CRÓNICA 1ª GALEGA FEMININA : O BERGANTIÑOS LOGRA IMPOÑERSE O AMISTADE NUN ENCONTRO MOI TRABALLADO PARA SEGUIR LIDERANDO EN SOLITARIO.

 

1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-15ª Xornada-

As bergantiñistas comezan o ano sorrindo tras unha vitoria moi traballada.

 

EFB Amistade 2-3 Bergantiños FC

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Volta a rutina da liga despois do parón navideño, donde recuperamos xogadoras pero aún con falta de ritmo competitivo. Partido dividido en varios tramos de xogo donde fomos dominadoras pero que tamen sufrimos sin balón, unha primeira parte sin moitas ocasións de goles para ambos equipos.

Na segunda parte cambiaría eso totalmente, oportunidades claras donde seríamos máis efectivas para poñernos 0-2, con goles de Trillo e Blanca de penalti, eso fixo que as locais arriesgaran mais, e en 10 minutos de locura conseguían o empate a falta de 10 minutos para acabar o partido, eso fixo que tuveramos que poñer novamente o traxe de traballo e pelear e despois de algunha ocasión fallada xa no minuto 90, Laura Caamaño collia un rechace sobre o medio campo e golpeaba a portería e entraba pola escuadra e poñer o definitivo 2-3 e empezar o ano con victoria”. 

EFB Amistade : Lidia, Ariadna, Martina, María, Azuleima, Natalia, Nuria, Mishelle, Sara, Andrea e Eva. Tamén xogaron : Lara, Zaira, Claudia, Beatriz e Sabela.

Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Noelia, Zaida, Isa, Trillo, Alejandra, Laura Caamaño, Blanca, Sofía, e Laura Muñíz. Tamén xogaron : Jessica, Ana, Cruz e Andrea.

Goles : 0-1, Trillo, (68´); 0-2, Blanca, (71´de penalti); 1-2, Sabela, (77´); 2-2, María, (80´); 2-3, Laura Caamaño, (90´).

Árbitro : David Sierra. Amonestou a local Ariadna

 

Proximo encontro

O equipo carballés recibe no As Eiroas o  Orzán SD o vindeiro Domingo 14 de Xaneiro do 2024, ás 16:15. Encontro do máis atractivo xa que as carballesas poderían abrir fenda co segundo que é o filial deportivista.

 

CLASIFICACIÓN

O Bergantiños inicia o ano, como despideu o 2023, no máis alto en solitario con 32 puntos, 4 por enriba do segundo clasificado o Orzán, que será o seu próximo rival en Carballo.  Premendo no enlace podes ver a clasificación ao completo con tódolos resultados da xornada.

 

CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO CON TÓDOLOS RESULTADOS DA TEMPADA : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : Redes e Prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Gueli Cotelo