CRÓNICAS 20ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “SAN LORENZO E CORME NON FALLAN E ABREN FENDA CO TERCEIRO, AGORA O MUXÍA, NAMENTRAS QUE POR ABAIXO SO O MONTE LOURO GAÑA DOS 6 ÚLTIMOS”.

 

Crónicas 20ª Xornada

O San Lorenzo segue intratable e sumaba un trunfo máis traballado do que di o resultado ante o Cerqueda, namentras que o Corme, o seu máximo rival na loita polo título e o ascenso direto, tiña que remontar ante o Castriz un 0-2, nun choque de alto nivel de ambos conxuntos. Esta vitoria dos cormeláns fai abrir fenda co terceiro clasificado aos dous de arriba. Pola sua banda o Muxúa goleaba a un Outes, que se veu superado na segunda metade, tras unha boa primeira metade. Os muxiáns recupern a terceira praza trala derrota do Castriz. Por aabaixo, as cousas están moi mal. Dos derradeiros 6 equipos, tan só sumou Monte Louro, que xa abre fenda cos tres derradeiros postos, os dous de descenso direto e o antepenúltimo, que pode caer nos arrastres, que ainda poderían ser máis dadas as cousas dos nosos a día de hoxe na 1ª Galicia, co Mazaricos e o Baio en zona perigosa.

 

Muxía desarbolou aos da serra na segunda metade.

 

Muxía CF 6-1 Outes FC

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Empezamos dominando pero con un ritmo baixo co cal non estábamos cómodos, achegámonos a área rival, pero non definíamos, ata que un centro chut de Mauro acaba na escadra. Tras un córner, un fallo defensivo noso, deixamos só para que rematen e fagan o empate. Antes do descanso, Mauro asiste a Manu que tras desfacerse de un defensa e do porteiro, anota o 2-1. A segunda metade foi mellor, dispuxemos de moitas ocasións. A entrada de Iago Muiño foi diferencial, xa que ademáis de asistir, fixo dous goles, Fran e Peski tamén anotaron para deixar o 6-1 no marcador. Acabamos o partido con 9 homes, xa que con todos os cambios feitos, Maikel tivo unha lesión muscular, e Toja sufríu un forte golpe co porteiro rival e pasou a noite en observación, esperamos unha pronta recuperación”.

Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do Outes FC) : “Na primeira parte saimoslles de ti a ti a un bo equipo con bo trato de balón e non sufríamos en defensa, tiñan máis eles o balón e nós buscábamos as nosas ocasións. Nunha xogada ben trenzada por eles conseguen adiantarse, non nos viñemos abaixo e nun saque de curruncho conseguimos o empate. Nunha saida de balón nosa, temos a perda do mesmo e eles xeran a ocasión que acabaría no gol co que se poñían por diante. Creo que fixemos os mellores 45 minutos do que levamos xogado nas últimas semanas e fomos cunhas boas sensacións o descanso. Na reanudación todo seguía igual, ata unha xogada na que lles anulan un gol e eles protestan moito. Anuloullo por fora de xogo, pero para min pareceume que era gol legal, pero esto influe no árbitro, xa que para min os dous seguintes goles son en claro fora de xogo, por detrás da nosa defensa, e con ese 4-1, o noso equipo que anda tocado últimamente, baixou os brazos e deixámonos ir e caeron dous goles máis. Derrota abultada i é o que pasa cando te ves aí abaixo e non hai capacidade de reacción e deixaste ir”.

 

Mauro Romaní abreu o marcador para os da Vila da Barca.

 

Goles : 1-0, Mauro Romaní, (24´); 1-1, Adrián, (30´); 2-1, Manu Nogueira, (34´); 3-1, Fran Moreira, (57´); 4-1, Iago Muiño, (65´); 5-1, Iago Muiño, (69´); 6-1, “Peski”, (87´).

Incidencias : Lesionados e a espera de diagnose os xogadores do Muxía, Maikel e Toja. Desexámoslle a ambos que sexa o menos posible.

 

Corme CF 3-2 SD Castriz

Ángel Pérez, (Adestrador Corme CF) :”Gran partido o visto na tarde do Domingo no Cairo con gran ambente nas gradas, díante dun gran rival que nos puxo as cousas moi complicadas. Primeira parte que empezamos dormidos, cometendo fallos non habituales e eso foi aproveitado moi ben por un gran Castriz, que xa no minuto 3 adiantábase no marcador, e a media hora poñíase cun 0-2 que nos poñia as cousas moi complicadas. A pesar de todo creamos hasta catro ocasións moi claras para polo menos meternos no partido, pero entre a falta de acerto, as paradas do porteiro rival, e o pau, non fomos quen de conseguilo. O Castriz as contras seguía creándonos moito perigo e dispuxeron dunha nova ocasión clara que foi desbaratada polo noso porteiro. Final da primeira parte cun 0-2 que nos poñía as cousas moi complicadas. Na segunda métade puxemos o mono de traballo, creando moito perigo, con moito ritmo, e sir deixar sair o rival, que acusou o desgaste da primeira metade, e en 20 minutos espectaculares conseguimos darlle a volta o marcador, con goles do xuvenil Borja, no minuto 50, o empate por medio de Manu no minuto 57, e o 3-2 de Eloy no minuto 62. A partires de poñernos por díante seguimos controlando o partido díante dun rival que empezou a intentar crearnos perigo con balóns en longo, pero estivemos moi serios, e non deixamos apenas crearnos ocasións, e pola nosa parte intentando crear perigo a contra. Final do partido cun 3-2 no luminoso, nun gran partido o visto no Cairo, resultado que nos permite seguir vendo de cerca o líder”.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido que a priori presentábasenos moi complicado, yíñamos moitas baixas de última hora, e non xuntábamos xente para xogar, íamos a xogar con xogadores lesionados e moi mermados fisicamente e íamos o campo do segundo clasificado, que na casa ten un rendemento moi alto. Diriía que sorprendentemente xogamos unha moi, moi boa primeira metade, moi seria e sen conceder practicamente nada e poñendo dous goles, un nunha peinada de Sebas para Erre e que meteu Braulio a porta baleira, e unha falta que botou Adrián García, e rematou Mourelle a gol. Fomos co 0-2 o descanso, e si que é certo que nos derradeiros 5 minutos eles xa se volcaron en busca do gol e tiveron unha dobre ocasión moi clara, e o xusto sería ir 1-2 o descanso. Na segunda eles sairon a por todas, acumularon moita xente arriba e déronlle moito ritmo o partido. Xogárono o todo ou nada e en cuestión de 15-20 minutos déronlle a volta o marcador, non sabíamos nen por onde nos viñan. Logo de remontar baixaron o ritmo, pero a sensación era de que estaba máis preto a sentenza deles que o empate noso, pero chegamos aos minutos finais co 3-2 e eles recuaron un pouco co medo o resultado e nós fomos collendo máis esperanza de coller un ataque que nos dera para empatar o partido e tivémola , en concreto duas, unha moi clara de Martín Gemelo, que lle quedou o balón pasado, controlou pero tirou alto. O final nós ata que o Corme lle meteu moito ritmo o partido aguantamos ben e despois non fomos capaces, antre o pau psicolóxico da remontada e que fisicamente estábamos collidos con pinzas, fçixosenos moi longo o encontro. Nada que reprochar aos chavales, creo que fixeron un partido moi bo que cas circunstancias que tíñamos, xogáronlle de ti a ti ao rival, un rival direto para o ascenso”. 

Goles : 0-1, Braulio, (3´); 0-2, Mourelle, (28´); 1-2, Borja, (50´); 2-2, Manu Bermúdez, (57´); 3-2, Eloy, (62´).

 

SD Oza 1-2 Cabana SD

Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Partido moi igualado na primeira metade donde David López dispuxo de dous mans a mans co porteiro visitante, pero non foi capáz de marcar. O Cabana intentaba salir rápido con Manuel como xogador mais perigoso ,pero a defensa nosa estivo segura.Na segunda metade o Cabana saiu a apretar máis arriba e dispuxo de algunha ocasión, pero foi o Oza o que marcaría primeiro, por medio de Nico. Cinco minutos malos nosos fixeron que o Cabana lle dera a volta o marcador. Intentámolo de todas as formas, Nacho en duas ocasións e Alberto noutra puideron empatar, pero non o conseguiron. Quero felicitar o traballo dos nosos xogadores que onte fixeron un moi bo partido, pero este ano a sorte non acompaña o equipo”.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Comenzaba o Oza apretando e dispoñía de algunha ocasión ben desbaratada por Diego. Poñía a contra o Cabana e Manuel acercábase a porta do Oza, pero Brais respondía cunha boa intervención. O Oza estaba máis intenso que o Cabana, pero non conseguía transformar ese dominio. Destacar a lesión de Rubén cun problema de xeonllo no Cabana, relevado os dez minutos  por Cristian. Xa no segundo tempo adiantábase o Oza cun balón as costas da defensa e que marcaba Nico mandando o balón por enriba do porteiro. Reaccionamos pronto e nun balón longo Manuel imponse a defensa, e cruza ante a saida de Brais. Nunha xogada por banda de Castro poñía un balón que Manuel remataba no segundo pao para facer o segundo para nós. Seguiu tentando o Oza acadar o empate pero defendémonos ben para levarnos os tres puntos“.

Goles : 1-0, Nico, (49´ ); 1-1, Manuel, (58´); 1-2, Manuel, (64´).

Incidencias : Saeu lesionado na primeira metade o xogador do Cabana, Rubén  Reigía, cun problema no xeonllo, pendente de facer probas. O noso desexo dunha pronta recuperación e que sexa o menos posible a lesión.

 

UD Monte Louro 2-1 Volantes de Baño FC

David González, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Foi un partido no que creo que fomos os xustos vencedores.
Unha primeira parte na que dominamos e tuvemos 4 ocasións moi claras e xusto na última antes do descanso marcamos o 1-0 nunha falta lateral sacada por Juan Lois, e rematada por Pablo de cabeza. Eles só nos crearon perigo a balón parado pero estivemos moi seguros, e non lle concedemos ningunha ocasión. Na 2ª parte seguimos sin pasar apuros e co dominio do balón, e froito dunha xogada que iniciamos desde a portería, conseguimos ir combinando hasta deixar a Iker só, o cal lle fan penalti que mete Xián para o 2-0. De aí o final o equipo de 10, e o gol deles foi no único tiro entre os 3 paus. Creo que gañamos merecidamente e este é o camiño para acadar o noso obxetivo”.

Daniel Suárez “Chicho”, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Partido moi igualado na primeira metade, con ocasións para ambos equipos. Álex para un man a man deles, Borja falla debaixo mesmo dos paus, unha nosa, a centro de Pitix. Partido de idas e voltas na primeira metade, con moito atasco no centro do campo por veces, e decídese no treito final nunha falta lateral na que o noso porteiro non está atinado e remátanlle moi preto, no área pequena. Fomos o descanso ca premisa de sair enchufados na segunda metade pola necesidade imperante de acadar os 3 puntos e damos un pasiño adiante e eles moi arroupadiños atrás saindo moi ben a contra ecóllennos nunha e Rodri fai un penalti e aí matouse o partido. Puxemos cáseque o final, pero xa sen tempo. Toca seguir“.

Goles : 1-0, Pablo Vidal, (45´); 2-0, Xián, (75´ de penalti); 2-1, Santi Rodríguez, (90´).

 

UC Cee 0-2 Ponteceso SD 

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) :  “Partido no que estivemos moi espesos, costounos moito facer a circulación de balón e chegar a situacións de ataque con superioridade, pero ainda así penso que fomos un pouquiño superiores o rival na primeira metade. No segundo tempo un erro puntual nun despexe suponnos encaixar o primeiro gol e uns minutos despois dous erros bastante importantes do árbitro fan que quedemos con dez, cando probablemente as duas amarelas que lle saca a Isaac fosen tarxeta, e pese a quedar con 10 tivemos uns minutos nos que parecía que había certas opcións de poder empatar o partido, ou incluso darlle a volta, houbo un novo erro no saque de portería por precipitación supón o segundo gol e xa foi unha lousa nos minutos finais“. 

Pablo Mallón, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Posiblemente o mellor partido da tempada dos nosos. Un partido no que estivemos moi ben situados no campo, no que tivemos a tranquilidade suficiente para xogar o balón cando había que xogalo e a intensidade suficiente para contrarrestar en defensa os ataques do bo xogo do Cee, nunha primeira metade moi igualada, eles tiveron duas boas ocasións, sobre todo un pase de Ezequiel o seu dianteiro, que foi un incordio para a nosa defensa en toda a primeira metade. Nos tivemos varias opcións, en especial de faltas e algunha internada que non concretamos. Puido caer o gol de calquer banda, e nos levamos máis o peso do partido. Na segunda si que empezamos moito mellor ca eles, comezamos a combinar o xogo, de un lado ao outro e houbo duas xogadas clave. Unha foi un gol anulado a Ángel, o noso central, por un fora de xogo totalmente inexistente, e despois destio acadamos o primeiro gol, obra de Nando, e a partires do gol eles si que se tiraron un pouco máis adiante e ainda que nós non queríamso foron meténdonos un pouco atrás e pecharnos un pouco, e xusto cando estaba sucedendo isto chega a segunda xogada clave do partido, que foi a expulsión do seu dianteiro e cortoulle un pouco esa reacción que tiñan, ese empuxe. Coido que esa segunda cartulina amarela, que eles protestaron, penso que foi excesiva. Despois da expulsión voltamos a poñernos outra vez arriba, e tivemos un man a man de Charro, que non culmina, e cáseque despois metemos a practicamente sentenza co gol do xuvenil Adrián Neira e aí acabouse o encontro. Moi contento ca actitude do equipo e co traballo de todos”.

Goles : 0-1, Nando, (55´ ); 0-2, Hadrián Neira, (82´).

Incidencias : O árbitro do encontro, Óscar Rey,, expulsou con dobre amarelo ao xogador do Cee, Isaac Fábregas, (49´e 57´), tamén foron amonestados polos ceenses, Bruno e Adrián. Os pontevcesáns non viron ningún cartón.

 

SD Coristanco 3-2 UD Corcubión

Alejandro Rodríguez “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Partido cunha primeira parte de menos a máis pola nosa parte, na que co paso dos minutos nos íamos facendo donos do balón. Chegaba cando non o esperábamos un gol deles nun balón o espazo, no que o número 10, (que levou todo o peso do ataque visitante, con moitísimos desmarques e balóns filtrados que nos crearon un perigo constante), definía no un contra un. Pero chegaban 15 minutos finais da primeira, nos que os embotellamos no seu campo. Dándolle a volta ó resultado con 3 goles de Rama, un de falta, un golazo de volea, e un de penalty antes do descanso. Á volta, tiñamos un man a man de Kevin que saía lambendo o pau, e acto seguido o 3-2. A partir de aquí, ocasións para ambos. Sendo o máximo responsable da vitoria Rubén, que sacou ata 3 ocasións claras do Corcubión. Resultado importante para seguir distanciándonos máis dos postos de abaixo, a pesar das baixas de Mario (convocado pero lesionado), Pazos (sancionado), Diego Mallo e Randy (lesionados) , os irmás Fraga por motivos persoais e Javi Bermúdez.”.

Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario colgarémolo aquí“.

Goles : 0-1, Iago Lema, (25´); 1-1, Rama, (35´); 2-1, Rama, (37´); 3-1, Rama, (45´ de penalti); 3-2, Mario, (51´ de penalti).

Incidencias : Ata 12 cartóns amosou o colexiado do encontro, Manuel Castro, 6 por equipo, expulsando a Marcos polos locais, (88´e 90´), e a Gorka cpolos visitantes, (35´e 90´).

 

SD San Lorenzo 5-2 UD Cerqueda

Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Victoria moi traballada contra un gran Cerqueda, que se encerraba ben atrás e esperaba a pillarnos en algunha contra, e coa primeira parte sin apenas ocasións, salgo unha clara en un remate de cabeza de Eloy a placer, e na última xogada Pablo Garrido lograría un auténtico golazo e con eso chegariamos ao descanso. Na segunda empezamos igual, dominando nós, e o Cerqueda soltábase un pouco máis con balón e en unha contra marcaría Eloy para facer o segundo. Acto seguido en un córner moi mal defendido, logran meterse no partido pero ao pouco Iván, que lle fai falta moi pouco para marcar gol, logra o terceiro. Eles non se viñeron abaixo e seguiron peleando hasta o final pero sin premio xa que ainda lograriamos o cuarto, xa no desconto, con un bo disparo de Padín desde fóra da área despois de un rexeite en unha falta a balón parado. Moi contento polo resultado, que nos fai seguir outra semana no máis alto da tabla, pero toca seguir traballando, que ainda quedan moitos puntos por disputar”.

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Fixemos un gran partido contra un gran rival. Estivemos moi ordeados durante toda a 1ª parte na que apenas nos crearon perigo. No minuto 44 e medio se lle pregunta o árbitro canto queda e nos di que queda 1, e métennos o 1-0 no 47′. Saimos ben tralo descanso seguimos moi ordeados e mediada a 2ª parte fannos o 2-0, nun claro fora de xogo. Recortamos diferencias e fixemos o 2-1 nun corner por medio de Atu. Metémoslle o medo no corpo o San Lorenzo e tivemos unha falta o borde para empatar , e pítasenos un fora de xogo incrible cando Crístian partía con ventaxa hacia portería. Chegan o 3-1, e o 4-1, cando nos vamos a desesperada a intentar empatar. Só podo decir que a pesar dos resultados cada día estou máis orgulloso destes chavales, e non vale de nada poñer disculpas e xustificarme con baixas ou mala sorte…Só queda traballar”.

Goles : 1-0, Garrido, (45´); 2-0, Eloy, (73´); 2-1, Atu, (76´); 3-1, Iván Rojo, (84´); 4-1, Padín, (90´).

 

-Xogado o sábado-

CD Muros 4-1 Camariñas FC

Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Tres puntos moi importantes para nós contra un Camariñas que esta chamado a estar nos postos altos da clasificación, e para min ten o millor entrenador da categoría. Sairíamos nos primeiros 20 minutos moi enchufados e cunha intensidade moi alta, gozando dunha gran oportunidade de adiantarnos no marcador por medio de Xavi, que se iría fora. Pouco despois Pelos, nun segundo balón conseguía o 1-0. A partires de aí o Camariñas imprimiría un ritmo alto, con un xogo combinativo que nos obligaría a poñer o mono de traballo defensivo, e ca axuda de Ginky que estuvo a un gran nivel. Na segunda metade empataríannos nuha xogada de estratexia moi ben executada polos de Cabrejo. O equipo visitante dominaba o balón e nos intentábamos sair a contra, ata que Xavi conseguía meter o esferico na escadra. O Camariñas seguía apretándonos e tendo as suas ocasións, pero a contra mataríamos o partido”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Derrota merecida ante o Muros, que os goles que nos meten son erros infantís. Aproveitou as ocasións que lle demos e foi merecedor da vitoria sen nada que obxetar. 

 

CD Muros : Álvaro Ginky, Juan Rey, Ismael, Iván Caamaño, Pelos, Miguel, Xoaquín, Xabier, Álvaro González, Alonso e Alejandro. Tamén xogaron : Francisco, Ramón, Jesús, Daniel e Javier.

Camariñas FC : Jorge, Barreiro, Antonio, Yuyo, Mario Suárez, Pablo, Víctor, Roi, Daniel, Hugo e Óliver. Tamén xogaron : Djibril, Carlos, Brais e Manuel.

Goles : 1-0, Pelos, (11´); 1-1, Daniel, (59´); 2-1, Xabier, (66´); 3-1, Xabier, (74´); 4-1, Jesús, (90´).

Incidencias : O árbitro do partido, Amine Alaoui amosoulle amarelos a, Xoaquín e Miguel polos de Muros, e a Antonio, Mario Suárez, Pablo Novo e Roi, polos de Camariñas.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas e novas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia