BERGANTIÑOS FC 1-2 GIMNÁSTICA SEGOVIANA : “O BERGAN SAEU PERDENDO NUN ENCONTRO DE RULETA RUSA”.

 

Bergantiños FC 1-2 Gimnástica Segoviana

Non puido comezar mellor o encontro para os carballeses nun 2As Eiroas” que respondeu a chamada do clube e que presentou un aspecto inmellorable, nas bandcadas e na volta do estadio. Aos 4 minutos de xogo, Carlos López adiantaba aos de Lemos, e con moita fame de agradecer o apoio da grada, puideron deixar sentenzado o choque nos primeiros 45 minutos. Ben e certo que os visitantes probaron a madeira antes de irse o descanso.

Nada máis voltar de vestiarios, os segovianos igualaban o marcado por medio de Llorente, pero esto non fixo máis que espolear o choque, que se volveu un cúmulo de ocasións por ambas bandas. Non aproveitou as suas o equipo carballés, pero sí o segoviano, que nun man a man con Canedo facían o 1-2, no minuto 90.

Buscou o gol en todo intre o equipo de Carballo e mereceuno, pero o final a tarde voltaríase escura ca derrota, máis que inmerecida.

Tachaban dende terras segovianas ao conxunto carballés como o mellor que se toparan por diante : “Digno de elogio el empuje final del Bergantiños muriendo de pie, que demostró que es un equipo estupendo y no se rindió. De los mejores equipos de la categoría, sin duda”, decían na web do clube de Segovia, sobre o Bergan.

Os de Lemos foilles anulado un gol por fora de xogo máis que dubidosa.

Bergantiños FC : Santi Canedo; Blas (Martín Lamelas, m.69), Chapu Brunet, Hugo Díaz, Braís Martínez (Christian, m.80); Uzal, Remeseiro; Boedo (Yelco, m.69), Carlos López (Parga, m.80), Cano; Escobar.

Gimnástica segoviana: Carmona; Rahim, Rui, Mansour, Borao; Manu, Rafa Llorente (Diego Gómez, m.82), Conde (Cidoncha 82), Javi Borrego (De la Mata, m.90); Arribas (Szymanowski, m.69), Nanclares (Nogueira 69).

Goles: 1-0, m.4: Carlos López. 1-1, m.46: Rafa Llorente. 1-2, m.89: Diego Gómez.

-Foto : Web Gimnástica Segoviana

texto : piratasdemuxia