CRÓNICAS 22ª XDA DA LIGA DA COSTA . “O CASTRIZ ESCÁPASE VELOCIDADE DE CRUCEIRO HACIA O TÍTULO COS EMPATES DOS PERSEGUIDORES”.

 

Os empates de Mazaricos e Muxía danlle vía libre o Castriz de cara a cantar o “alirón”. Os de Miguel Chouza non amosan fisuras e xa suman 56 puntos, 8 máis co segundo, Mazaricos e 13 sobre o Muxía. Os mazariquenses non pasaban do empate en Corme e os muxiáns na casa ante o Louro. Por abaixo o máis destacable foi a vitoria contundenrte do Muros sobre o Camariñas, (5-3), tras ir perdendo por 0-3. 

 

Castriz 2-0 Ponteceso

Noly foi a “besta negra” para os pontecesáns, fíxolles os dous goles un nada máis comezar o choque e outro xusto antes de irse o descanso, para sumar xa no que vai de tempada 15 tantos. Os xalleiros coma sempre amosaron un gran traballo defensivo e sen fisuras e sendo resolutivo nas que teñen.

 

Muros 5-3 Camariñas

Nen o máis optimista dos afeccionados muradáns creerían o que ía a pasar na segunda metade tras ver como os camariñáns se poñían 0-2 antes do descanso, con goles de Hugo e Mario e que aumentaban a ventaxe a volta de vestiarios, cun gol de Djibril, pero tras ese gol o equipo de Cabrejo borrouse do partido e non só conseguía remontar senón que acabaría goleando con tantos de Xabier, (2), Javi García Dani e Jesús.

 

 

Muxía 3-3 Monte Louro

O Muxía que comezou durmido e vía como Chano marcaba nada máis o pitdido inicial, empataba antes do descanso con gol de Congui e ata errar un penalti, e conseguía remontar e poñerse 3-1 con goles de Kevin e Manuel. Perdonou o Muxía e veu como os muradáns se lles subían as barcas e igualaban con tantos Chano e Fabio, este último xa no descotno final.

 

Porteño 4-0 Camelle  

Partido con máis goles que fútbol e no que a diferenza estivo na eficacia de cara a gol. Un gol en propia porta de David Vázquez poñía por diante aos da Ponte do Porto. Na segunda metade tivo ocasións para igualar o equipo do Crejo pero non lles entra nada e foi o Porteño o que xa poñería terra de por medio cun tanto de Brais. Buscaron meterse no encontro os camelláns pero con espazos o equipo da Grixa sentenzou con goles seguidos de Andrade e Brais.

 

Coristanco 2-0 Cee

Oitaba vitoria do Cortistanco que como xa temos dito máis dunha vez, de non ser por tanto empate, (9), podería estar loitando por todo, xa que suma nada máis ca 5 derrotas, só con menos os 3 de arriba. Os da Terra da pataca derrotaban ao Ce nun completo encontro de todo equipo e no que Dani Castiñeiras facía os dous tantos, un xusto antes do descanso e o outro a volta, pasada a hora de xogo.

 

Outes 3-2 Volantes

Volvue a dar moi boas impresións o Volantes e desta volta a un dos equipos máis difíciles de batir da categoría. Ryam facía o 1-0 mediada a primeira metade e non foi ata os derradeiros minutos, desconto incluido, cando se volveu tolo o choque. Pesco empataba no 83. e Yago poñía por diante o minuto seguinte os da Serra, para que un par de minutos despois Manuel empatase o choque e no desconto Pablo facía o definitivo 3-2.

 

Cabana 1-1 Baiñas

Mereceu máis o Baiñas neste encontro no que se adiantaban os cabaneses aos 2 minutos de xogo cun tanto de Pablo. Non tardaba en empatar o equipo baiñés por medio de Fabián. Tivo ocasións como para levarse o encontro con dous tiros a madeira e cun gol que os xogadores de Roski din que entrou, pero que o árbitro non apreciou como tal.

 

Corme 2-2 Mazaricos

Partido que os puntos tería que caer do lado do Mazaricos, (tivo dous balóns a madeira por un dos do Cairo), que foi quen de remontar o gol inicial do cormelán Borja, con dous goles seguidos mediada a primeira metade, obra de José Ángel e Kevin e tiveron ocasións para coller maior ventaxe pero na segunda metade ios cormeláns non se descompuxeron a pesares de que o Mazaricos apretaba e chegaba e foi Noel o que acadaba a igualada. 

 

CLASIFICACIÓN

Castriz : 56 

Mazaricos : 48

Muxía : 43

Porteño : 42

Outes : 39

Corme : 36

Ponteceso : 34

 Coristanco : 33

 Camariñas : 31

10º Cabana : 28

11º Cee : 26

12º Monte Louro : 24

13º Muros : 18

14º Volantes : 14

15º Baiñas : 12

16º Camelle : 11

 

 

-Foto : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”