CRÓNICA DA XORNADA NA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS E NA 1ª GALICIA DE VETERANOS E PREVIA DA VINDEIRA XORNADA.

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS

-10ª XORNADA-

O encontro da xornada e que podía darlle vidiña a liga era o que enfrontaba ao lider San Ramón e ao que era segundo clasificado Sporting Zas, pero o lider saeu forte e xa se ía o descanso co resultado de 2-0 con goles de Nando e Alejandro. Na segunda metade Mario facía o definitivo 3-0. Aproveitou o Ponteceso ca sua vitoria por 5-2 ao Oza, para subir o segundo posto mandando os zacenses o terceiro, e o Razo que ascendía a cuarta praza tras derrotar o Coristanco a domicilio, 0-3, e fixo que se de un triple empate a 17 puntos do San Román e o propio Coristanco, todos eles na loita polo podio, pois a liga está o de agora moi decantada para o San ramón, con 7 puntos sobre o segundo, Ponteceso. Por abaixo o Soneira acadaba a segunda vitoria consecutiva e comeza a despegarse do descenso, tras derrotar pola mínima ao Corcoesto, rival direto, e xa colleu a 13 puntos o Dumbría que non pasaba do empate ante o Cabana, (1-1), que foi o único dos de abaixo que punutaba, para sumár 2 máis co Corme, que caía ante o San Román, (1-7), 5 o Oza que caía ante o Ponteceso por 5-2, e 6 sobre o colista, Castríz, que caía pola mínima ante o San Lorenzo.

Clasificación : PREME AQUÍ

PREVIA 11ª XORNADA

 

1ª GALICIA DE VETERANOS DA COSTA

-8ª XORNADA-

 

Sigue co pleno de vitorias o lider Atlético Carballo tras gañar no derbi ante o Deportivo Carballo, 7-0, e sendo o equipo máis realizador con 42 goles a favor e o menos batido, con tan só 6 goles encaixados nos 8 encontros que disputou, pero ten na horma do seu zapato o Cances, que chega por detrás con 22 puntos 2 menos cos capitalinos dun empate que sumaron os da parroquia carballesa, que derrotaban o veciño Sofán por 0-5. Tamén sigue na loita, neste caso ola promoción ou o segundo posto, (a día de hoxe), o Mazaricos, que derrotaba a domicilio ao Soandres, (0-3), e ponse a 4 puntos dos segundos e en posto de promoción, xunto co Malpica, que gañaba con apuros o Bértoa, (2-1), para situarse con 16, dous puntos por debaixo dos mazriquenses, ocupando o cuarto chanzo da clasificación. Xa moi lonxe o Leiloio empataba co Nantón, (1-1), e antre eles situase o Fisterra, que sumou ante o Buño a sua segunda vitoria do campionato, (0-1). 

Clasificación : PREME AQUÍ

PREVIA 9ª XORNADA

 

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”