CRÓNICA : “VITORIA DO XALLAS, EMPATE DO CEE E DERROTA DO MIÚDAS NA 18ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1”.

O Xallas mandoulle ánimos as compañeiras Luchy e Maite fai un par de semanas.

 

A vitoria do Xallas e o empate do Cee na 18ª xornada da 2ª División Galega Feminina G1 fai que ambos equipos se manteñan na metade da táboa, as xalleiras novenas con 28 puntos e as ceenses décimas con 25, e ainda a tiro de poñerse nos postos de loita pola permanenza na categoría. Non así o Miúdas que na penúltima posición con 4 puntos están descartadas para esta loita e este ano serviralles de preparación e seguir crecendo.

O Xallas goleaba as colistas do Milagrosa por 1-4, nun choque controlado en todo o intre polas rapazas de Rupper. Pola sua banda o Cee adiantábase no marcador e a pesares de ser superiores o Carral, acabarían empatando, (1-1). O Miúdas comezou poñéndose por diante e ata en duas ocasións pero a superioridade do Brexo Lema foise facendo notoria co paso dos minutos e acabaría goleando.

Tal e como xa vos vimos informando, por uns problemas no editor deribado duns traballos de mantemento da web por parte do noso servidor, non podemos cargar artigos de moito peso, polo que faisenos imposible traer as crónicas como acostumamos, polo que pedimos desxulpas e a espera de que durante esta semana quede todo arranzado.

-Foto : Xallas FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”