CRÓNICAS 19ª XDA 3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 : “O EF “JUAN CABREJO” CAMARIÑAS DA A SORPRESA O EMPATAR CO DUMBRÍA E FAI MÁIS LIDER O CORME”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios. Se falta algún comentario colgarém9olo aquí cando nos chegue, polo que as crónicas non están pechadas ata ter todos. 

Para maior disfrute destas crónicas recomendamos miralas en ordenador xa que o formato das fotos e dos textos vai en tamaño de alta calidade.

 

-CRÓNICAS 19ª XORNADA-

 

O Cerqueda plantoulle cara o lider.

 

Corme CF 2-1 UD Cerqueda

Rubén Souto, (Adestrador do Corme FC) : “Partido Post-Mikaela totalmente, e non me cansarei de decilo, nós ou estamos todas o 120% e xogando en equipo, ou non somos competitivas. Partido malo que sacamos adiante contra un Cerqueda moi competitivo, si xogan así todos os partidos teño cero dúbidas de que subiran pronto posicións na clasificación“.

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi disputado, como reflexa o marcador. Nun post-Mikaela que sempre condiciona a ambos equipos. O traballo, esforzo e sacrificio que demostran en cada entreno e en cada partido fai que melloren semana a semana. Moitos parabéns o Corme pola vitoria e pola tremenda tempada que están a realizar“.

Corme CF : Belén, Lucía, Aroa, Irene, Aurora, (Ana), Candela, (Mónica), Olalla, Carla, Cris, Nati e Nerea. Tamén xogaron : Carla Vázquez, Salomé e Kayla.

UD Cerqueda : Paula, Jimena, Lucía, Tania, Tatiana, Lorena, Mariña, Inés, Uxía e Raquel. Tamén xogaron : Carla Santos, Sara, Sonia e Carla Varela.

Goles : 1-0, Nerea, (34´); 2-0, Nerea, (44´): 2-1, Raquel, (85´de penalti).

Árbitro : Xoel Forján

 

Próximos encontros

CF Noia B-Corme CF

UD Corcubión-UD Corcubión

 

 

UD Corcubión 4-0 Outes FC

Rubén Castillos, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido que comezamos titubeantes ante un Outes que tiña o seu maior peligro na extremo esquerda, sen chegar a ocasionarnos grandes ocasións. Co paso do tempo fomos a mellor, aínda que perdemos a Vivi por un golpe na cabeza, tendo o primeiro gol nunha boa combinación entre Alex, Trini e Noa autora do primeiro. O segundo gol foi de Elena que ata agora era porteira e que por ter tantas baixas puxose de dianteira cunha boa participación. Xa na segunda dominamos máis e tivemos moito máis balón. O terceiro gol foi un golazo de Trinidad que engancha unha volea na frontal da área moi estética e remataba Noa co cuarto”.

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Un partido o que chegabamos con varias baixas por unha cousa ou outra, e que empezabamos ben situadas, certo que non foi unha primeira parte de moito xogo, con ocasions para os dous equipos. Encaixamos o primer gol nunha boa combinacion das rapazas de Corcubión e eso lastrounos un pouco. A volta do descanso afrontamos diferente o partido, con mais xogo e mais ocasions de acercar o marcador, pero non logramos acertar neses metros finais. Seguimos avanzando e para o siguiente finde seremos mellores ainda”.

UD Corcubión : Alexia, Elisa, Alexandra, Vivi, Carla, Claudia, Helena, Elena, Noa, Daniela e Paula. Tamén xogaron : Marta, Ana e Andrea.

Outes FC : Natalia, Claudia Carou, Alexia, Uxía, Xeila, Míriam, Carla, María, Paula, e Valeria. Tamén: Claudia Otero, María Molinos, María Romero, Sole e Laura.

Goles : 1-0, Noa, (30´); 2-0, Elena, (40´); 3-0, Paula, (69´); 4-0, Noa, (83´).

Árbitro : Manuel Trillo.

 

Próximos encontros

UD Cerqueda-UD Corcubión

Outes FC-Ponteceso SD

 

******

 

O Ponteceso fíxolle unha “manciña” o Dubra.

 

Ponteceso SD 5-0 SD Dubra

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :Tras un mes xogando sempre partidos fóra as de Curro regresaban a casa para amosar o seu bo xogar a xente de Ponteceso fronte ao Dubra. Un fermoso partido para as locais onde dominaron a un Dubra que a pesar de loitar nada puido facer contra o combinado pontecesán. Abriría o marcador Oanes no minuto 18 a pase de Muíño que lle escapou a porteira. A 10 do Puenteceso non perdoou anotando a porta vacía. Trece minutos despois sería a propia Muíño a que marcaría un auténtico golazo tras un intento de despexe do Dubra. Dous cero ao descaso, con moi boas sensacións para o conxunto de Curro.

As do Dubra non baixaron os brazos no segundo tempo pero a killer do Puenteceso, Andrea, soubo encontrar os ocos no campo para aumentar a distancia cun dobrete. O primeiro a pase de Oanes e que a sete local adicaría a súa compañeira de equipo Manti, que vai ser mamá. O segundo chegaría tras unha gran actuación de Claudia que colleu un rexeitamento da porteira para pasarlla a Andrea e rematar a gol. Claudia, despois de facer un gran partido tamén tivo o seu agasallo, marcando o tanto que cerraría o partido, un 5-0 que deixa unha gran ilusión na bancada pontecesá. Para semana toca viaxar a Outes a ver si pode sumar outros tres puntos para tentar subir posicións na clasificación“.

 

Convocatoria do Ponteceso.

 

Ponteceso SD : María (Colores 45′), Noe (Laura R. 45′), Ainhoa, Myre, Berdeal (Lara 66′) Eva, Muíño (Saray 66′), Andrea, Oanes, Noemí (Lucivili 66′), Claudia.

SD Dubra : Sara, Erika, Xeila, Elena, Lara, Asia, Daniela, Mélanie, Lucía, Sabela e Noa. Tamén xogaron : Nerea, Rosanglela e Analia.

Goles : 1-0, Oanes, (18´); 2-0, Muiño, (23´); 3-0, Andrea, (50´); 4-0, Andrea, (60´); 5-0, Claudia, (70´).

Árbitro : Bruno Méndez.

 

Próximo encontro

Outes FC-Ponteceso SD

SD Dubra-AD Nicrariense

 

*****

 

Cabana SD 3-0 SD Fisterra

Jose Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido no que o Cabana dominou prácticamente todo o tempo, e que a base de intensidade logrou maniatar as fisterranas que non conseguían inquedar a porta local. Adiantáronse pronto as cabanesas de penalti por medio de Aroa e mantiveron o dominio no primero tempo. No segundo seguiu levando o peso o Cabana e Irene poñía o 2-0. Xa na última xogada do partido era Natalie a que recollía un rexeite da porteira e facía o definitivo 3-0”.

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Cabana SD : Miriam, Jessi Rojo (Nuria), Sheila, Aroa, Valeria (Antia), Inma, Iría (Alejandra), Isabel, Alison (Natalie), Adriana (Jessi Pose), e Irene.

SD Fisterra : Lucia, Paula, Ana, Lidia, Tamara, Irene, Lucía Marcote, Aroa, Jimena, Jeni e Andrea. Tamén xogaron : Antía, Sandra, Rosa, Xaira e Tatiana.

Goles : 1-0, Aroa, (10´de penalti); 2-0, Irene, (70´); 3-0, Natalie, (90´)

Árbitro : Óscar Rey.

 

Próximos encontros

Cabana SD-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 

SD Fisterra-CF Muxía

 

*****

 

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 1-1 CF Dumbría

 Juan Cabrejo, (Adestrador do EF C. Camariñas ” Juan Cabrejo”) : “O partido foi o esperado ante o mellor ou un dos mellores da categoría, onde sabíamos que tíñamos que usar as nosas armas, defender e tratar de aproveitar as ocasións que tivéramos e así foi. O nos traballo defensivo foi espectacular, ante un equipo que tivo máis posesión de balón e a pesares de que se adiantaron no marcador nós non nos descompuxemos econseguimos, sobre todo, crearlles perigo nas xogadas a balón parado , e incluso nun libre indireto dentro do área no final do encontro, tras unha cesión, e onde unha delas salva o gol que nos podía dar a vitoria, baixo paus. Un partido para estar contento de todas elas, sobre todo porque van crecendo futbolisticamente e tendo en conta que moitas delas comezaron a xogar o fútbol este ano e están a dar pasos axigantados. Un punto que nos soubo a vitoria”.  

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Desplazabamonos hasta Camariñas, un dos campos máis complicados da costa, na miña opinión. Sabíamos que sería un partido complicado, víñamos mentalizadas e na primeira metade fomos capaces de xerar varias ocasións de perigo, pero era difícil superar a defensa camariñana, ainda así as teríamos claras para abrir pronto o marcador, pero a falta de acerto de cara a gol faría que se sucederan as ocasións ata que porfín abriríamos o marcador, co partido dominado e sin chegadas das locais. Sería tras unha falta xa o borde do descanso cando foron quen de facer o 1-1, tras un bo remate. Seguimos co mismo guión e intentando partir o descanso con ventaxe no marcador e teríamola, pero tamén as locais nun remate de corner nos porían o medo no corpo enviando o balón o pau.

Na saída do descanso o equipo daría unha das suas peores versións, sin encontrar espazos nin ideas claras para poder facer dano o equipo local, e canto máis avanzaba o tempo peores eran as nosas tomas de decións, debido a precipitación fomentado polo nerviosismo de verse superiores e coa posibilidade de levar os 3 puntos, nun partido onde as locais eran sabedoras de que o punto era un bo resultado, e nas nosas reinaba a anarquía e o desórde e cometeríamos o erro de regalar unha cesión que solventaría ben a nosa porteira cadete Lucía, seguiríamos tendo ocasións para poder volver a adiantarnos pero sin acerto.

Sensacións malas por non saber xestionar a parte psicolóxica do partido, temos que centrarnos en solucionalo para que os resultados sean favorables dado que en xogo e ideas cando o equipo esta centrado estamos muoi cómodas. Seguir traballando!…non coñecemos outra maneira“.

EF C. Camariñas ” Juan Cabrejo” : Karen (Bea), Laura Garrote, Rocío, María, Uxía, Cris Mouzo (Ana), Laura Pose, Nuria, Elena (Leti), Saray (Desiré) e Maira (Lola)

CF Dumbría : Lucía, Noa, Carril, Adriana, María, Kelly, Eva, Claudia, Yolanda, Sabela e Juliette. Tamén xogaron : Serena, Lucía Fernández, Alba, Lara e Reyes.

Goles : 0-1, Claudia, (30´); 1-1, María, (38´).

Árbitro : Luis Mourelle.

 

Próximo encontro

UD Cerqueda-CF Noia B

CF Dumbría : Descansa

 

******

 

Patri Romanía fixo dous dos goles das muxianas.

 

CF Muxía 5-1 CF Noia B

José Sar “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido contra un Noia B que chegou a Arliña con 10 xogadoras. Unha primeira parte que nós costou entrar no partido, fallando en moitos aspectos, donde elas a pesar de estar con 10 fixeron un gran partido, peleando todo, ganando duelos e facendo máis perigo cara a porteria. De feito meteríanse por diante con un bo gol dende fora da área moi pronto. Xusto antes do final lograríamos empatar por medio de Patri. Na 2ª parte melloramos bastante e xa no minuto 50 Paula Vilela e cinco minutos despois repetiría Patri para meterse, 3-1. Elas xa máis cansas, xa lles costaba chegar a nosa área, ainda así tiveron alguna onde poder recurtar e Pauliña estivo ben. Nos minutos finais Andrea e Piroja farían o definitivo 5-1. O Noia non mereceu perder así por todo que peleu duranto todo partido”.

CF Muxía : Paula Rey, Andrea, Marta, Paula Vilela, Nerea Pazos, Nerea Barrientos, Raquel, Patri Romaní, Elsa, Irene, e Denise. Tamén xogaron : Claudia, Xeila, Andrea Insua e Sara.

CF Noia B : Noelia, Marta, Aida, Noa, Elena, María, Aitana, Uxía, Mariña e Nerea.

Goles : 0-1, Aída, (12´); 1-1, Patri Romaní, (40´); 2-1, Paula Vilela, (53´); 3-1, Patri Romaní, (55´); 4-1, Andrea, (80´); 5-1, Piroja, (90´).

Árbitro : Alejandro Tato.

 

Próximo encontro

SD Fisterra-CF Muxía

CF Noia B-Corme CF 

 

******

 

AD Nicrariense 0-3 CF Mazaricos

Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido dos mais completos da temporada das nosas. Partido que se nos poñía moi de cara xa na primeira metade con un penalti que transformaba Silvia, e con un golazo desta mesma de falta pola escadra. Co 0-2 o equipo xogou sen ese nervosismo que arrastramos outras veces, e soubo tocar balón e crear moitas ocasións. Uns primeiros 45 minutos para enmarcar donde se viu o crecemento e a evolución das máis novas que empezan a botarse o equipo a espalda. Na segunda parte e feitos os cambios o equipo intentaba seguir xogando o mesmo e atoparía o gol de Raquel, tras un rexeite nun balón parado para o 0-3 definitivo. De aí o final un partido moi tranquilo e sobre todo moi serio durante os 90 minutos“.

AD Nicrariense : Luz, Alicia, Sofía, Kayla, Aya, Noa, Carla, Candela, Laura, Paula e Mencia. Tamén xogaron : Lenia, Iria, María e Myriam.

CF Mazaricos : : Valeria, Silvia, Paula Maneiro, María Senra, Mariña, Fátima, Buján, Claudia, Ánxela Lúa e María Antelo. Tamén xogaron : Leire, Antía, Raquel, Katia e Araceli.

Goles : 0-1, Silvia, (8´ de penalti); 0-2, Silvia, (22´), 0-3, Raquel, (76´).

Árbitro : Bárbara Ana Álvarez.

 

Próximo encontro

CF Mazaricos-Bergantiños FC B

SD Dubra-AD Nicrariense

 

Descansou : Bergantiños FC B

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN-

 

*****

 

-Comentarios : Os adestradores

-Foto Muxía, montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Foto UD Cerqueda : Dani García