CF NOIA E UD CERQUEDA TOMAN VENTAXE NA IDA DA PREVIA DA “II COPA DA COSTA FEMININA”.

 

 

CF Noia 4-3 UC Cee

plantoulle cara o equipo ceense ao campión de liga nun choque xogado de poder a poder, e no que se adiantaban as noiesas aos 6 minutos por medio de Sandra, e igualaba para as de Cee, María Lijó, 6 minutos despois. Un gol en propia porta de Alba, poñía de novo por diante as de Noia no 17, e pouco despois, Lucía Martínez, 82-1), poñía de novo as táboas no marcador. 

Pouco lles duraba a ledicia as ceenses, pois Noelia e Celia, (29´e 39´), poñían en clara ventaxe as sureñas, antes do descanso.

Na volta de vestiarios as da Vila da Xunqueira, acurtaban distanzas por medio de Nerea, (61´). Resultado que xa non se movería, pero que deixa todo aberto para a volta en Cee.

ED As Miúdas 1-3 UD Cerqueda

Bo resultado das cerquedenses que fixeron unha gran primeira metade na que se puxeron 0-2 con goles de Naroa, (17´), e Paula, (42´). Na segunda, as muradanas sairon sen nada que perder e acurtaban distanzas por medio de Leti, (55´), pero un minuto despois Isabela facía o que xa sería o definitivo 1-3.

-Foto e Texto : piratasdemuxía