CORME E XALLAS PASAN A GRAN FINAL DA “COPA DA COSTA XUVENIL”.

O Xallas celebrando o pase no campo cabanés.

 

Corme e Xallas acadaron o pase a final da Copa da Costa Xuvenil, tras derrotar ao Sofán e Cabana respectivamente, en dous choques que non se decidiron ata o final. No caso dos xalleiros conseguiron a goleada na prórroga cos cabaneses tratando de queimar as naves para pasar. No caso dos cormeláns, no derradeiro suspiro do choque.

 

Corme CF 2-0 SD Sofán

Valeulle aos cormeláns e moito o gol de Brais Calvo no encontro de ida cando se acababa o encontro no Carral. Traía unha ventaxe de 2-1 o equipo sofanista do encontro da pasada semana, pero non foi suficiente, pero polos pelos, pois os cormeláns gañaban por 1-0, cun tanto de Hugo no 53´, pero non foi ata o desconto cando chegaba a euforia aos do Cairo, pois o gol que lles daba o pase chegaba cando menos se esperaba. Xoeel batía a Lucas Rey sen tempo para máis e levábaos a finalísima.

Cabana SD 1-4 Xallas FC

Unha ledicia ver de volta a Fernando Mato, adestrador cabanés, que nos conta a sua visión do encontro : “Partido moi disputado durante os 90 minutos. Púxose nada máis empezar o noso favor, xa que o árbitro pitaba un penalti a favor noso, pero non era o noso día, e fallábamolo. Houbo ocasións para o Xallas, e tamén para nós, pero éramos nós os que nos adiantábamos cun gran remate de Javi, (63´), e tendo ocasións, sobre todo en faltas lanzadas por Hugo, e podendo aumentar a diferencia, pero sería nun erro noso donde nos empataba o equipo xalleiro por medio de Javier Caamaño, (77´), e coa eliminatoria igualada chegábamos o final do partido. Pasouse a prórroga e a nosa plantilla que é moi corta, contando con cadetes para completar, pero xa foi así durante toda a liga. Marcaba o Xallas na primeira metade da prórroga por medio de Daniel Loureiro o 1-2, e non nos quedaba máis que arriscar, xa que para pasar tíñamos que marcarlle 2 goles nos 15 minutos da segunda parte da prórroga, e eles a contra meteríannos 2 goles máis, (Daniel Barreira e Adrián Periscal). Teño que dicir dos rapaces que demos a talla tanto en liga como en copa A sorte tampouco nos acompañou pero competímoslle a grandes plantillas e eso e o principal. Desexarlle sorte ao Xallas e tamén ao Corme, que son os finalistas desta copa”.

-Foto : FaceBook Cabana SD

-Texto : piratasdemuxia