CRÓNICA E RESULTADOS 7ª XDA DIVISIÓN DE HONRA DE VETARNOS : “O SAN RAMÓN ESCÁPASE APROVEITANDO A DERROTA DO PONTECESO ANTE O ZAS QUE SE SITUA SEGUNDO”.

 

O ACD San Ramón Veteranos golea ao Corcoesto e o Sporting Zas o Ponteceso, no que era o encontro da xornada, o que fai que os pontecesáns caian a cuarta praza da clasificación e os zacenses ocupen en solitario a segunda, a 3 puntos do San Ramón. Quedan agora Coristanco, Ponteceso e San Román, empatados a 13 puntos a 3 do segundo e 6 do lider.

Por abaixo terceira xornada en positivo do SD Oza, que empataba co Veteranos CF Dumbría, que tamén sumaba a terceira xornada consecutiva puntuando, tras unha xeira de 3 derrotas seguidas. O Castriz tras 4 empates seguidos volveu a caer e ainda non coñece a vitoria e o Corme, actual colista, suma a primeira vitoria do curso na sua visita o Soneira.

 

-O ENCONTRO DA XORNADA-

 

Sportins Zas 5-2 ADC Veteranos Ponteceso

Goles : 1-0, César, (38´); 2-0, César, (42´); 3-0, César, (49´); 3-0, Jaime, (72´); 4-1, Freijeiro, (76´); 5-1, Martín, (77´); 5-2, Freijeiro, (78´).

Campo : San Andrés, (Zas).

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

 

-PREVIA 8ª XORNADA-

 

 

-Foto arquivo, montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”