Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios.
O encontro estelar deste inicio de 2024 era o que enfrontaba ao Corme e ao Dumbría, (2º contra 1º), e coas terceiras, (Muxía), descansando por calendario. As dumbriesas que se puxeran no máis alto da clasificación tras golear o Muxía cun contundente 10-0, tiñan a oportunidade de abrir fenda coas segundas, xa que ademáis contan con un encontro menos, pero o Corme que colleu o sistema de Indurain, foi pouco a pouco e sempre ao mesmo ritmo, e ao final consigueu neste encontro meterse de primeiro, romper a invatibilidade do Dumbría, e ser lider e único equipo invicto da categoría. Non se pode tachar como sorpresa en sí, pois foi traballo constante do grupo, e esto fai que a liga se aprete máis e de que o grupo que parece invinciuble unha semana poña os pés na terra a seguinte. Si foi sorpresa a derrota do Ponteceso na casa, pola posición en liga de ambos equipos, pero as pontecesanas seguen enganchadas a zona nobre a que tamén se engancha o Mazaricos. Espéranos un segundo treito de liga moi emocionante e con varios equipos que xa creceron moito e darán máis dunha ledicia aos seus afeccionados.
Se falta algun comentario de algún adestrador, tan pronto nos chegue subiremolo o encontro correspondente, polo que as crónicas non quedan pechadas ata estar todos.
Para maior disfrute destas crónicas recomendamos miralas en ordenador xa que o formato das fotos e dos textos vai en tamaño de alta calidade.
-CRÓNICAS 14ª XORNADA-
O Corme alcanzou a cima neste inicio de ano.
Corme CF 2-0 CF Dumbría
Rubén Souto, (Adestrador do Corme FC) : “Partido durísimo contra o Dumbria , para min o gran favorito o título de liga, un equipo diseñado para loitar por ascender, non solo a segunda, incluso a primeira autonomíca diría, con un montón de recursos a nivel individual e colectivo. Penso que como entrenador non hai mellor sensación que traballar un plan de partido e que se cumpla tal cual o anticipaches, e así foi, primeira parte donde fomos superiores e incluso lle quitamos o balón o Dumbria en moitas fases dese primer tempo, non sufrimos nada en defensa e xenerabamos tanto a partir dunha presión alta moi ben feita, como xenerando nos con balón.
Fomos o descanso xa xustos de gasolina e a volta non fomos capaces de activarnos o mismo nivel que na primeira parte e empezamos a conceder mais espacio por dentro, elas a partir de ahí empezaron a xenerar xogo e e en consecuencia facernos moito daño, tocou sufrir, pero tamen o habíamos falado e soupemos facelo, incluso recibindo dous paus, dous Mans Mans que parou espectacularmente Belén e varios corner e tiros lonxanos, non nos desanimaron en ningún momento e acabamos sacando os 3 puntos contra un auténtico equipazo. Quero darlle as gracias a nivel individual a Suso, o noso entrenador de porteiras, que levan traballando Belén e él desde o verán sin parar e hoxe viuse o resultado, GRACIAS!!“.
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “As nosas desplazaronse ata o Cairo, para xogar o primeiro partido deste 2024. Na primeira metade viuse dous equipos muy diferentes, as locales coas ideas muy claras e as nosas máis dubitatibas e sin encontrarse comodas en ningun momento, ainda así, teriamos unhas cuantas chegadas perigrosas, pero sin ningunha claridade, co 0-0 as locales eran as máis metidas sin conceder en defensa e muy perigosas en ataque, merecendo máis nesta primeira metade e metendo o primeiro gol tras unha segunda xogada tras un corner a favor, esto faría que as nosas se desestructuraran durante uns minutos, onde as locais aprobeitarían para facer o 2-0 que nos levaría o descanso
Na segunda metade e coas ideas moitísimo máis claras, as nosas serían capaces de implantar o seu xogo e xerar ocasions moito máis claras e sin apenas conceder en defensa, como normalmente nos teñen acostumadas, entre que non estubemos acertadas e as locais estaban defensivamente muy metidas non lograríamos acercarnos no marcador pese a nesta parte si merecer un pouquiño máis. Duro golpe que nos fai ver que esta liga non e tan sinxela como amosaba ser e de seguro nos fai traballar máis duro para lograr o obxetivo que temos marcado. Sobre todo dar a noraboa o Corme, 3 puntos merecidos!”.
Corme CF : Belén, Laura, Irene, Ana, Cris, Olalla (Mónica), Ana (Lucía), Nati (Candela), Carla., Nerea (Aurora) e María
CF Dumbría : Lisette, Laura, María, Kelly, Eva Lema, Paula Fandiño, Juliette, Claudia, Noa, e Sabela. Tamén xogaron : Paula Carril, María Pérez, Reyes, Alba e Yolanda.
Goles : 1-0, Natalia, (36´); 2-0, Carla, (40´).
Árbitro : Manuel Castro. Amonestou polas cormeláns a Cristina e a Noa e Eva Lema polas dumbriesas.
Próximos encontros
Corme CF : Descansa
CF Dumbría-UD Corcubión
UD Corcubión 1-1 Bergantiños FC B
Rubén Castillos, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido con moitisimas baixas entre enfermedades, lesións e examenes, algunha ata xogou enferma e destacar o bo partido de Elena como extremo sendo porteira. O Bergantiños intentaba ter posesión e combinar e nos facer dano nas transicións…así foi o noso gol ao principio, roubo de Alexandra, pase ao espacio a Maria e esta remata de vaselina. Na segunda costounos máis e nunha boa combinación das visitantes nos empatan”.
Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “A espera do comentario…”.
UD Corcubión : Alexia, Alexandra, Marta, Cristina, María, Helena, Elena, Ana, Andrea e Paula. Suplentes: Elisa.
Bergantiños FC : Sofía, Carla, Arancha, Valeria, Aroa Varela, Aroa García, Jimena, Antía, Ainhoa, Erika, e Amelia. Tamén xogaron : Clara, Sara e María.
Goles : 1-0, María, (7´); 1-1, Antía, (57´).
Árbitro : Manuel Trillo. Non amosou ningún cartón.
Próximos encontros
CF Dumbría-UD Corcubión
Bergantiños FC B-Ponteceso SD
******
Ponteceso e Nicrariense saindo o Pinguel.
Ponteceso SD 0-1 AD Nicrariense
O equipo pontecesán gardou un sentido minuto de silencio antes do encontro na memoria de Andrea, tráxicamente falecida en accidente de tráfico fai uns días, (D.E.P.), e que era amiga e coñecida da gran maioría das compoñentes do equipo.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Volta aos terreos de xogo tras o parón de Nadal. Tocaba enfrontarse no primeiro partido do ano ao Nicrariense nunha tarde no que o equipo local non lle saíron as cousas. Durante todo o partido as xogadoras de Curro tiveron moitísimas ocasións, sobre todo na segunda parte, que tanto o bo facer da porteira visitante como os tres paus evitaron que as do Puenteceso poideran meter o balón na portería. O único gol do encontro chegaría tras un fallo da defensa no que unha xogadora visitante quedaría man a man coa gardameta María. A porteira local fixo unha gran parada pero non puido evitar que o esférico volvera aos pés da futbolista do Nicrariense, que aproveitou para finalizar en gol.
As locais tiveron moitas máis oportunidades pero o Nicrariense soubo empregar moi ben as súas para marchar do Pinguel impedindo que as de Curro sumaran puntos. A próxima semana, último partido da primeira volta contra o Bergantiños B. Toca repoñer ánimos e acabar da mellor maneira esta primeira tanda de partidos“.
O equipo mandoulle ánmos a compañeira Virxi operada fai uns días.
Ponteceso SD : María, Noe, Myre, Silvia, Saray, Mel, (Noemí 45′), Eva, Muíño, Oanes, Claudia, Andrea. Tamén xogaron : Lucivili, Candela, e Laura R.
AD Nicrariense : Luz, D´Elenia, Alicia, Aitana, Sofía, Noa, Carla, Cristina, Laura, Paula e Mencía. Tamén xogaron : Kayla e Daniela.
Goles : 0-1, Daniela, (60´).
Árbitro : Luis Mourelle. Amonestou a visitante, Mencía.
Próximo encontro
Bergantiños FC B-Ponteceso SD
AD Nicrariense-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”
*****
Cabana SD 1-5 CF Mazaricos
Jose Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido no q as locais se presentaban co varias baixas e con xogadoras saidas de convalecencia o que fixo que según foron avanzando os minutos se notase demasiado a inactividade. Primeiro tempo mais igualado no que o Mazaricos aproveitou duas indecisión da zaga e porteira locales pa poñerse por diante cun 0-2. Recuperouse o Cabana e Inma acurtou distancias nun primeiro tempo igualado. Xa na segunda parte o Mazaricos foi mui superior e aproveitou o baixon local pa marcar tres goles máis”.
Juan M. Tunas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido que empezaba moi ben para as nosas adiantandonos con dous goles de Tamara. A partir de aí o equipo caiu na relaxación o que fixo que a saida dunha falta nos recurtaran distancias. Ata o descanso o equipo estivo moi tenso e nervioso con balón e mismo puido o equipo rival empatar o encontro. Ben é certo que tivemos un par de acercamentos que puideron reflexar o 1-3 antes do descanso. A saida dos vestuarios saimos con unha cara totalmente renovada e empezamos a xogar moito mellor e a ser moito mais intensas que as rivais. Volvia Tamara facer o terceiro, e novamente o cuarto nun partido que demostrou que esta categoria lle queda demasiado pequena. Xa para rematar facia raquel o 1-5 definitivo nunha boa xogada entre ela e María Senra“.
Cabana SD : Míriam, Aitana (Nuria), Antia (Begoña), Sheila, Valeria, Inma, Iría (Natalie), Isabel (Jessi), Alison, Adriana, Saray.
CF Mazaricos : Valeria, Silvia, Tamara, Ánxela, Lúa, Claudia, Antía, Iria, Katia, Fátima e Mariña. Tamén xogaron : Paula Maneiro, Paula Rodríguez, María, Raquel e Araceli.
Goles : 0-1, Tamara, (10´); 0-2, Tamara, (15´), 1-2, Inma, (2´); 1-3, Tamara, (56´); 1-4, Tamara, (60´); 1-5, Raquel, (79´).
Árbitro : Óscar Rey. Amonestou a Tamara do Mazaricos.
Próximos encontros
SD Dubra-Cabana SD
CF Mazaricos-CF Muxía
*****
O Cerqueda no “Vicente Carril”.
EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 3-0 UD Cerqueda
Juan Cabrejo, (Adestrador do EF C. Camariñas ” Juan Cabrejo”) : “Boa victoria para empezar o ano ante un rival que nos esixiu emplearnos a fondo en determinados momentos do partido. O gol de Nuria na primeira parte dounos tranquilidade e tras o segundo gol de Maira no inicio da segunda as cousas xa se nos puxeron de cara, e co terceiro de María, sentenciamos definitivamente o encontro.
Boa vitoria para continuar crecendo como equipo”.
Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido igualado na primeira metade na que o Camariñas adiántase a balón parado.
Na segunda parte foron moi superiores en liñas xerais“.
EF C. Camariñas ” Juan Cabrejo” : Keren, Uxía, Rocío, Carla, Paula, Lara, Nuria, Laura Pose, María, Cristina e Saray. Tamén xogaron : Desiree, Maira, Ainoa, María Cristina e Ana Belén.
UD Cerqueda : Paula, Jimena, Lucía, Tania, Tatiana, Lorena, Raquel, Vanesa, Uxía, Mariña e Inés. Tamén xogaron : Carla, María Isabel, Sara e Alba.
Goles : 1-0, Nuria, (24´); 2-0, Maira, (52´); 3-0, María, (77´).
Árbitro : Miguel Blanco. Non amosou cartóns.
Próximo encontro
UD Cerqueda-CF Noia B
AD Nicrariense-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”
******
CF Noia B 1-0 Outes FC
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Partido moi disputado en Noia, donde a primeira parte as locais atacaron máis, e acadaron un gol por despiste noso. A segunda parte empezaba moi diferente e era o Outes o que presionaba sen parar, con varias ocasións para marcar pero sin éxito. E asi morreu o partido, co equipo visitante atacando. Seguiremos traballando para mellorar. Aproveitar para felicitar o ano o resto das compañeiras, compañeiros e xogadoras”.
CF Noia B : Noelia, Marta, Aida, Noa, Elena, María, Aitana, Uxía, Mercedes e Nerea. Tamén xogaron : Paula, Leila e Zaira.
Outes FC : Soledad, Natalia, Claudia, Alicia, Uxía, María Engracia, Paula, María Molinos, Míriam, Carla e Carmen. Tamén xogaron : Lara, Mariña, Erika, Claudia e Xeila.
Goles : 1-0, Uxía, (23´).
Árbitro : María Ángeles Suárez. Amonestou a Natalia, Uxía e Carmen, do Outes.
Próximo encontro
Outes FC-SD Fisterra
UD Cerqueda-CF Noia B
******
SD Fisterra 3-2 SD Dubra
Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido que dende o primeiro minuto saimos a dominalo e levarnos a vitoria. Tivemos que remontar un 0-2 en contra a media hora de partido. O borde do descanso tras varias ocasións recortamos distancias con un gol de Elena. Na segunda parte fomos claros dominadores do xogo e tras moito traballo empatamos o encontro con gol de Andrea. Na derradeira xogada do partido Andrea, tras una xogada individual, facía o gol da remontada final. Felicitar as razapas polo gran partido que fixeron e xa toca pensar no partido da próxima semana“.
SD Fisterra : Lucía Fernández, Isabel, Tamara, Andrea, Zeltia, Elena, Jimena, Xaira, Tatiana, Aroa e Lucía Marcote. Tamén xogaron : Adela, Antía, Rosa María e Sandra.
SD Dubra : Sara, Erika, Xeila, Elena, Lara, Paula, Asia, Daniela, Lucía, Analia e Noa. Tamén xogaron : Victoria e Nerea.
Goles : 0-1, Daniela, (15´); 0-2, Daniela, (36´), 1-2, Elena, (34´); 2-2, Andrea, (71´); 3-2, Andrea, (90´).
Árbitro : Andrea Barbeira. Amonestou ao adestrador local.
Próximo encontro
Outes FC-SD Fisterra
SD Dubra-Cabana SD
Descansou : Muxía CF
*****
-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-CALENDARIO COMPLETO COS RESULTADOS DO XOGADO : PREME AQUÍ
*****
-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Foto : Corme : Fin Lema
-Foto UD Cerqueda : Dani García