CARMELO DEL POZO FALOU SOBRE A SITUACIÓN DO MERCADO PARA O DEPOR

 

Carmelo del Pozo dei contada explicación dos puntos de interese no mercado do Depor

O Director Deportivo do RC Deportivo, Carmelo del Pozo pasou por rolda de prensa para presentar en sociedade ao marfileño Mamadou Koné, (do que tedes o vídeo nos nosos “Vídeos Recomendados”), e atendeu as preguntas dos xornalistas, e algún que non o é, falando do estado das negociacións no mercado do Depor.

Carmelo dixo que en “24-48 horas non haberá ningunha novidade en canto a chegadas”, e que tamén nas saidas Está todo moi parado, houbo un intre no que se aceleraron cousas e agora está todo máis parado, pero segundo pasen as semanas iranse apurando as cousas de novo”.

Dixo que agora mesmo están traballando , “máis nas saidas”, como pode ser nos laterais dereitos que hai 4, namentras que no esquerdo, “hai cousas moi avanzadas pero inda non é o intre de rematalas”. Negou o interse por Andoni López, “nen se falou nada siquera, non houbo ningúnha operación por él”.

Segue a apuntar que en “todolos postos, agán no lateral dereito, se se vai alguén, virá outro, como estamos facendo”.

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa de Carmelo del Pozo e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies