CRÓNICAS 28ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O CORCUBIÓN ROMPE A IMBATIBILIDADE DO XALLAS E XA SOÑA CO ASCENSO DIRETO, MENTRES QUE 4 EQUIPOS LOITAN POR UN POSTO DE PROMOCIÓN”.

 

Paso de xigante do Corcubión que tras romper a inbatibilidade do campión de liga, Xallas FC, depende de si mesmo para o ascenso direto, xa que a pesares de que o Sofán B, que recuperaba a sua mellor versión, lévalle 3 puntos os corcubioneses, estes teñen dous encontros por disputar para remaatr a liga, namentras que os sofanistas só lles queda un. No que se refire a loita pola promoción, hai tan só un posto en xogo, esta semana o propietario dél é o Cerqueda que suma 40 puntos e ten detrás, fora da promoción, ao Lira que derrotaba ao Soneira apartándoo da loita polo ascenso direto. Tralos lirachos e tamén con opcións están o Sporting Zas, e o Malpica, ambos a 1 punto de lirachos e cerquedenses. Duas xornadas faltan e ainda queda moito que xogar.

Volve a Copa da Costa

Trocando de competición, este mércores “Día do traballo”, festivo para os que non traballan no sector primario, hostalaría e transportes, antre outras cousas, volve a Copa da Costa da tralas crónicas vos informamos dos enfrontamentos de Cuartos e os horarios.

AVISO

Iremos poñendo os comentarios dos adestradores segundo nos chegue, polo que estas crónicas están abertas a esa espera. Si algún adestrador ou colaborador non recibeu a petición de comentario é porque fai uns días “morreume” o mobil e perdín centos de números que non tiña gardados, polo que agradecería que aos que non vos mandei a mensaxe polo comentario, me mandedes vos unha por whatsapp, (626 72 00 47)…

Gracias pola colaroración a tódolos que axudades a facer estas crónicas…

 

-CRÓNICAS 28ª XORNADA-

 

UD Corcubión 3-2 Xallas FC

UD Corcubión : “A espera do comentario…”.

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Fomos a Corcubión sabedores que era o encontro máis complicado dos que tíñamos e ca ilusión de seguir invictos, pero a eles un números, en especial na casa aválanos. Eu xa os conozo ata de xogar alí e son un equipo dunha condición física do mellor da categoría e que van a tódalas disputas e ademáis co plus de que se xogaban e máis coa derrota do Soneira que facía que vencendo dependían de si mesmos para o ascenso.  O aliciente de gañarnos o de xogarse esa segunda praza. Nós nos primeiros compases non tivemos ocasións claras ata que nos adiantamos tras un centro con pase diagonal, que protexe moi ben Adrián Couto e marca Doro dunha bolea imparable. Así fomos o descanso pero sabedores que tíñamos en fronte a un equipo que nunca se da por vencido e na segunda metade así o fixo. Nos erramos dous man a man moi craros, pero o encontro volveuse un pouco tolo e consiguen empatar e remontar, tras erros defensivos na saida do balón. Eles estaban mellor ca nós, en especial polas bandas. E foi no desconto cando Peke marca de falta de maneira extraordinaria e que nos valía para seguir invictos pero nos derradeiros instantes un balón marcaron un GOLAZO con todas as letras en maiuscula. Cando lle deu eu xa vin que ía gol da maneira que lle pegou. Felicitalos e orgulloso dos meus porque a imaxe que demos foi moi boa. Un traballo extraordinario poloq eu aproveito para felicitar o equipo desde aquí. Faltan duas xornadas e iremos a tratar de gañar n ambas”.

Goles : 0-1, Doro, (43´); 1-1, Samuel, (64´); 2-1, Iago Lema, (83´); 2-2, Peke, (90´); 3-2, Juan, (desconto).

 

O Sporting Zas sigue con opción a entrar en posto de promoción.

Sporting Seaia CF 2-4 Sporting Zas

Dani Calvete, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “No minuto 10 xa perdiamos 0-2 en dous regalos da defensa sin tensión. Demos un paso adiante e recortamos cun penalti moi protestado polo Zas, dado que a falta e clara pero moi probablemente fora da area. Nunha xogada individual empataria Luis xusto antes do descanso. A volta de vestuarios os primeiros minutos foron de dominio alterno, pero finalmete caeu do lado do Zas que apretaria dado o que se esta a xogar“.

Sporting Zas : “A espera do comentario“.

Goles : 1-0, Brais, (29´); 1-1, Dani Reixía, (44´de penalti); 2-1, Juan, (88´).

 

CD Nantón 0-6 Atlético Pereiriña FC

Non o fixo mal na primeira metade o equipo nantonés pero de igual maneira foise a vestiarios perdendo 0-2. Na segunda metade e tendo que ir a por un gol que lles dese ás para meterse no encontro, sufriron a definición dos da parroquiua ceense que acababa facendo un “set en branco”.

Goles : 0-1, Miguel, (15´); 0-2, Antón Lestón, (27´de penalti); 0-3, Fabián, (75´); 0-4, Miguel, (77´); 0-5, Martín, (78´); 0-6, Martín, (85´).

 

SD Sofán B 9-2 SCD Buño

Prensa SCD Buño : “a espera do comentario”.

José Barca, (Adestrador do SD Sofán B) : “Partido no que despois da decepción da semana pasada os primeiros minutos foron chegadas continuas pero sen ser quen de materializar, ata que chegou o primeiro gol e pouco despois xa o segundo dunha maneira parecida e de novo Saydou cunha boa xogada por banda facía o 3-0. Modifiquei na segunda metade e vendo o que nos pasara en Laxe. O pouco do reinicio Seidú volve a marcar e eles acercáronse no marcador. Os rapaces puxéronse o mono de traballo e con boas chegadas e goles e incluso puido haber algún máis. Moi día de Saydou e Mario, tanto de cara a gol como dificultando a saida de balón do Buño”.

Goles : Saydou, (3), Mario, (2), Daniel Calvete, Iván, Andrés e Manuel, por parte do Sofán e Breogán e Brais polo Buño.

 

SD Oza 2-2 SCD Malpica

A espera de comentarios…

Goles : 0-1, Pose, (3´); 1-1, Jonatan, (14´); 1-2, Ibra, (51´); 2-2, Abib, (60´).

 

CF Lira 2-1 Soneira SD

A espera de comentarios…

Goles : 1-0, Oli, (17´); 2-0, Pablo, (51´); 2-1, Alberto “Vía”, (84´).

 

O Cerqueda senior homenaxeou o equipo infantil que ven de proclamarse campión de liga.

 

UD Cerqueda 9-0 SD Laxe

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : Partido sen moita historia que dominamos desde o principio. Nós con moitas baixas e o Laxe máis. Simplemente agradecer o Laxe o seu comportamento porque neste tipo de partidos polas circunstancias non e facil aguantar o chaparrón, e decir que non houbo nin un mal xesto nin unha mala patada.

SD Laxe : A espera de comentarios…

Goles :Suso (2), Joel (2), Iván, Sergio, Eloy, Julián e Dani.

 

 

CLASIFICACIÓN

Xallas : 69 

Sofán B : 58*

3º Corcubión : 55

 Soneira : 52

Oza : 49*

 Lira : 40

 Cerqueda : 40

 Malpica : 39

 Zas : 39

10º Buño : 30

11º Seaia : 27

12º Laxe : 27

13º Pereiriña : 25

14º Nantón : 10

15º Ameixenda : 0

 

* Oza e Sofán teñen un encontro máis.

 

 

-“LIX Copa da Costa”-

Cuartos de Final

Mércores 01/05/2024

Muxía-Fisterra, ás 19:00 horas

Porteño-Sofán, ás 17:00 horas

Mazaricos-Dumbría, ás 16:30 horas

Ponteceso-Baio, ás 18:00 horas

 

 

 

 

 

-Foto Cerqueda : O clube

-Foto Seaia-Zas : Prensa Sporting Zas

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”