CRÓNICAS 12ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O CASTRÍZ SIGUE INTRATABLE, O MUXÍA SEGUNDO CO MAZARICOS QUE SUBE O TERCEIRO POSTO COS PUNTOS DOS MUXIÁNS”.

 

-COMENTARIO XERAL-

Coma en cáseque tódolos campos e ligas a suarada con moita chuvia condicionou moito os encontros, en algúns campos xogouse máis ao watterpolo co fútbol, pero o apretado dos calendarios con tantos encontros fai que encontros que deberían ser suspendidos se xoguen, co perigo que conleva para os xogadores e ca asistencia practicamente nula de afeccionados. A diferencia?…o encontro que se xogou o sábado antre Muros e Mazaricos cas gradas do Eleuterio Balayo repletas e cos deportistas disfrutando do partido. Para mostra aquí vos deixamos un vídeo de Fernando Domínguez delegado do SD Ameixenda da 3ª da Costa, no san Paio de Refoxos de Cee.

No que se refire a xornada, o Castríz segue forte e goleou a un Camelle que só tivo que aguantar o chaparrón do tempo e o do equipo lider. O Muxía sufreu para gañarlle a un Volantes que se reforzou e que amosou moito cambio no seu xogo e mereceu o empate. O mazaricos póñese terceiro tras gañar en Muros e cos mesmos 25 puntos co Muxía, ambos a 7 do Castriz. Caeu de novo o Porteño nun mal encontro e xa ten o Corme a 1 punto, na loita pola promoción, para a que se ven acercando pouco a pouco o Camariñas, Coristanco e Outes, equipos que veñen en racha ascendente. Os coristanqueses príavaos de estar loitando por todo os 5 empates que leva, pois é dos que menos encontros perdeu, con só 2. Por abaixo ninguén puntuou ca curiosidade que caeron os 7 últimos e dos 9 de arriba só perdeu o Porteño.

 

Así se xogou en moitos campos da costa :

 

 

 

-Crónicas 12ª Xornada-

 

SD Coristanco 2-0 CF Porteño

SD Coristanco : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Fomos mellores no primeiro tempo con varias ocasiós, destacando un man a man e varias para meternos por diante e eles ca chegada do gol e pouco máis. No segundo tempo, fixemos a peor parte de toda a tempada, non demos conectado, chegando tarde, estáticos, e eles marcaban no derradeiro cuarto nunha contra e tiveron outra o pau. Quedamos cun menos pola expulsión de Juan o protestarlle o árbitro por un penalti”.

Goles : 1-0, Dani Castiñeiras, (38´); 2-0, Rodrigo, (75´).

Incidencias : O árbitro Roberto Baña expulsou con vermello direto a Juan “O vello”  no 83´.

 

Outes FC 1-0 UD Monte Louro

Alejandro Romero “Aliños”, (Adestrador do Outes FC) : “Penso que foi un partido sen un claro dominador, con un Louro moi intenso, agrupado e con gañas de romper a mala dinámica, algo que por outra parte xa esperabamos, e que nos incomodou moito, principalmente na primeira metade. Tivo dúas opcións moi claras con sendos remates ao pau, e outros acercamentos á area con sensación de perigo. Nos nesta primeira metade nos xeramos dúas ocasións tamén bastante claras con sendos remates de cabeza de Yago e Ryan. No arranque da segunda metade teño a sensación de que aparte do gol de Ryan, fomos quen de manexar os tempos do partido evitando as aproximacións do Louro. Sen embargo, no tramo final, a través do xogo directo obrigáronnos a defender en bloque baixo, creando incertidume polo corto do resultado e con unha clarisima ocasión por parte do Louro para empatar na derradeira acción do encontro. Posiblemente o empate sería o resultado mais xusto na miña opinión”.

David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Foi un partido no que recuperamos as sensacións do principio de temporada. Creo que na primeira metade puidemos adiantarnos en varias ocasións pero a pelota non quería entrar. Na 2ª parte, na primeira xogada adiantanse eles cun bo gol. O Outes mellorou e o partido estivo máis parexo, eles nalgunha contra puideron sentenciar. Nos tivemos varias ocasións para empatar pero non fomos capaces, incluida unha na última do partido que se nos vai fora por pouco. Felicitar o Outes que saben ben o que xogan, e nós a seguir traballando e mellorando para sair deste bache.

Goles : 1-0, Ryam, (47´).

 

Camariñas FC 2-0 CD Baiñas

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido xogado nunhas condicións moi duras debido ao vento e a chuvia no que finalmente conseguimos sacalo adiante con moito traballo. Primeira metade na que estivemos a favor do vento e no que tratamos de embotellar no seu campo ao Baiñas, pero non fomos quen de marcar debido a gran actuación do seu porteiro. Na segunda o campo púxose en peor estado pero tratamos de aproveitar os costados para chegar a àrea rival, e así chegarían os dous goles no treito final do encontro, ante un rival que nos puxo as cousas moi difíciles. Son 3 puntos moi bos para seguir nunha boa dinàmica”.

Ángel Insua “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Empezamos con vento en contra pero indo a presionar arriba para que o Camariñas non estivera cómodo. Estivemos ben en defensa pero eles teñen moita chispa con Mario, Soule e Djibril, que as suas ocasións tiveron. Pero aí surxiu Maikel facendo varias intervensións moi boas. Cun 0-0 fomos o descanso e cunha segunda parte con vento a favor que pensabamos que nos podía dar algo mais en ataque….fixemos un bo partido competindo e ganando duelos pero a falta de 8-9 minutos nun despiste, un dos poucos chegou un balon o segundo pau a Djibi que controla a placer e consigue romper o empate. Xa casi no desconto matan o partido nunha xoghada moi parecida a primeira. Creo que por ocasións os puntos foron xustos pero a sensación, tamen foi que peleamos e competimos moi ben. Estanos faltando algo de pichón arriba para conseguir crear peligro. Xogharon: Maikel, Raúl, Maikol, Manu, Héctor, Charlie, Oreiro, Adrian, Cristian, Kevin e Fabián. Tamén xoghou Dylan”.

Goles : 1-0, Djibril, (72´); 2-0, Julián, (86´).

Incidencias : O árbitro Óscar Rey expulsou con vermello direto a Pablo Suárez do Camariñas no desconto final.

 

Cabana SD 1-3 Corme CF

Pablo Rodríguez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido no que saimos fortes e así dispuxemos de boas ocasións e os 5 minutos adiantámonos con gol de Simón e dominamos ata que no 25 nun saque de falta nos farían o empate, e 5 despois o colexiado deixanos con un menos, (por algo que prefiro non comentar). Antes do descaso un balón logo a Lucas que atento fai o 1-2. Na segunda parte non tivemos sorte cas ocasións que tivemos e eles farían o 1-3, noutra xogada que para min e fora de xogo, e pouco mais. Moi orgulloso do traballo que fixeron os meus xogadores que non tiraron o partido en ningún momento a pesar do mal tempo e as circunstancias”.

Adrián Lema : “Adestrador do Corme CF) : “A espera de comunicación”.

Goles : 1-0, Simón, (5´); 1-1, Aitor, (25´); 1-2, Lucas, (45´); 1-3, Isra, (76´).

Incidencias : O árbitro Miguel Rodríguez expulsou con vermello direto a Miguel Blanco do Cabana no minuto 33.

 

Fran Moreira, (centro) e Manu Nogueira, (der), fixeron os goles muxiáns.

 

CF Muxía 2-1 Volantes de Baño FC

Nando Waldomar, (Adestrador do CF Muxía) : “Fue un partido con dos partes bastante diferenciadas, en la primera parte llegamos mucho a zonas de remate pero estuvimos mal de cara a portería. En la segunda tuvimos menos control, estuvimos más imprecisos y el Volantes empezó a generar jugadas de ataque, cuando mejor estaban ellos fue cuando marcamos, en resumen el Volantes de Baño va a ir hacia arriba, se notan los refuerzos y el trabajo de Gus, en ningún momento bajaron los brazos y compitieron todo el partido. A nosotros sólo nos queda ser capaces de jugar con más intensidad si queremos competir en esta liga”.

Gustavo Figueiras, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Partido dominado polo Muxía pero sen crear moito perigo de feito só tiveron dúas ocasións claras na primeira parte e nós outras dúas. Nos a pesar de ter moitas baixas planteille un partido de estar xuntos e repregados e sair a contra, e a verdade que nos saeu moi ben, ata que nunha xogada pola banda esquerda do número 20, gañou líña de fondo e cun pase atrás o lateral golpeou moi ben e meterona dentro, pero nos xusto na xogada seguinte a saida dunha falta lateral que saca Pesco e remata de maneira acrobática Borja. A partir de aí eles tiveron o balón pero sen chegar con perigo ata que no minuto 80, Manu Nogueira entra na área e Manu de Yi tropeza con él e o árbitro pita penalti. En liñas xerais xogamos un bo partido en defensa e tivémolas para sacar un puntiño polo menos”.

Goles : 1-0, Iago Muiño, (65´); 1-1, Borja, (67´); 2-0, Fran Moreira, (80´)

 

SD Castríz 2-1 Camariñas FC

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz): “Partido, como imaxino a maioría desta xornada, totalmente condicionado polo forte vento e a intensa choiva. No Castriz podemos presumir de ter o campo que mellor drena a auga de todo o fútbol da Costa, o que permitiu o xogo raso durante os 90 minutos. Saímos na primeira parte co vento en contra e co Camelle ben armado no seu propio campo, traballando moi ben a nivel defensivo, sen deixarnos ocos para progresar. Pero desta vez os rapaces leron ben o xogo e tiveron paciencia para circular o balón e forzar a aparición de espacios. Así anotaríamos dous goles antes do descanso. A segunda parte, co marcador e o vento a favor nosa, fíxoselle moi longa ó Camelle, que se defendeu ben, pero ó non ser capaces de progresar por culpa do aire en contra, acabámolos cercando na súa área e foron chegando os goles ata o 6-0 final, cos dous equipos pedindo o pitido do árbitro porque non se paraba no campo co frío e a choiva que facía”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Outra vez partido sen moita historia donde o Castríz foi moi superior. Intentamos aproveitar o vento a favor na primeira parte, e tivemos un par de ocasións nos primeiros 10 minutos, pero poñeríanse por diante eles o recoller un rexeite do noso porteiro. Intentamos defendernos e sair o contraataque pero non crearíamos perigo e eles metéronnos o segundo. Na segunda parte con vento a favor eles xa foron un aluvión, e nós defendéndonos como podíamos, e aproveitábanse dos rápidos extremos, con dous goles con sendos balóns en longo e pases da morte, e con 2 goles con tiros de fora da área, aproveitando da pouca visibilidade que creaba a choiva e tamén a pouca iluminación”.

Goles : 1-0, Juan, (12); 2-0, Adrián García, (22´); 3-0, Sebas Rial, (49´); 4-0, Iván, (63´); 5-0, Adrián García, (75´); 6-0, Álvaro, (78´).

 

Ponteceso SD 7-2 UC Cee

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O Ponteceso dominou o xogo de principio a fin. Eles están atravesando unha mala racha e ainda que despois do 1-0 conseguiron empatar, dous goles nosos nos últimos minutos da primeira parte acabaron por repercutir moito na sua moral. A nós saínos todo a pedir de boca e o dito, eles están nunha mala racha e oxalá levanten cabeza. A temporada é moi longa e da tempo a todo“.

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “A espera do comentario…”.

Goles : Primeira metade : Alberto recarey, Eloy e Pedro polo Ponteceso e Enrique polo Cee, (1-1). Na segunda metade marcaron polo Ponteceso : Alberto Recarey, Martín, (2, un deles de penalti) e Raúl. Polo Cee marcou Bruno o que era o 6-2.

 

CD Muros 0-2 CF Mazaricos

Ángel Sanandrés, (Adestrador do CD Muros) : “Primeira parte na que nos marcan pronto a saida dun corner , pero non lle perdemos a cara o partido, o mazaricos tubo as suas pero xandre estubo moy ben, e nos tamen dispusemos de chegadas a area e sobre todo unha a saida dun corner que resolve o seu porteiro explendidamente, segunda parte na que saimos ca presión mais alta ainda e un xogo mais directo gañando segundas xogadas e nas que gozamos de grandes ocasions, pero novamente o porteiro do Mazaricos desbarataba as meas de maneira soberbia, eles nunha contra logran o dous a cero, todo esto xogando dende o 46 con dez homes poña expulsión do noso lateral, moy contento do partido feito polo equipo ante todo un Mazaricos que e un gran equipo!
Partido moy limpo e moy noble por parte dos dous equipos e penso bonito de ver para toda a xente que habia no Eleuterio!!!”.

Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido entretido para os afeccionados que poblaban a grada, con moitas ocasións, nós tivemos varias ocasións moi claras na primeira metade, xogamos moi ben e conseguimos marcar rápido a raíz dun saque de curruncho executado por Borja, unhas veces fallos na definición e outras por intervencións do porteiro fixo que non fósmos o descanso cun resultado maior. Eles neste primeiro periodo tiverón só unha pero moi boa nun saque de curruncho e no segundo pau rematan e para moi ben o noso porteiro. Na segunda metade saimos moi ben e a raiz da expulsión do xogador deles relaxámonos con eles metidos no seu campo, e eles optaron o xogo direto. Destacar a potencia no saque do seu porteiro que mandaba o balón a 80 mettros cunha facilidade asombrosa, eles van a disputa e créannos 3-4 ocasións moi claras pero solventa ben o noso porteiro. Nós temos unha clarísima de Kevin, outra de Sandero moi boa, e un man a man, pero teño que destacar que eles xogando cun home menos nunca se viñeron abaixo e que o partido foi moi limpo”.  

Goles : 0-1, Manuel, (8´); 0-2, Iago Estalote, (58´).

Incidencias : O colexiado Sergio Miguens expulsou con vermello direto o xogador do Muros, Fran Rodríguez. Amonestou polos locais a Martín e Flavio, e polos visitantes a Esteban Pereiro, Brais e Maneiro.

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO COS RESULTADOS DO XOGADO : PREME AQUÍ

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

-Foto : Marina Busto