CAMARIÑAS E MUROS RECLAMAN ALIÑACIÓN INDEBIDA DE MAZARICOS E CORISTANCO RESPECTIVAMENTE.

 

Tan só se xogou a primeira xornada da Liga da Costa e Camariñas e Muros que caeron nos seus feudos ante Mazaricos, (1-2), e Coristanco, (2-3), respectivamente reclamaron aliñación indebida por parte dos visitantes, en ambos casos polo mesmo, haber feito 4 ventás de trocos en lugar de 3. 

A RFGF recibeu a denuncia e está a espera das alegacións dos “supostos” infractores, pero como nos din dende Camariñas, “a alegación de que non coñecían a norma non vale, pois xa non é de agora, poden facerse 5 trocos pero en 3 ventás”, e a lei establece que “a ignorancia da lei non exime do cumplimento”. Agora a RFGF tal e como dictan estes casos pedirá as alegacións dos clubes inmersos no desatino e dictar sentenza.

A denuncia do CD Muros chegounos por medio dun afeccionado polo que estamos a espera de que nos contesten dende o clube para confirmar a veracidade, e tan pronto nos chegue poñerémola aquí, ou desmentirémola. Dende o Coristanco tamén nos confirma a denuncia a denuncia un afeccionado do equipo da Terra da Pataca, que fixo un troco no minuto 35 e dous no descanso pero que por erro o colexiado Miguel Teijeiro puxo que fora un deles no 90. Os outros trocos fíxoos no 57 e 69.

 

-Foto : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”