encontro

UD Cerqueda-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

Outes FC-CF Noia B

 

******

 

O Mazaricos que xogou no Arasolis.

 

SD Fisterra 0-0 CF Mazaricos

Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido supercompetido o que tivemos en Fisterra. A pesar do 0-0 foi un partido de moitas ocasións e con oportunidades para os dous equipos de meter gol. Empezabamos moito mais fortes e achuchando arriba, intentando que andrea non lles entrase en contacto con balon. Na primeira parte tivemolas moi claras para adiantarnos por parte de anxela, silvia, maria senra, mariña ou bujan de corner. Defensivamente fixemos unha primeira parte moi completa. Na segunda cambiaria un pouco o papel do partido xa que andrea empezou a estar moito tempo con balon e a base de balons largos empezaronnos a complicar as cousas. Como sempre a actuacion de valeria na porteria foi fundamental sacandolle unha moi boa a propia andrea e esta mesma mandando outra o pau. Cando o partido parecia que morria co empate tivemos un penalti que fallamos. Partido increible a nivel defensivo pero donde volvemos a penalizar a pouca pegada que temos arriba“.

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : ” A espera do seu comentario para poñelo aquí…”.

SD Fisterra : Paula, Ana Isabel, Tamara, Andrea, Jenifer, Lucía Fernández, Xaira, Jimena, Aroa, Lucía Marcote e Irene. Tamén xogaron : Aitana, Alexandra, Kayla, Daniela e Alba.

CF Mazaricos : Sílvia, Paula, María, Ánxela, Lúa, Valeria, Claudia, Leire, Iria, Fátima e Mariña. Tamén xogaron : Paula, Antía, Iria, Raquel e Valeria.

Goles : 0-1, María, (19´); 0-2, Xiana, (23´); 1-2, Silvia, (37´); 1-3, María, (39´); 1-4, Daniela, (83´).

Árbitro : Roberto Baña. Non amosou cartóns.

 

Próximo encontro

CF Noia B-SD Dubra

SD Fisterra-CF Mazaricos

 

*****

 

UD Corcubión 0-1 AD Nicrariense

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “A espera do seu comentario para poñelo aquí…“.

UD Corcubión : Alexia, Elisa, Alexandra, Marta, Carla, Cristina, Helena, Elena, Ana, Andrea, e Paula. Tamén xogou : Ana.

Goles : 0-1, Noa, (77´).

Árbitro : Manuel Trillo. Non amosou cartóns.

 

Próximo encontro

Bergantiños FC B-UD Corcubión

AD Nicrariense-Ponteceso SD

Descansou : Cabana SD

 

*****

 

 

-CLASIFICACIÓN-

1º Dumbría : 69

2º Corme : 63

3º Ponteceso : 62

4º Muxía : 52

5º Mazaricos : 47

6º Bergantiños : 44

7º Juan Cabrejo : 41

8º Corcubión : 39

9º Nicrariense : 26

10º Cabana : 25

11º Fisterra : 25

12º Dubra : 23

13º Noia B : 20

14º Cerqueda : 18

15º Outes : 3

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : Os adestradores

-Foto Mazaricos : Juan “Rachón”

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Foto Dumbría : Santi Cubelo/CF Dumbría