CRÓNICA : SEN SORPRESAS NOS OITAVOS DE FINAL DA COPA DA COSTA.

 

Agás no encontro do máximo favorito, o SD Sofán, no resto de encontros houbo moita igualdade, pero caeu sempre a clasificación na banda dos favoritos sobre o papel. O encontro que máis se aproximou a sorpresa foi o do sábado no que o Camariñas e o Dumbría empataban a uns tralo tempo de xogo e a prórroga e tiñan que irse a lotaría dos penaltis caendo a clasificación do bando dos dumbrieses. O rival dos dumbrieses será o Mazaricos que tivo que remontar pero que na segunda metade cun home máis por expulsión dun xogador do Oza as cousas poñíanse de cara, para pasar o corte.

O Muxía sufría para pasar ante o Sporting Zas, nun choque no que se adiantaban os zacenses e remontaban os muxián con goles de Michael e Pose, para que tras empatar os de Zas, Víctor Alcaina fixera o defnitivo 2-3. Os da Vila da Barca terán como rival ao Fisterra que tamén sufreu para deixar fora ao San Lorenzo, que remontaba o gol inicial dos fisterráns, pero na segunda metade os de Fisterra acabarían impoñéndose.

 

 

O Baio deixaba fora ao Sporting Seaia nun choque que sempre estivo controlado polos de Félix Raposo e terán ccomo rival ao Ponteceso que tras poñerse 0-3 no marcador e baixar o ritmo vía como o Cerqueda se lle subía o lombo e poñíase 2-3, e con ocasións para igualar a contenda. Nestes encontros quedaron fora os dous equipos da 3ª da Costa.

Sin sorpresa no duelo antre o máximo favorito o Sofán que derrotaba por 0-3 a un Corme que sempre deu a cara, pero no treito final os sofanistas tras abrir o marcador no 75 estiveron mellor fisicamente e acabarían goleando. O rival dos de Sofán será o Porteño, equipo revelación da Liga da Costa deste ano e que sufreu para deixar fora o UC Cee, pois tras poñerse 4-1 os da Ponte do Porto baixaron o ritmo e cáseque lles costa a clasificación pois os ceenses puxéronse 4-3 e podendo haber empatado.

 

Así quedan os Cuartos de Final, que serán a encontro único o 1 de Maio, “Festa do traballo” :

 

-Foto : Luis González Botas

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”