CRÓNICA : O BERGANTIÑOS FEMININO ASEGURA A PROMOCIÓN TRAS DERROTAR AO SPORTING CAMBRE E BUSCARÁ A TERCEIRA PRAZA NA DERRADEIRA XORNADA DA 1ª GALEGA FEMININA.

1ª División Galega Feminina

As bergantiñanas saltaron o campo cunha camiseta de ánimo a sua compañeira Inés.

 

-29ª Xornada-

Bergantiños FC 2-2  Sporting Cambre

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC Feminino) :  “Partido cun arranque de alta intensidade e de xogo moi directo que se converteu nun corre rúas onde as peores paradas foron en ámbalas zonas defensivas. O Cambre abría o marcador no minuto 12 logo dun bo gol da súa dianteira de vaselina sobre Ainhoa, pero Trillo poñía o empate xa no 16 tras unha xogada maradoniana levándose a todas defensoras que lle saían ao paso. As visitantes estaban cómodas con ese xogo e no 27 volvían adiantarse no marcador, pero o Bergan sempre moi metidas no partido non lle daba tranquilidade e Cruz no 30 facía o empate a 2 que pechaba a primeira parte. A segunda metade, tras uns cambios na zona defensiva e un xogo máis impreciso fixo que non se crearan moitas ocasións, ata que a capitana Cruz facía o 3-2 difinitivo nos minutos finales do encontro”.

Bergantiños FC : Ainhoa, Noelia, Lara, Valeria, Carla, Cruz, Alba, Sara, Trillo, Alejandra, Laura Caamaño e Blanca. Tamén xogaron : Alba, Valeria, Carla, Clara e Sarai.Gabriela, Paula, Sarai e Paula Muñíz.

Goles : 0-1, Andrea, (12´); 1-1, Trillo, (17´); 1-2, Andrea, (17´); 2-2, Cruz, (31´); 3-2, Cruz, (85´).

Árbitro : Pablo Rama. Non ensinou ningún cartón.

 

Proximo encontro

O Bergantiños remata a liga visitando no “Santa Isabel” de Santiago ao Victoria FC B, 5º clasificado con 51 puntos, o Domingo 14 de Abril ás 17:00 horas, (se non hai troco). Na primeira volta o equipo bergantiñista venceu 2-1 ao equipo santiagués, na 15ª xornada da liga 2022/23. 

 

Clasificación

As carballesas chegan a derradeira xornada da liga na 4ª praza, ca promoción de ascenso asegurada. As bergantiñanas teñen a tiro a 3ª praza que ocupa o CD Lugo que nesta xornada empataba a ceros co SD Antas. As lucenses rematan a liga recibindo no “A Cheda” ao Tomiño FCF, 7º clasificado.

 

-Fotos : Depart. Prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”