CRÓNICAS 23ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “CAMARIÑAS E CABANA APRETAN A LOITA POLO TÍTULO E POLA PROMOCIÓN O EMPATARLLE A CORME E PONTECESO”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios. Se falta algún comentario colgarémolo aquí cando nos chegue, polo que as crónicas non están pechadas ata ter todos.Si como nós decides algún/ha que o cabo de toda semana seguimos sen poñer algún comentario, é porque non nos foi enviado. 

 

-CRÓNICAS 24ª XORNADA-

 

Sara Domínguez, (CF Muxía).

 

CF Muxía 3-0 UD Corcubión

José Sar “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) :Primeira parte donde xogábamos con algo de vento en contra, e costounos adaptarnos o partido, e donde o Corcubión estaban saindo ben e facendo dano con varias ocasións, donde Sheila respondería moi ben na portería. Co paso dos minutos fomos tendo algunha ocasión sobre todo unha que a porteira delas fixo un paradón co pé, a tiro de Patri. Na 2ª parte con algo de vento a favor fomos facer presións máis altas, e estábamos mellor asentadas no partido. Patri cas suas xogadas ía facendo cada vez máis dano, ela abrío o marcador, despois fixo outra xogada donde pasaríalle o balón a Nerea Barrientos que de primeiras marcaba un bonito gol, e xa acabando o partido Patri mataría o partido para poñer o definitivo 3-0.

Rubén Castillos, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

CF Muxía : Sheila, Paula, Marta, Marcela, Sara Domínguez, Andrea, Nerea Barrientos, Patri Romaní, Denise, Irene e Nerea Pazos. Tamén xogaron : Raquel, Claudia, Sara Haz e Nuria..

UD Corcubión : Alexia, Elisa, Alejandra, Marta, Carla, Cristina, Elena, Helena, Ana, Noa e Paula. Tamén xogaron : Claudia, Andrea e Daniela.

Goles : 1-0, Patri Romaní, (79´); 2-0, Nerea Barrientos, (82´); 3-0, Patri Romaní, (desconto).

Árbitro : Chrístian Sendón. Un amarelo por equipo.

 

Próximos encontros

Ponteceso SD-CF Muxía

UD Corcubión-Corme

 

******

 

SD Fisterra 2-1 AD Nicrariense

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

SD Fisterra : Lucía, Ana, Lidia, Tamara, Jenifer, María Elena, Rosa María, Xaira, Jimena, Aroa e Lucía Marcote. Tamén xogaron : Adela e Tatiana.

Goles : 1-0, Jimena, (17´); 2-0, Lucía, (86´); 2-1, Noa, (desconto).

Árbitro : Luis Mourelle. Amosoulle dous amarelos as visitantes.

 

Próximos encontros

Bergantiños FC B-SD Fisterra

AD Nicrariense-Cabana SD

 

******

 

Corme CF 0-0 EF Camariñas “Juan Cabrejo”

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Tamen no banco Irene que se lesionou no calentamiento e Salomé que non disputou minutos. Partido tal cual habíamos falado que sería, contra un Camariñas que posiblemente sea o equipo que máis creciu durante a temporada e que sin duda e dos equipos mais intensos da competición. Moi contento e orgulloso do meu equipo, que foi quen de igualar a intensidad do rival, loitando os duelos de tu a tu con elas pero sin renunciar a Ter a pelota e intentar levar a cabo a nosa proposta, que en moitas fases do partido fomos capaces de conseguir a pesar de Ter un equipo tan intenso en frente, en defensa solo sufrimos a partir de varias faltas que parou Belén moi ben e un par de saques de esquína que nos colleron mal situadas, nun deles marcarían un gol no q habría Unha mano previa, o arbitro pita a infracción e o Camariñas interpreta que pita gol e celebrao pero o preguntarlle o arbitro nos pola mano xa nos di no momento que o q pitou e a mano, que sinceramente foi clarísima, pola Nosa parte, a maiores de varios corners que tamen levaron peligro, tivemos 2 largueiros de Nati e un de Carla ademáis de algunha xogada mais que a porteira rival atallou tamen moi ben. Partido durísimo donde nos deixamos dous puntos, pero moi contento e orgulloso do carácter e personalidad do meu equipo. Mandarlle un abrazo e pronta recuperación a Irene que se lesionou no calentamiento e non pudo xogar, oxalá se quede nun susto e pronto poda estar de volta con nos!!”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do EF Camariñas) : “Partidazo o que fixemos en Corme diante do equipo líder da competición, no que novamente demostramos ser un equipo moi competitivo e que sigue crecendo paso a paso. Antes de empezar xa tivemos un contratempo con Nuria, pois tan só puido xogar na segunda metade e moi mermada físicamente. Primeiro tempo no que tivemos o vento a favor e chegamos máis a porta, incluso marcando un gol que o àrbitro sinala claramente cara o centro do campo dando gol, (cousa que él nega pero temos imaxes claras que así o fai, pese a que o colexiado di que non), para un cacho despois tras protestas do Corme pitar mano. Segundo tempo no que tivemos que empregarnos a fondo a nivel defensivo, posto que o Corme apretou e con tiros lonxanos e saques de corruncho puxéronos en apuros, aínda que finalmente o marcador non se movería. Moi contento polo punto acadado díante dun equipazo como o Corme”.

Corme CF : Belén; Laura, Aroa, Vero (Ana), Nerea (Mónica), Olalla, Lucía (Candela), Natalia, Ana, Carla e María.

Camariñas FC : Desiree, Maira, Uxía, Rosana, Rocío, Elena, Paula, Laura López, Nuria, Laura Pose e María. Tamén xogaron : Ainoa, Daniela, Cristina, Saray e María Cristina.

Goles : 0-0

Árbitro : Jonathan Pardiñas. Amosoulle dous cartóns as visitantes.

 

Próximos encontros

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”-SD Dubra

UD Corcubión-Corme CF

 

******

 

CF Mazaricos en Dubra.

 

SD Dubra 0-1 CF Mazaricos

Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido no que saíamos moi durmidas nos primeiros minutos pero ao que pouco a pouco lle fomos collendo o ritmo. Empezaban moito mellor as do dubra e ainda que sin crearnos grande peligro atras si que levaban os mandos do partido. A primeira parte transcurriu sen maior sobresalto que un par de chegadas do equipo local. Despois do descanso e ca volta de xogadoras tan importantes para nos como silvia ou anxela o equipo empezou a mostrar unha imaxen mais fiel a do equipo de sempre. Empezamos a facernos co partido e fruto deso foi o gol de mariña a pase de raquel. A partir de aí dominabamos o partido sen chegar moi arriba pero tamen contendo as embestidas do dubra. Partido que nos serve pa volver o camiño da victoria despois dun mes e medio moi complicado en canto a lesions e resultados. Destacar o traballo da arbitra de onte donde demostrou que querendo facer ben as cousas e sabendo cal é o seu papel fixo un traballo impecable”.

CF Mazaricos : Valeria, Saray, Claudia, Paula Maneiro, María Senra, Fátima, Katia, Iria, Lúa, Ánxela e Mariña. Tamén xogaron : Silvia, Paula Rodríguez, María Antelo, Raquel e Araceli.

Goles : 0-1, Mariña, (52´).

Árbitro : Paula González. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”-SD Dubra

CF Mazaricos-Outes FC

 

******

 

Eva, (esq), e María Isabel co colexiado Miguel Pérez.

 

Cabana SD 2-2 Ponteceso SD

José Manuel Vázquez, (Adestrador do CF Dumbría) : “Partido de rivalidade entre dous equipos veciños que respondiu as espectativas con loita emocion e competitividade pero tamen con deportividade. Foi un encontró sin un dominador claro no q os dous equipos dispuxeron de momentos de dominio. Adiantabase o Ponteceso aproveitando unha das suas armas, os saques de banda q aproveitando unha indecisión das cabanesas, Andrea poñia o 0-1. Xa cerca do descanso Irene acababa o empate de tiro cruzado logo dunha falta lateral. Saiu mais dominador o Ponte na segunda parte e puxo en apretos a Miriam pero a meta cabanesa respondiu con seguridad e. Era Andrea de Novo qen adiantaba as visitantes cun tiro cruzado dende o borde da área. Reaccionaba o Cabana e Irene de falta empataba. Ata o final partido de ida e Volta q deixou o marcador con ese 2-2 definitivo“.

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :Derbi ligueiro nas Redondas onde tocaba a enfrontarse a un Cabana moi insistente e loitador que finalmente acabaría en táboas. As de Curro sabían que non sería un partido fácil e que debían ter moito coidado coas rivais e facer seu o partido o máis pronto posible para non levar sorpresas. Si algo define ao Cabana é a forza e a dureza e demostrárono durante todo o partido. Foi Andrea no minuto 20 a que poñería ao seu conxunto por encima no marcador. Tras un saque de banda de Ainhoa que chegou ata o medio da área a killer do Puenteceso daríalle primeiro de cabeza e despois co pé para anotar o gol. A superioridade duraría tan só un cuarto de hora e as visitantes tiñan que volver a intentar remar para levantar o partido. Conseguiríao de novo Andrea no minuto 67 a pase de Berdeal e igualaría o Cabana no minuto 77 de falta directa.

Non foi mellor día das xogadoras de Ponteceso que tiveron ocasións moi claras que non foron quen de anotar.
Sensación agridoce tras o partido de hoxe pero un novo punto para continuar na loita. Para a semana toca un partido difícil na casa fronte ao Muxía que actualmente vai cuarto na clasificación“.

 

 

Cabana SD : Míriam, Antia, (Nuria), Sheila, Aroa, Valeria ,(Begoña), Inma, Alejandra, ( Natalie), Irene, Iria, Isabel, (Saray), e Adriana (Aitana).

 

 

Ponteceso SD : María, Noe, Ainhoa, Myre, Laura R (Silvia 52′), Berdeal, Eva (Lara 52′) Muíño, Andrea, Noemí, Claudia. Tamén: Colores, Lucivili e Saray.

Goles : 0-1, Andrea, (20´); 1-1, Irene, (40´); 1-2, Andrea, (67´); 2-2, Irene, (77´).

Árbitro : Óscar Rey. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

Ponteceso SD-CF Muxía

AD Nicrariense-Cabana SD

 

*****

 

UD Cerqueda 0-5 CF Dumbría

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que xogamos contra un dos mellores equipos da categoría e que ten as mellores xogadoras a nivel individual. Competimos moi ben ata o segundo gol do Dumbría tendo incluso dúas ocasións moi claras para igualar ó 0-1. A partir do 0-2, foron moi superiores“.

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :O equipo demostrou o bo traballo de estes últimos meses desplegando muy bo xogo tanto ofensivo coma defensivo, contra un rival que apesar do resultado nolo puxo dificil. Na primeira parte, cun rival ben plantado, intentabamos xerar filtrando balons e aprobaitando as segundas xogadas da cal chegaría o primeiro gol, que nos dou a tranquilidad necesaría para facernos dominadoras, e seguir xerando, ainda que nos costaba telas claras porque a porteira local anticipaba ben e a línea defensiva non se rompía en ningun momento, aínda asi conseguiríamos ir o descanso 0-3

A volta do vestuarío sairiamos muy enchufadas marcando o gol da tranquilidade na primeira xogada, empezaríase a notar o cansacio físico e a diferencia no marcador xerandose máis espacios que as nosas conseguirian aprobeitar. Bo partido do cerqueda que a pesar do resultado nunca lle perdíu a cara o partido e luchou hasta o final.

UD Cerqueda : Jimena, Uxía, Tania, Tatiana, Irene, Lorena, Raquel, Vanesa, Inés, Mariña e Paula. Tamén xogaron : Carla, Sara, Sonia, María Isabel e Carla.

CF Dumbría : Noa, Claudia, María, Kelly, Eva Lema, Paula Fandiño, Lissette, Yolanda, Sabela e Lucía. Tamén xogaron : Alba, Laura, Jiliette, Serena e Lara.

Goles : 0-1, Claudia, (6´); 0-2, Eva Lema, (29´); 0-3, Kelly, (37´); 0-4, Paula Fandiño, (46´); 0-5, Alba, (78´).

Árbitro : Manuel Trillo. Amonoulle un cartón amarelo a local, Raquel.

 

Próximo encontro

UD Cerqueda : Descansa

CF Dumbría-CF Noia B

 

******

 

CF Noia B 1-1 Bergantiños FC B

 

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Primera parte de “10”, dominada por completo donde nos pudimos ir con más goles a favor. 2da parte sin un solo tiro a puerta nuestro y ellas presionando muy bien y complicándonos la salida aunque sin ocasiones clarísimas se estuvieron acercando al área nuestra cada vez más hasta que anotaron el gol a falta de poco para el final en una clara falta de contundencia y concentración nuestra. Una parte para cada equipo, ellas merecían el gol sin duda”.

SD Fisterra : Sofía, Arancha, Erika, ClaraAroa, Jimena, Antía, Ainhoa, Amelia, María e Sara. Tamén xogaron : Aroa, Iria e Andrea.

Goles : 1-0, Jimena, (17´); 2-0, Lucía, (86´); 2-1, Noa, (desconto).

Árbitro : Joel García. Non amosou cartóns.

 

Próximos encontros

Bergantiños FC B-SD Fisterra

CF Dumbría-CF Noia B

 

Descansou : Outes FC

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN-

*****

 

-Comentarios : Os adestradores

-Foto Cabana : J. M. Vázquez

-Foto Muxía, montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”