CRÓNICA : “O BERGANTIÑOS FEMININO ACADA O PASE A FINAL POLO ASCENSO TRAS UN CHOQUE DE INFARTO ANTE O TORDOIA”.

1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA-FASE ASCENSO

Ledicia nas  bergantiñanas que na primeira metade viron perigar o pase a final.

 

-Semifinal-

(Encontro único)

Bergantiños FC 6-3  SD Tordoia

 Semifinal no que se xogaban os equipos a tempada e que era toda unha incógnita pois o Torodia atragantárase o Bergantiños na liga regular no derbi zonal, pero desta volta o encontro que ían gañando 0-3 no primeiro tempo as tordoiesas, que foron moi superiores, deu unha volta de 360º na segunda e nunha espectacular posta en escea as carballesas conseguiron empatar, e logo na prórroga remontaron ata acabar goleando. As tordoiesas quedaban cunha xogadora menos no 75, cando Carla vía o segundo cartón amarelo e ante o empuxe bergantiñista acabaron sucumbindo, tendo ademáis tan só duas xogadoras de recambio e a porteira suplente.

Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Noelia, Paula Sieira, Eva, Cruz, Alejandra, Trillo, Blanca, Soafía, Sofía e Paula Paredes. Tamén xogaron : Laura, Alba, Gabriela, Valeria e Sarai.

SD Tordoia : Nuria, Leticia, Andrea, Selenia, Rebeca, tamara, Marta, Jasmina, Carla, Ana Carreras e Ana Fuentes. Tamén xogaron : Laura, Alba, Gabriela, Valeria e Sarai.

Goles : 0-1, (21´); 0-2, (43´); 0-3, (45´); 1-3, (47´); 2-3, (65´); 3-3, (89´); Prórroga : 4-3, (92´); 5-3, (98´); 6-3, (112´de penalti).

Árbitro : Bruno Méndez axudado nas bandas por Luis Mourelle e Álex Areosa. Amonestou a Paula Paredes, eva e Isabela, polo Bergantiños e aos técnicos do Tordoia, Ángel González e Alejandro Espiñeira e expulsou a sua xogadora, Carla con dobre cartón, (17´e 75´).

 

Proximo encontro

Final polo ascenso a dobre encontro ante o CD Lugo, co primeiro encontro, (en principio o 28 de Maio), nas Eiroas de Carballo.

 

MANIFESTACIÓNS DE GUELI COTELO

 

 

-Fotos e Vídeo : Depart. Prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”