CRÓNICAS 22ª XADA 3ª DA COSTA : “O CERQUEDA FRENA O XALLAS E O SONEIRA CEDE O SEGUNDO POSTO SOFÁN B, O LIRA ENTRA NUNHA PROMOCIÓN QUE SE APRETA”.

 

Por arriba a derrota do Soneira e vitoria do Sofáb B fai que os sofanistas lle arrebaten aos vimianceses o segundo posto que da opción ao ascenso direto e cae da promoción o Malpica o caer derrotado no derbi do Buño, sufindo a posición dos malpicáns o Lira e apretando a loita polos tres últimos postos de promoción en poder do Corcubión, Oza e Lira.

 

O Cerqueda frenou o Xallas.

 

O Cerqueda frenou o lider, Xallas, que suma o seu terceiro encontro con empate no marcador e así nolo contaba o adesrtador do Cerqueda, Emilio Uzal : “Partidazo do meu equipo contra o mellor equipo da categoria de lonxe. Partido moi disputado eles con moita posesión e nós moi ordenados que chegou o descanso sen moitas oportunidades. Na 2ª parte eles tiveron 3 claras que abortou Mario, (o mellor do partido), e un pau, e nós unha nun tiro dende a frontal de Marcos Pensado que se foi rozando o pau, e outra do mesmo xogador en boca de gol que errou cando xa se cantaba o mesmo. Unha pena esta ultima porque sería a culminación o plan de partido trazado así, para estar moi firmes ata os últimos 10 minutos onde asumiríamos riscos para intentar gañar. Punto moi meritorio e a resaltar a gran labor do árbitro que estivo xenial”. O final reparto de puntos que para nada fai perigar o liderato dos xalleiros que vía como o Soneira que partía como segundo caía ante o Sporting Zas, (2-3), que sigue acercándose a promoción e tratar de meterse nela.

O Sporting Zas chegou a ir 0-2 con goles de Andrés, (11´) e Juan, (52´), acercouse o Soneira por medio de Brais, (61´), pero un gol de Javier no 81 curtaba as tentativas vimiancesas de igualar. Vía Rápida no desconto poñía o definitivo 2-3 cun penalti.

Cómodo trunfo do Sofán B que se desfacía do Sporting Seaia en 21 minutos con 4 goles materializados por Adrián, que facía un “Hat-trick·, e Mario. Nada máis comezar a segunda mateda acercábase no marcador o Seaia por medio de Juni, pero dez minutos despois Mario facía o definitivo 5-1, para subir a segunda praza da clasificación que da acceso o ascenso direto.

Tras sofanistas e soneiristas sitúase o Corcubión que lle endosaba a goleada da xornada ao Ameixenda, (9-0), con goles de, César (3), Gorka (2), Fuentes (2), Lema e Pablo. E un punto por detrás dos corcubioneses situase o Oza , a 5ª praza. Sentoulles ben aos ocenses a ameaza de abandoar a competición por parte da diretiva xa que voltaban a golear, desta volta o Nantón, (4-1), con goles de Hugo, para o primeiro e único gol da 1ª parte e o cal repetía a volta de vestiarios. Carlos acurtaba para os nantoneses a hora de xogo, pero un minuto despois Abib, (62´), poñía terra de por medio, e o pouco de sacar de centro Eduardo facía o 4-1 final.

Un tempo para cada un no encontro antre o Lira e o Atlético Pereriña, (1-0), no que se levaron os puntos os lirachos no tempo de desconto cun tanto de Ángel que fai que entren na promoción aproveitando a derrota do Malpica en Buño. O encontro antre lirachos e pereiriñeses decantouse do que estivo máis atinado pois ambos equipos tiveron ocasións como para levarse o encontro. Na primeira metade os da parroquia ceense e na segunda os de Lira.

Encontro igualado o que ofreceron na Pedra Queimada o Malpica e o Buño e no que os malpicáns protestaron como ilegal o gol de Brais para os oleiros antes da hora de xogo. Arriscou o Malpica e conseguiu empatar por medio de Diego, pero cando todo parecía abocado o empate, Breogán acadaba unha vitoria para manter os de Buño con opcións a meterse na promoción, a 10 puntos e con 24 ainda por disputar e con moitos enfrontamentos diretos.

 

CLASIFICACIÓN

Xallas : 57 

Sofán B : 45

Soneira : 43

Corcubión : 39

Oza : 38

 Lira : 33

 Malpica : 32

Cerqueda : 30

Zas : 29

10º Seaia : 25

11º Laxe : 23

12º Buño : 23

13º Pereiriña : 16

14º Nantón : 7

15º Ameixenda : 0

 

-Foto : UD Cerqueda

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”