CF Dumbría 4-1 SD San Lorenzo
Gran vitoria do Dumbría no derbi costeiro desta 22ª xornada da 1ª Galicia G2 A Costa7Santiago, nun choque no que os dumbrieses adiantábanse por medio de Raúl antes da media hora de xogo, Diego empataba para os de Verdillo pouco despois e Mario voltaba a poñer por diante os dumbrieses antes do descanso. Pasada a hora de xogo Miller abría fenda no marcador e sen deixar dúbidas para os minutos finais Xián facía o ciarto para ter un final de encontro prácido. Esta vitoria situa aos dumbrieses no 7º chanzo da clasificación con 40 puntos a
SD Fisterra 2-1 ST Estrada
Chegaba ao Arasolis un dos que loitan por escapar do descenso e a piques estivo de sumar de non ser por un gol en propia porta no desconto final. Adiantou nada máis comezar o choque, Isaac Fábregas, aos fisterráns e antes do descanso Adrián empataba para os estradenses. O gol da vitoria chegou con fortuna e fai que os de Fisterra se situen na 11ª praza con 30 puntos, os mesmos ca San Lorenzo e Bertamiráns que están por enriba pero cos mesmos puntos.
SD Agolada 3-0 CD Baio
Saía o campo o equipo baiés coa camiseta do compañeiro Peke e uns carteis de áinmos e ca intención de adicarlle a vitoria o compañeiro, pero non foi posible tras un mal encontro no que se viron superados en todo intre polo equipo agoladés, que se adiantaba na primeira metade por duas veces con goles de Gavieiro e Villar. Na segunda metade non chegaba a reacción baiesa e finiquitaba o encontro Pablo para os da Agolada. O Baio sigue as portas do descenso e posición perigosa con 21 puntos, véndose superado polo seu rival deste encontro que estaba a puntos con eles. No medio do malo os que veñen por detrás non gañaron e no duelo direto o Valiño e o Calo empataban, e o Estrada caía en Fisterra, estando así o Baio 1 punto por enriba do Calo, 2 sobre o Estrada e a 2 do Valiño que suma 23 na posición por enriba dos baieses, logo o Agolada, (13º), e o Praiña, (12º), a 5 puntos.
SCDR Esteirana 2-2 CD Unión
Bo encontro dos esteiráns que fixeron dabondo para levarse os 3 puntos pero dous erros que fixeron que se viran por duas veces por detrás, para ter que empatar en duas ocasións con goles de Kevin e Rober “Pladur”. Todo na primeira metade. Gozaron de ocasións para ir o descanso con ventaxe pero fallou a puntería e na segunda metade non se movería o marcador. Os de Esteiro suman así 31 puntos subindo a 8ª posición, co dumbría moi lonxe xusto por enriba, (a 9 puntos), e nunha zona moi igualada con Bertamiráns, San Lorenzo e Fisterra por debaixo a 1 só punto.
-Foto : Luis González
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”