BERGANTIÑOS CF 1-1 POLVORÍN FC : “O BERGANTIÑOS DESPIDE O ANO COMO LIDER WN SOLITARIO DA 3ª DIVISIÓN”.

Jorge Cano fixo o gol bergantiñista.

 

Bergantiños CF 1-1 Polvorín FC

Xa o decíamos na previa que o choque era de “sampaniñas” e así foi. Duas rachas de invictos enfronte, a do equipo carballés segue intacta, e a do lucense, suma con este 7 encontros consecutivos sen coñecer a derrota.

O encointro foi tensoe duro polas condicións climatolóxicas adversas, e nél tras unha primeira metade na que o domino e as chegadas foron dos de Carballo, pasouse a unha segunda na que os de Lemos adiantábanse por medio de Cano, que estaba a ser o mellor do encontro, con numerosas chegadas por banda.

O choque volveuse máis tenso e con maior fricción antre os xogadores, o dar un paso adiante os lucenses na procura do empate. Aguantaba ben o equipo carballés, pero un contragolpe no minuto 71 cun dous para dous, daríalle o ansiado premio aos visitantes que empataban por medio de Iago Novo.

Con este punto o Bergantiños CF acaba este 2020 como lider en solitario con 24 puntos, un máis co UD Somozas, que será seu rival o vindeiro 3 de Xaneiro do 2021 a partires das 17:00 hiras nas Eiroas.

 

Bergantiños CF: Brais Pereiro, Diego Vela, Aarón Rama, Pablo Agulló (Abel, min 63), Cano, Carlo, Duque, Marcos Remeseiro, Uzal (Concheiro, min 46), Marcos Rodríguez e Martín Lamelas (Yelco, min 61).

Polvorín FC: Julen, Martín, Vidal, Jesús, Morais (Gabarre, min 69), Marcos (Fidalgo (83), Escobar, Antón, Christian, Iago Novo e Expo.

 Goles: 1-0, Jorge Cano, (58´). 1-1, Iago Novo, (71´).

 

-Foto : DXT Campeón

-Texto : piratasdemuxia