Tralo remate da liga regular, aquí tes os calendarios das fases de ascenso, permanenza e descenso da 3ª División, collido da páxina web da RFGF :
Xa coñecemos os calendarios da segunda fase no grupo galego da Terceira División. Este segundo treito do campionato arrincará a próxima fin de semana: seis equipos optarán ao ascenso directo á nova 2ª RFEF, outros seis disputarán a fase de ascenso para optar a outra terceira praza nesta nova categoría e os doce restantes buscarán a permanencia na categoría.
A primeira fase nos dous subgrupos galegos brindou unha última xornada moi emocionante que nos deixou a Polvorín FC (CD Lugo B) e á UD Somozas entre os seis privilexiados que van pelexar polos dous ascensos directos á 2ª División RFEF. Bergantiños FC, CD Arenteiro, Arosa SC e Alondras CF xa tiñan gañada esa praza para o primeiro grupo.
Na zona intermedia están seis equipos, tres de cada subgrupo, que xa aseguraron a súa continuidade na 3ª División RFEF e que teñen o premio de xogar unha repesca con opcións de acadar o terceiro ascenso á 2ª RFEF. Racing Club Villalbés, RC Deportivo Fabril, Club Silva SD, CD Estradense, CD Choco e Rápido de Bouzas son os equipos que conforman este segundo grupo.
Os 12 equipos restantes terán que competir por evitar o descenso a Preferente. Un reto complicado xa que son 8 os descensos establecido pola Real Federación Española de Fútbol, polo que só se salvarán catro dos doce equipos.
Calendarios
Podes consultar a resolución da clasificación da primeira fase e os calendarios premendo nas seguintes ligazóns:
–CALENDARIO GRUPO D PLAYOFF DE ASCENSO
–CALENDARIO GRUPO E PERMANENCIA
Segunda fase
Nos tres grupos que se forman na segunda fase todos os equipos arrastran toda a puntuación da primeira fase. Os equipos do subgrupo A só xogarán contra os do subgrupo B e viceversa, a dobre volta.
Grupo de Ascenso
Os seis equipos clasificados nas tres primeiras posicións de cada subgrupo xogarán polas dúas prazas de ascenso directo.
| EQUIPO | PTS |
| Bergantiños FC | 48 |
| CD Arenteiro | 47 |
| Polvorín FC | 42 |
| Arosa SC | 41 |
| UD Somozas | 41 |
| Alondras CF | 37 |
Grupo de playoff de ascenso
Os seis equipos clasificados nos postos 4, 5 e 6 de cada subgrupo xogarán xuntos por dúas prazas de acceso a un playoff final no que se pon en xogo a terceira praza de ascenso a 2ª RFEF. Eses dous equipos xogarán unha fase por eliminatorias cos catro equipos do grupo de ascenso que non lograron acabar nas dúas primeras prazas.
| EQUIPO | PTS |
| Racing Villalbés | 40 |
| RC Deportivo Fabril | 32 |
| CD Estradense | 31 |
| CD Choco | 31 |
| Rápido de Bouzas | 31 |
| Silva SD | 30 |
Grupo de permanencia
Os últimos seis equipos de cada subgrupo xúntanse no Grupo de Permanencia no que está en xogo evitar o descenso a Preferente. Descenden os oito últimos clasificados.
| EQUIPO | PTS |
| CD Barco | 30 |
| CSD Arzúa | 29 |
| Viveiro CF | 28 |
| Ourense CF | 28 |
| CD Ribadumia | 26 |
| UD Ourense | 25 |
| Ag. Estudiantil | 20 |
| UD Atios | 20 |
| CD As Pontes | 19 |
| SD Fisterra | 17 |
| UD Paiosaco | 12 |
| CD Pontellas | 9 |
