CRÓNICA : VITORIA IMPORTANTE DO MONTE LOURO SOBRE O CAMELLE E EMPATE ANTRE PONTECESO E CORISTANCO, NOS CHOQUE SABATINOS D LIGA DA COSTA.

O Monte Louro derrotaba o Camelle na tarde do sábado.

 

Na tarde previa a “Queima da Mikaela” e de dúcias de enterros da sardiña, do percebe, etc…xogáronse dous encontros da Liga da Costa, tal e como xa vos apuntamos na axenda previa de todo o noso fútbol, tanto en masculino como en feminino. O Monte Louro recibía a un necesitado Camelle no Agra de Filgueira, un choque importante para os loureses para seguirser afastando dos postos “quentes” e para os camelláns para sair deles. A vitoria foi contundente por parte dos de louro que se impoñían por 4-0, nun choque que non se rompeu ata o minuto 60 cando Luis Miguel batía por primeira vez o meta dos camelláns, Roi. O gol sentoulle mal os de Camelle que deixaron máis espazos e recibían cinco minutos o segundo por medio de Raúl. A baixada de brazos supuxo outros dous goles, que materializaban Javi e repetía Luis Miguel. Con este resultado o Monte Louro sube provisionalmente ao 11º posto con 23 puntos e os camelláns continuan na penúltima praza con 11 puntos, 3 por enriba do colista Baiñas, e a 4 do Muros que ainda ten que xogar e que marca o posto de salvación “dubidos”, pois poden baixar por arrastres algún máis de tres, como cada ano.

No outro encontro enfrontábanse Ponteceso e Coristanco, ambos equipos tratando de engancharse a loita pola promoción, polo que o empate a uns final, (1-1), non deixará contento a ningún dos dous contendentes. Dani Castiñeiras adiantaba aos da Terra da pataca aos 25 minutos de xogo, resultado co que se chegaba ata o descanso, a busca do empate por parte dos da Terra de Pondal tardou en chgar pois non foi ata o 75 cando Martín Puente batía a Rubén García, para poñer unhas táboas a un encontro que puido caer de calquera dos lados. Con estes resultado ambos seguen na mesma posición, os pontecesáns 8º con 28 puntos e os coristanqueses 9º con 26.

 

 

-Foto : Edu Olveira

-Texto : Xosé Búa “Pirata”