NOVAS BREVES
Pablo Marí cunha elongación
Segundo nos informan dende o RC Deportivo : “Pablo Marí sufriu unha elongación do músculo semimembranoso da súa coxa esquerda, polo que permanece con tratamento de fisioterapia e en repouso deportivo. En función da súa evolución, o central deportivista incorporarase acto seguido ás tarefas de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co equipo”. Isto faino seria dúbida para o encontro do Domingo, e xa Natxo González fixo probas con Somma no seu posto.
Dani Giménez e Domingos Duarte mañán en Carballo
Mañá mércores 27 ás 19:00 horas, o salón Luckia de Carballo (Avenida de Ponte da Pedra, 18. Carballo) acollerá un acto de firmas coa presenza dos xogadores do Real Club Deportivo Dani Giménez e Domingos Duarte. Os xogadores branquiazuis sortearán e entregará aos gañadores, de entre todos os presentes no local a esa hora, 3 camisetas oficiais do Dépor e 3 balóns do Club. Porteiro e central atenderán a todos os deportivistas que o desexen para que poidan fotografarse con eles ou levar un autógrafo neste acto organizado por un dos principais patrocinadores do Real Club Deportivo: Luckia.
ROLDA DE PRENSA DE : CARLOS FERNÁNDEZ
(Por : rcdeportivo.com)
“Levaba tempo esperando este momento. Sobre todo ter boas sensacións, estar co grupo. Alongouse máis da conta e teño que agradecer o trato humano do club por parte do presidente, Carmelo, o míster e de todos os meus compañeiros que estiveron sempre aí o meu carón. Independentemente do profesional entendéronme persoalmente e foi fundamental. As sensacións son boas, atópome ben e imos ver como vai a semana, de aquí o Domingo e logo será o mister o que decida”.
“O peor é cando un está na bancada e ves que non podes axudar, sentir que non estás activo é o máis frustrante. O equipo seguino con moita tensión. Son eses momentos que non tes esa confianza, fáltache algo. Máis precisión, cústache ter o balón, pero non che saen os pase. Pásalles aos mellores equipos e estaba claro que nos podía pasar a nós”.
“Non creo que o equipo me necesite para gañar. Todos os compañeiros están preparados e eu son un máis. Non son o salvador de nada nin estou por encima de ninguén. Este tipo de situacións sácanse todos xuntos arrimando o ombreiro. Ningún xogador gaña partidos só. Hai que estar xuntos, reflexionar e mellorar a nivel individual”.
“Quedan 11 partidos e os de abaixo teñen necesidade de salvar a categoría, os de arriba de meterse en ascenso. Hai que pensar en Oviedo. Equivocariámonos se pensamos noutra cousa. Sumar de 3 en 3, logo xa se irá vendo”.
+++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-