CRÓNICA : O BERGANTIÑOS FEMININO DERROTA O UMIA B, E PONSE A DUAS FINAIS DO TÍTULO.

1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-28ª Xornada-

As bergantiñanas a duas finais de ser campionas.

 

Umia CF B 1-2 Bergantiños FC Feminino

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido novamente como en todo este tramo final, chegamos moi cortas de efectivas para xogar. Ante un rival que por circunstancias do seu primer equipo parece que vai ser arrastrado o descenso pero que fixo unha boa tempada estando na zona media da liga. Salimos algo relaxadas e non esperábamos a intensidad que querían poñer as locais, o que fixo que na primeira ocasión clara de peligro nunha mala decisión das nosas defensas se poñerian xa por diante no minuto 8. Ese gol supuxo non poder relaxarse e volver a intentar sacar o noso mellor fútbol, por sorte no minuto 13 empataba Trillo a pase de Cruz que facia que as locais perderan ese impulso inicial. Na segunda parte abriuse un pouco mais o partido tendo ocasións os dous equipos a nos salvounos algún pau e a elas algún fora de xogo moi dudoso, cando parecía que acabaría o encontro en empate no 75 aparecía Cruz nunha indecisión das centrales e porteiras local nun balón que poñia Mini dentro da área, para recollelo e facer o gol“.

Bergantiños FC Feminino : Noelia,Ana, Andrea, Sofía, Zaida, Cruz, Isa, Trillo, Ainhpoa, Laura Caamaño e laura Muñiz. Tamén xogaron : Jessica, lara e Blanca.

Goles : 1-0, Nuria, (8´); 1-1, Trillo, (13´); 1-2, Cruz, (75´). 

Árbitro : María del Pilar Vilas. Amonestou a Lía polas locais e a Laura Muñiz e Trillo polo Bergan.

 

Clasificación

O Bergantiños, sigue a ser ser lider con esta vitoria, co SD Orzán, como único rival polo título. As herculinas teñen esta semana un complicado duelo co Atlético Arousana, para logo o que pode ser unha finalísima co Orzán-Bergantiños da derradeira xornada. Na loita pola promoción, a que van os 4 primeiros, o Tomiño está fora a 4 puntos por 6 por disputarse.

-Primeiras 5 prazas-

Bergantiños FC : 65

Orzán SD : 65

 SD O Val : 54

 Lóstrego CF B : 54

 Tomiño FC : 50

(Van a promoción de ascenso os 4 primeiros)

 

Proximo encontro

O Bergantiños recibe no “As Eiroas” na disputa da penúltima xornada de liga ao Escuela FB Amistade, 13º clasificado con 26 e loitando por afastarse do descenso direto, que ten a 3 puntos. O encontro xogarase o vindeiro 12 de Maio a partires das 12:15 horas.

 

 

 

 

-Foto e comentario : Departamento de prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Piarata”